19.11.10

Un adianto sobre o 'Entroido na Arousa'


[Redacción] Logo de moito tempo de traballo, Antonio Millán ofrece o sábado ás 19.00 horas un adianto do libro "Entroido na Arousa", que el mesmo está preparando, en colaboración co fotógrafo Miguel Chazo. O acto consistirá nunha pequena presentación dos contidos e mais a proxección de fotografías, antigas e recentes, do Carnaval arousán. Os autores agardan que a obra poida estar lista para a  venda nos vindeiros meses.

4 comentarios :

Antonio dixo

Primeiro que nada, agradecido aos do blog por vos facer eco do acto. Tamén quería pedir desculpas pola tardanza á xente que colaborou con artigos seus, fotos, letras de comparsas, prestando-se a ser entrevistados, etc.

O libro estivo estancado, con outros proxectos e paternidade de por medio, e ao final aos poucos xuntamo-nos con material para un segundo libro (outras fotos, antigas e deste ano, máis coplas do s.XX, etc) que sairá... cando poida sair! Se sabedes dun negro coma o de Quintana -Anarrosa- para que o acabe para febreiro de 2011, eu dou a firma! Este primeiro ten trazas de entrar en Gráficas Fidalgo para imprimir antes de eu me ir a Venezuela, pero quería proxectá-lo agora para que o vexades ben en grande, e corrixir e aceptar suxerencias se acaen.

Por outra banda, creo é interesante a charla sobre a celebración do entroido nesta efeméride: tal día coma hoxe sábado umha proxección televisada protagonizada por Arias Navarro precedeu a un jolgorrio-nasional... (pouco antes creo «encargaran» ao que suscribe)

Ah! e aparte de todo o rollo, dixeron-me que vai ter que comezar ás 19.30 en vez de ás 19h, que antes non poden abrir....

Anónimo dixo

noraboa anticipada antoni, coñecendote e sabendo o cariño que lle pos as cousas seguro que merece a pena o traballo, gracias a ti e a Miguel pola vosa labor...

Antonio dixo

Moi agradecido!
Estivo ben o acto; non foi masivo, pero así deu pé a irmos comentando cada foto, quenes eran, e tal.
Ao principio non abrían, ía chegando xente, pasaban das 19.30h ... e o encargado de abrir estaba en frente, ata que o foron avisar. Como eu estaba cumha perruca dos chinos (para ir a tono coa charla) estilo leirepajín, dicia que estaba pendiente de abrir, pero ate que eu chegase, nada... e como "non me vira" :D

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...