4.1.11

O balance anual do Rexistro Civil

Fonte: elaboración propia a partir dos datos do Rexistro Civil da Illa de Arousa

[Redacción] A Arousa mantén un crecemento de poboación positivo, unha vez pechados os datos do Rexistro Civil correspondentes a 2010. O ano pasado naceron na insua 23 nenas e 20 nenos, o que supuxo un total de 43 novos habitantes, fronte ás 19 defuncións contabilizadas no mesmo período. Aínda así, o número de nacementos foi lixeiramente inferior á media anual dende 1997, situada en 49 nacementos. Por outra banda, o ano pasado casaron na illa 17 parellas, 11 delas optaron polo matrimonio pola Igrexa, e outras seis, polo civil. O número de vodas tamén semella que vai á baixa, posto que a cifra media dos últimos anos é de 24.

4 comentarios :

Anónimo dixo

Perdoade que vos diga pero esos datos non se corresponden coa realidade. Este ano na illa houbo sobre 40 finados, mais do doble do que aparece na taboa. O mellor e asi a única maneira de chegar os 5000 non contando os mortos. Do dato estou seguro, para algún que diga que falo por falar.

Anónimo dixo

Susi (por si foras a autora da entrada), como xeógrafa lembra que ó "crecemento vexetativo" hai que engadirlle o saldo migratorio para ter o "crecemento real".
Na Illa existen persoas empadronadas "toda a vida" pero que teñen a residencia/domicilio noutros concellos de forma permanente. Do mesmo xeito, prodúcense empadronamentos de xente "de fora" que compra pisos aquí pero que nos seus lugares de orixen.
En definitiva, superar a cifra dos 5000, o crecemento continuo da poboación, non deixa de ser un obxectivo a alcanzar, independentemente de que os datos sexan ou non reais...

Anónimo dixo

"...pero que residen..." faltoume engadirlle ao final do segundo párrafo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...