15.11.10

O submundo arousán


[Susi Rial] A principios de mes, a Illa de Arousa espertaba con certo rubor ó coñecerse a detención de Didier Dios, por supostos delictos de narcotráfico. E todo, porque Didier Dios chegou a ser patrón maior da Illa durante dous anos, o posto de maior responsabilidade da vida mariñeira. A noticia chegaba sen que aínda a vida arousá se repuxera da detención de Bruno Santiago, cunha intensa operación policial incluída, que tivo por escenario a praia de Conretellado, moi transitada nos meses de verán.
 A detención de Bruno Santiago levou á memoria de todos o seu irmán, Román. Cunha convulsa vida, no seu día Román Santiago chegou a formar parte da carreira para candidato do Partido Popular nas eleccións municipais. A súa repentina morte, colleu a todos por sorpresa en 2007.
Tanto Didier Dios como Bruno Santiago están á espera de ser xulgados. Pero, aínda que o seu nivel de implicación nos delictos dos que se lles acusa sexan nulos, hai algo que semella estar claro. E isto é a existencia dun escuro submundo paralelo, de axustes de contas, secuestros, asasinatos e torturas, que convive coa Illa de Arousa dos rañeiros coas mans cheas de callos e das mariscadoras con problemas de lombo. Un submundo do que, case que afortunadamente, só coñecemos a punta do iceberg.

8 comentarios :

Anónimo dixo

Calquera da Illa ve que hai un gran problema coa droga. Todos vemos que hai moita xente xoven que trapichea, e que consume droga. E hai moita xente que ten niveles de vida "sospeitosos", e que eu creo que hai moita xente que anda metido neste oscuro mundo. Oxala vaian collendo moitos, pero si eu fose policia non me costaría moito facer algunha redada porque hai casos bastante obvios.

Anónimo dixo

no sei se aposta ou non, olvidouse de nombrar a Chola , que tamen foi detido xunto a seu sobriño Bruno Santiago. Este caso pareceme aberrante xa que a sua ligazon ao coro da igrexa facia que nadie sospeitase de este elemento, pero ao final todos van caindo.........


PD: buscase organista para o coro......

Anónimo dixo

ke ten ke ver ke estea no coro. a de haber outros elementos peores en sitios mellores

Anónimo dixo

como que que ten que ver, que os meniños ian os domingos a misa e resulta que estaban cantando con un presunto narcotraficante....que ten que ver disque , a min xa non me sorprende nada , pero suponse que todo aquel que esta cerca da igrexa debe de ter unha certa etica e moral, eu xa sei que nada mais lexos da realidade, pero jodeme por xente coma Victor....

saudos

Anónimo dixo

o do primeiro comentario,k cojones nos votas a culpa a xent xoven si os peores sodes vos,ahora ta d moda votarlle a culpa a xente xoven pero os peores sodes os maiores,k sodes os k tndes k dar ejemplo e non dades mais k lastima.

Anónimo dixo

O do primeiro comentario son eu e son xoven e vexo o que hai. Eu non estou aqui para votar culpas a ninguen, so digo que agora que moita xente que entre 18-35 anos consume droga e trapichea. Como se ve hai xente "maior" que trafica, como se pode ver coas últimas detencións pero negar que no Illa hai un problema con parte da xuventude e negar a realidade, doalle a quen lle doa.

Anónimo dixo

Eu diria ntre 15-50 tacos,e perdoa si fun un pouco brusco,sinto.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...