15.12.10

As novas consignas da bandeira azul

 Bandeira azul na Area da Secada

[Susi Rial] A concesión dunha bandeira azul pretende premiar que se acadan certos criterios -legalidade, seguridade e accesibilidade, entre outros- nos areais, segundo a Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC), organismo encargado da concesión e a xestión das bandeiras.  Entre os criterios que se seguen, sempre tiveron unha especial prioridade o da "información e xestión ambiental", pero o certo é que, a nivel usuario, isto non se percibe desa maneira. Normalmente, adoitamos asociar a bandeira azul cunha praia á que os turistas acoden en masa, sen valorar a súa riqueza ecolóxica, máis aló da súa lonxitude e da súa area branca. Quizais por iso, a ADEAC decidiu incorporar novos criterios de valorización, máis acordes co desenvolvemento sustentable. Entre eses novos criterios, destacan a eliminación das duchas, por consideralas un gasto de auga innecesario, e por outra parte, a preservación das algas. Certamente, non deixa de sorprender que este criterio chegase tan tarde. As algas son fogares naturais e fonte de alimento para determinadas especies mariñas, ademais de evitar a erosión. É dicir, tan importante é a flora mariña como a terrestre, polo que actuar en sentido contrario é unha total aberración. Lembremos que na Illa existen dúas praias con bandeira azul, a Area da Secada e O Bao. Estamos convencidos de que estas novas consignas non só non serán un obstáculo para a renovación da concesión, senón que tamén serán todo un revulsivo para os nosos areais. E é que preserva-las algas significa tamén preservar as propias praias.

3 comentarios :

Anónimo dixo

creo k moita xente non stara d acordo con eses criterios pero eu apollos totalmente x k o da auga a verdad k e un gasto, moita xente usa para encher o deposito das suas caravanas.

Anónimo dixo

quen nos dera mais caravanas en vez do turismo pacorro que temos

Anónimo dixo

Entón por qué as limpan as sequeiras? A min paréceme unha chorrada máis. Antes, non se veia nin garza nin pato a menos de 200 metros do ser humán. A nutria mariña estaba desaparecida e agora atópala nas barrocas do parking da explanada TIR de Vilagarcía facéndolle competencia ós "gorrillas". Sen saneamento integral as praias producían e daban máis que agora. En fin, eu prefiero as praias limpas e non cheas de esterco.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...