Buscar neste blog

9 de nov. de 2010

As novas rotondas

Rotonda en obras, no acceso á ponte

[Susi Rial] Nun período de tempo non moi grande, pouco máis dun ano e medio, e nun traxecto non moi longo, dende a ponte ata as Laxes, o ordenamento viario viuse modificado coa implantación de, nada menos, que tres rotondas. A súa presenza obrígalles ós vehículos a controlar a velocidade, e mellora a fluidez do tráfico, evitando incómodos semáforos. E, sen dúbida, contribúe a unha nova percepción do territorio.
 A rotonda das Laxes comezou a funcionar a principios do verán pasado. Para a súa construción foi necesario extirpar varias laxes que, precisamente, lle daban nome á zona, cousa que enfadou a non poucos veciños. Esta rotonda é tamén o fogar definitivo da estatua-homenaxe ós mariñeiros da Arousa, logo de que se chegara a dar o caso de non saber nin o que se ía facer con ela.

A rotonda da ponte é a que máis tempo leva en servizo das tres. Substituíu ó clásico cambio de sentido, implantado dende a construción da ponte. Nada máis poñerse en funcionamento, tiveron lugar alí varios accidentes de xente que, polo xeral, chegaba pola noite e non contaba cunha rotonda alí, polo que non diminuía a velocidade. Algúns sinais tiveron que ser cambiados pero, afortunadamente, eses foron os únicos danos que houbo que lamentar.

E, por último, a gran rotonda de entrada na Illa. A súa existencia fíxose necesaria co novo vial do Chufre. A todos impresiona a súa gran magnitude e son moitos os veciños que empezan a apodala "campo de fútbol". Os seus ornamentos son aínda un misterio, pero pouco queda para que os coñezamos.

14 comentarios:

  1. "cousa que enfadou a non poucos veciños", pero esto é verdade? porque si a xente se enfada por eso, apaja e vámonos.

    ResponderEliminar
  2. eu tan solo espero que non poñan herba simpatica na rotonda nova, pareceme vergonzoso a que esta na entrada da illa ,con esa alfombra de herba queda como o cu.....e a primeira impresion e a que queda.

    Non sei de quen e responsabilidade esa rotonda, imaxinome que non e do concello, pero ainda asi , creo que deberian de intentar sacar esos recortes , que joder , parece que os puxo o mesmo duran solo por joder.......

    ResponderEliminar
  3. Nese terreo podia faser verdadeiras marabillas, aver que e o que fan.. A esperiensia fai que non me fie moito xa..

    ResponderEliminar
  4. A rotonda da entrada da ponte foi responsabilidade da Caride & Touriño & o Alcalde por non protestar e dar todo por ben feito.

    ResponderEliminar
  5. Deberían poñer outra no transformador que boa falta fai, o que pasa e que é un cruse tan pequeno ke ao mellor non cabe

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que as rotondas son boas por fluidez do trafico, porque evitan semaforos, e son comodas. A min a das laxes gustame, pero a que se fixo na entrada pareceme que ten un radio escesivo. Creo que e demasiado grande, e da a impresion que das moita volta cando non era tan necesario. Pareceme bastante peor que esto, a distribución da calzada da ponte a verdade.

    ResponderEliminar
  7. pois eu tamen era reaccio a distribucion da calzada da ponte, pero a medida que pasan os dias vexoa mais segura, xa que disminuye a velocidade, o outro dia vin a un coche averiado e non molestaba , o que pasa que non se pode ir pola ponte a 120(ou mais) , antes estaba limitado a 90 , ahora non sabemos a canto estara a limitacion hasta que poñan as sinais..

    ResponderEliminar
  8. neste articulo olvidadesvos da rotonda do cabodeiro, a q fixeron en frente o colegio

    ResponderEliminar
  9. sera porque a maioria da xente pasa de ela?? e que a xente da arousa somos especiais, un dia algen tera un golpe ahi, porque pasan da rotonda olimpicamente, quixera ver eu como explicas no parte do accidente que ibas no outro sentido pola rotonda......

    ResponderEliminar
  10. Eu creo que na do Cabodeiro xa houbo multas pero está moi mal planificada, queda a desmán e das unha volta complicada, por eso a xente pasa déla, debería estar máis no medio ou ser máis grande.
    A das laxes penso que debe ter un radio amplio para que poidan dar a volta ben os camións e autobuses pero inda así é excesivo, en vez de facela tan ancha puderon poñerlle dous carrís para que os que collan o camiño novo vaian pola dereita. Espero que non fajan outra illa tropical coma na do bao desas con herba simpática, como dí o de arriba, porque non pejan nin con cola. A rotanda das aceñas é a máis bonita e debe ser a que menos se usa.
    En canto aos pasos elevados creo que tamén os van ter que modificar porque ahora xa están regulados por unha lei na que se estipula as súas dimensións.

    ResponderEliminar
  11. Por moitas que poñan sempre vai haber aljún que lle pase por arriba,estan todas marcadas...

    ResponderEliminar
  12. A nova rotonda enorme xa foi "estreada" este fin de semana por algún animal que iría pasado de rosca. A distancia más corta entre dous puntos é a liña recta, dalle jas Manolo!

    ResponderEliminar
  13. A peor de todas con moita diferencia e a que hai unda o grupo escolar. Atravesada cuns badens moi mal feitos, en fin creo que peor imposible.

    ResponderEliminar
  14. Peor sempre se pode. Mira a rotonda que hai na carretera de Cambados á Vila, que baixa para as Sinas, cunha pendiente que nin o Alpe d'Huez, e co bordillo da acera que hai que esquivar.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.