Buscar neste blog

8 de nov. de 2010

A favor da peonalización



[Redacción] Dos 24 votos recibidos na última enquisa sobre unha hipotética peonalización do centro urbano da Arousa, un 70% amosouse partidario desta posibilidade. E case un 30% votou en contra. Entre os argumentos favorables que os lectores expuxeron nos comentarios, destacan a solución de problemas como a conxestión do tráfico no verán ou a perigosidade que supón camiñar por certas rúas estreitas, nas que os peóns apenas teñen espazo. Iso si, os comentaristas tamén recoñecen que é un proceso complexo, que requirirá da construción de aparcamentos e do deseño de alternativas de tránsito que faciliten a entrada e a saída da illa.

3 comentarios:

  1. Creo que non amosa a realidade ou ke somos un pouco hipócritas pq se o 70% dos veciños estivese a favor da peatonalización e actuase en consecuencia xa non teríamos problemas de trafico

    ResponderEliminar
  2. unha cousa e estar a favor, e outra facer o posible por non coller o coche, eu quero que se peatonalice , pero sigo collendo o coche, non por elo son ningun hipocrita.

    ResponderEliminar
  3. Podedes ponalizar o que queirades que todos os conductores se ían pasar porlo forro as zonas peonais, ou é que non coñecedes como se fai na Arousa?

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.