7.1.11

Lembrando o Patrón de antes

Un bolo de pan de ovos feito na casa

[María García] O recordo que teño das festas do Patrón de antes está envolto nun inequívoco cheiro a pan de ovos, doce típico destas datas na illa. O pan facíase na casa, cada un amasaba o seu, pero logo, o que non tiña forno -forno de leña-, ía cocer á casa dalgún veciño que o tiña. Así, era normal que se xuntaran varias familias para cocer o pan de ovos no forno a noite de Reis.
Eran tres días de festa, os tres ben importantes. Existía o costume de invitar a comer ás amizades de fóra que tiña cada un. O día de San Xulián, mentres as mulleres cociñaban para os da casa e mais os invitados, os homes ataviados coas súas mellores galas, saían a tomar os viños e formaban cantareas nas tabernas. Chegaban tarde para comer, pero chegaban e comíase en familia; mesmo nalgunhas casas tamén había cantarea despois de comer. E pola noite, todos ó baile para honrar ó Patrón.

6 comentarios :

José Luís do Pico Orjais dixo

Gostaria de provar a fazer o bolo de pão de ovos, e publicar no meu blogue a receita. Alguem poderia dar-ma? Um abraço e bom ano a tod@s. Ilhadeorjais@yahoo.com.br

A Illa dos Carcamans. dixo

Hai vai unha reseta de como fasia a miña avoa o pan de ovos carcaman fai mais de 50 anos.
Un kilo de fariña trija
Tres ovos
Anis
Asucar, 4 cucharadas, aprox.
Manteca, 150grs.
Levadura, nada de Royal ten que ser levadura de panaderia como a de antes, un cacho de 2x2 aprox.
Ajua templada e sal. A levadura desfasela na ajua templada. Ben che preste!.

Como ben di Maria, o pan de ovos cociñabase na casa do veciño que tiña forno de leña. Habia que esperar turno e cociñabase durante todo o dia e toda a noite. O cheiriño a pan de ovos invadia as ruas da Arousa.
Que non se perdan as nosas tradicios que non son poucas.
Saudos ee felis ano a todos.

Ennoraboa pola paxina Na Illa.
Dopico que non se che queime o pan, jeje..

A Illa dos Carcamans. dixo

Non te esquezas de deixar levedar a masa durante unha hora ou duas tapada con un trapo, e de que teñas o bolo feito deixalo levedar un pouco tamen.

José Luís do Pico Orjais dixo

Obrigado Illa dos Carcamans. Já contarei no meu blogue como me foi, mas aguardo que o cheirinho vos chegue até a Arousa por cima do mar. Um abraço e parabéns a ti também por todo o que nos ensinas desde esse planeta chamado facebook.

Juan dixo

Falta o truco para que salga un pan de ovos cunha consistencia fibrosa no interior e non como a dun bolo calquera: haino que amasar moito a mán envolvendo unha e outra vez a masa. Esto fai que ao coller un cacho coa mán se formen fibras como as do hoxaldre e non se corte nun cacho granuloso como se fora unha barra ou bolo de pan corriente. Probei o pan de ovos dunha panadería industrial de agora e parecía un bolo de pan normal coloreado, nada que ver co auténtico pan de ovos de antes.

Anónimo dixo

A miña enoraboa por este diario e os comentarios de gran interes que facedes nel para todos nos, os arousans

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...