24.1.11

Magnolios, unha mala elección

 O Concello está a substituír os magnolios por laranxeiros silvestres

[Susi Rial] Hai agora 25 anos, a construción da ponte fixo obrigatorio o adorno da avenida de entrada na Illa, e para tal propósito, escolléronse magnolios. A elección non puido ser máis desacertada e hoxe en día estase a pagar coas consecuencias. Non hai moito, o Concello anunciaba a substitución dos magnolios por laranxeiros silvestres, de maneira gradual. Non cabe dúbida de que o magnolio é unha árbore moi fermosa, polo que é moi apreciada en xardinería. Pero os mesmos botánicos aconsellan que, cando se trata dun xardín, se plante o magnolio a unha distancia prudencial das vivendas. O seu crecemento é imparable, podendo chegar a medir ata 30 metros. Os da Avenida da Ponte, polo tanto, son magnolios aínda pequenos. Aínda así, as súas raíces fortes e duras estaban comezando a levantar as beirarrúas e as súas ramas xa estaban a "acosar" algunhas ventás. Non é de estrañar que a súa substitución sexa unha cuestión urxente.

5 comentarios :

Anónimo dixo

¿Sustitución? ¿Urxente?. ¿Non sería mellor sustituir o entorno?. Prefiero mil veces os magnolios que as aceras ou os edificios.
Vale, vale, xa sei que me vas a dicir, que creo nos paxariños preñados, pero ¿qué lle vou a faser? Nacin así. Ao mellor levín un jolpe de pequeno.
Pero tí sabes que mundo tal como vai non nos leva a ningures e dame rabia que xente xoven non se plantexe outras alternativas.Ao mellor podíamos empezar a cambialo polos magnolios...

Anónimo dixo

Estou de acordo co anterior, vou a faser no Con do Forno unha chosa de palla e a meterme dentro en tabarrabos. Para comer apañarei lamparóns nos cons e beberei ajua da fonte de Palmeira. Vida sana y natural.

Anónimo dixo

Non sei se a decisión dos laranxeiros será acertada. A caida das laranxas enlixará o chan e pode causar algún patinazo. Tamén pode atraer moscas e outros insectos, cheiros, etc.
Paréceme que é ir de Guatemala a guatepeor.

Anónimo dixo

jajaja , sendo como somos na illa, dudo que ningunha laranxa chegue o chan......

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...