22.12.10

A agrupación socialista reparte un boletín polas casas

[Redacción] A agrupación socialista da Arousa lanzou o pasado mes de novembro un boletín informativo no que explica algunhas das actuacións máis destacadas do goberno municipal, en concreto, a adquisición das casas de estilo modernista do Campaneiro e Doña Tomasa, e as xestións para a construción do novo centro de saúde. O folleto tamén se dirixe directamente ao Partido Popular, ao que acusa de insultar, provocar e interromper plenos.
A publicación, distribuída mediante buzoneo, enmárcase nun contexto de precampaña electoral. O déficit de comunicación que caracteriza os partidos políticos locais, que carecen de blogs –con contidos actualizados-, publicacións ou calquera outra canle de comunicación regular coa veciñanza, altérase habitualmente ante a chegada das eleccións. As municipais están previstas para maio do 2011 e o alcalde, José Manuel Vázquez, xa comezou a aumentar o número de amigos no facebook.

O folleto propagandístico distribuido polo PSOE 

10 comentarios :

Anónimo dixo

Tera moitos amigos no facebook pero non e un home que se caracterize polo seu gran don de xentes, ou a palabra fácil.

Anónimo dixo

Amiguitos sí...pero esqueces quenes e de donde son a maioría.

Anónimo dixo

Increible. Este folleto foi pagado con diñeiro do PSOE o con diñeiro publico?

Anónimo dixo

este bolleto foi pagado polo PSOE non penses que este partido fai como o PP que anda a robar os cartos (gurtel) para financiarse despois

Anónimo dixo

cando queiras recapitulamos a cantidade de xente que esta enchufada na diputacion.......si queres falar de honradez....

Anónimo dixo

Xa xa, xa sei quen dis. Pois logo non sodes mellores, iguales ou peores.

Anónimo dixo

Non podes saber quen digo ,porque son moitos....

Moi tipico o de son todos iguales, imos a deixalo en que son todos parecidos......uns fano como norma e outros son tan tontos que para non ser iguales fano mais disimulado...... ;)

Anónimo dixo

Pa ti e disimulado para min moi evidente. Co agravante de que os que ti defendes fanos fijos de por vida. Pero da igual solo era unha reflexión sin importancia que eu non vivo desto. Que se peguen os que levan os puestos que a min xa me subiran os impostos para mantelos a todos uns e outros.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...