30.11.10

A visibilidade do Igafa, e da FP

O Igafa, visto desde o mar

[Manuel Suárez Nieto] Se facemos unha pescuda no buscador de na illa co termo "Igafa", o primeiro que nos sae é unha entrada do 2008, na que se denuncia a invisibilidade do instituto na rede e a imposibilidade de consultar a oferta formativa e os proxectos de investigación que se estaban a levar a cabo. Afortunadamente, isto mudou. Dende febreiro de 2009, está rexistrado o dominio www.igafa.es. Unha web, ben bonita e entretida por certo, na que se pode atopar toda a información. A Formación Profesional avanzou de xeito importante no sistema educativo español. Aquela FP marxinal e sen recursos pasou á historia, aínda que é frecuente escoitar algúns tertuliáns que non se puxeron ao día reproducir argumentos do pasado. Hai ciclos formativos cun nivel moi alto, do que os alumnos saen con altas capacidades para o desenvolvemento de profesións cualificadas. Sería unha pena que este camiño comezado fai algúns anos e ao que tanto esforzo se ten dedicado comezase a desandarse só pretexto da crise. O movemento demóstrase andando, e a aposta pola educación demóstrase con recursos enriba da mesa. Non é casual que as comunidades con menor gasto en educación (Valencia, Canarias e Baleares), sexan tamén as que maiores índices de fracaso escolar ostentan, e ao revés, a maiores recursos, mellores resultados (Asturias, País Vasco e Navarra).

1 comentarios :

Anónimo dixo

Eu creo haber lido na prensa que o título do IGAFA non está homologado no resto de Europa, o cal e unha pena. Eu estou cursando un FP neste momento e xa rematei outro en 2008 e teño impresionantes carencias en canto a coñecementos que deveran ser capacidades terminais a desenvolver por todos os alumnos que saímos de ahí. A maioría dos profesores que nos dan clase pasan, con absoluta desidia, do seu traballo, que nunca está supervisado, eles entregan a final de curso o seu informe coa programación e listo. Logo facemos prácticas en empresas e os empresarios sorpréndense da nosa incapacidade para realizar traballos complicados. Así non atopamos chollo e logo vemos licenciados xóvenes de camareiros que podían estar currando mellor que a xente que leva aquí 20 anos e xa pasan de todo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...