Buscar neste blog

31 de xan. de 2011

O aceite da Illa


[Susi Rial] Hai unhas semanas coñecíamos que a Illa é un dos concellos que máis aceite reciclou durante o último ano. E iso é posible grazas a este contedor, situado na Avenida da Ponte, que case pasa desapercibido entre os outros recipientes de orgánicos e plásticos. Botar aceite polo vertedeiro é un dos xestos máis nocivos para o mundo mariño. A meirande parte da poboación coñece moi ben isto, pero non todo o mundo pode ir expresamente ata a Avenida da Ponte a levar botellas con aceite usado. Tanto na Illa como no resto dos concellos, este tipo de recipientes escasean. E, en moitos deles, nin sequera dispoñen do primeiro.

4 comentarios:

  1. eu creo que ademais de este pola illa hay outros mais, un esta xusto diante da lonxa vella , que o vexo eu todos os dias cando vou para o mar.

    Deberia haber un en cada barrio , xa que no tema de reciclaxe creo que os da illa estamos moi sensibilizados, e o que me gusta e que os nenos encantalles a reciclaxe.......

    ResponderEliminar
  2. Entre o Naval e as Rubas hai outro.

    ResponderEliminar
  3. Eso de que estamos moi sensibilizados...
    Hai de todo, como en todas partes, xente que se preocupa de separar residuos e reciclar e xente que pasa de todo e lle da a risa se lle falas do tema.

    ResponderEliminar
  4. Home , eu comprenderas que falo pola xente que eu coñezo , pola que non coñezo non sei o que fan, o que si sei e que cada vez que sae unha estadistica na prensa sobre reciclaxe ou donacions a Illa gañamos por goleada......seguro que nin todo dios dona , nin todo dios recicla, pero parece que a maioria si.....

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.