Buscar neste blog

15 de out. de 2010

Ubuntu

Imaxe tomada da Galipedia

[Manuel Suárez Nieto] O outro día na Biblioteca Municipal levei unha alegría, ademais de ser todo un pracer ver á nosa bibliotecaria e os premios María Moliner que xunta, como quen non quere a cousa, nos estantes, facéndonos sentir a todos un pouco máis orgullosos de ser de onde somos. O caso é que tiña que consultar o correo e pregunteille que computador podía usar.
Moi amabelmente, Ángela Otero díxome que calquera que estivese libre. Senteime no primeiro e non atopaba o botón de acendido, cando o cativo que estaba ao meu carón premeu nel, supoño que pensando “voulle botar unha man a este despistado”. O computador acendeu rapidamente. De súpeto, diante miña, un logo familiar comezou a cargarse: Ubuntu, unha distro GNU/Linux moi popular, derivada do proxecto Debian, que ten como lema “Ubuntu for humans beins”, ou o que é o mesmo, “Ubuntu para seres humanos".
Ubuntu é unha verba zulú e xosa que, traducida, vén a ser algo así como que "eu son porque nós somos," e que tivo relevancia na loita contra o apartheid. Supoño que terá que ver coa orixe sudafricana de  Mark Shuttleworth, fundador de Canonical, promotora do proxecto Ubuntu.
Pois iso, que o computador acendeu en menos tempo do que levades lendo este comentario. Cando quixen correr o Firefox para acceder á conta de correo, non atopei o panel do menú do Gnome nin lanzador algún, a pantalla estaba baleira. De novo, o cativo premeu o botón externo do monitor para desprazar a imaxe vertical da pantalla, aparecendo o panel na parte superior. O dito, unha alegría. Unha pena que o monitor non estivese ben configurado e que o teclado tivese rota unhas das pestanas que o erguen.
A maioría do software libre é de balde, así que o Concello non paga licenzas. Pola contra, ben podía dar un pouco de choio aos informáticos locais para que puxeran ao día os equipos. Non creo que lle levaran moito. Iso faise nunha mañá, e todos contentos pola metade dos cartos que supoñen outras opcións.

20 comentarios:

  1. a pena que que todos estamos acostumados a usar Juindows, e mais , cando vas a comprar un portatil son moi raras as ocasions nas que o podes mercar sen SO , e a verdade e unha pena porque despois ti poderiaslle poñer os sistema que quixeras.

    ResponderEliminar
  2. Eu tampouco estou acostumada ó ubunto pero tamén vexo inxusto non poder cambiar o meu sistema operativo pq me quedo sen garantías, pero eu quería mercar un equipo e non o juindous de marras pero polo visto non hai outra opsión. Enriba veñénche có oficce de proba e as dous días quédaste có juindous e sin projramas. Deberíamos acostumbrarnos a por o software libre nas nosas vidas XD o concello afórrase unha pasta grazas a él, vexo ben que o usen inda que eu tamén andaría aljo despistada.

    ResponderEliminar
  3. Hai opcións, é certo que se hai que aplicar un pouco, pero paga a pena, ao fin é o equipo co que vas estar un tempo. Nos portátiles tes menos opcións porque veñen ensamblados e co SO instalado de fábrica, pero hai marcas que teñen algúns equipos con GNU/LINUX. Nos de sobremesa é máis fácil poder mercalos sen pagar a licenza do SO. O mellor é ir mercar ás tendas pequenas e que che informen ben, por 50 euros que aforramos no carrefu penso que saímos perdendo, se lle sumas a viaxe máis algún problema e a atención que prestan noutros sitios xa estás perdendo cartos.

    Tamén se poden usar programas libres en juindous, o Openofficce é unha suite ofimática moi parecida ao office, é gratis, antes era un pouco pesada, necesitabas moita máquina, pero nas últimas versións están arranxando isto. Pódelo descargar en galego por exemplo dende aquí

    http://www.mancomun.org/descargarprogramas/detalledeproduto/nova/openofficeorg/

    Unha das vantaxes do software libre é a posibilidade da tradución das aplicacións. Na Galiza hai moitos voluntarios que están a traducir programas, tes case todo en galego, internet, ofimática, audio, vídeo..., e senón sempre tes o portugués.

    O uso de Ubuntu é sinxelo, aos catro días manéxaste mellor que con outros SO, e o que é máis importante, o computador fará o que ti lle digas, non o que el queira. Outra das vantaxes é a práctica inexistencia de virus, eu non uso antivirus. Consume moi poucos recursos de máquina, consume menos enerxía, é polo tanto máis ecolóxico, cada nova actualización é máis rápida, pódese usar en computadores máis vellos, alarga a vida dos equipos... Todo son vantaxes, paga a pena un primeiro esforzo inicial, verase recompensado moi pronto. Gnu/Linux non é máis difícil, o que pasa é que a xente vén de outro sistema, pero como sistema é mais fácil.

    Ánimo, pásate a Gnu/Linux.

    http://revistalinux.net/articulos/%C2%BFporque-usar-linux/

    Por último, fai unha proba. Báixate unha distro de aquí

    http://www.ubuntu.com/desktop/get-ubuntu/download

    Grava o arquivo descargado nun cd, mellor nun pendrive, lembra que é unha imaxe iso, non vale copiar e pegar, necesitas un programa que grave imaxes iso, creo que o nero faino e penso que tamén o gravador de juindous. A continuación apagas o computador, enchufas o pendrive e acendes o equipo, iniciará dende o pendrive,(senón xa sabes, hai que ir á bios e dicirlle que inicie dende o porto usb) preguntarache se queres instalar ou probar, seleccionas PROBAR, e ves como é o sistema. Isto chámase unha livecd, non instala nada no disco duro, non perdes nada, faino todo coa ram. Vai ser máis lento que se o instalases, lembra que só estás probando, se finalmente decidises instalalo comprobarás coma a velocidade de inicio é espectacular, acabouse acender o computador antes de almorzar. Incluso o podes abrir dende o juindous e executar Wubi, creo que se chama así, que o que fai é executar ubuntu coma se fose un programa e aí ves como é o SO. Lembra, con coidadiño, sempre probar.

    Xa nos contarás como che foi. Como ves, tes moitas opcións para probar, iso é liberdade, e tamén podes buscar por internet como probar.

    ResponderEliminar
  4. manu suárez18/10/10, 15:08

    Hai alternativas ao software propietario tamén en juindous. O firefox que empregaredes moitos tamén e software libre. Por exemplo como suite ofimática tes o Openofficce, que o podes descargar no seguinte enlace, en galego e de balde, outra das vantaxes do software libre. Na Galiza hai unha comunidade de voluntarios moi importante que traducen aplicacións ao galego, unha das linguas máis traducidas. Hai programas traducidos ao galego para todo, música, vídeo, internet, fotografía...

    http://www.mancomun.org/descargarprogramas/detalledeproduto/nova/openofficeorg/

    O Openoffice tiña o inconveniente de que era un pouco pesado, pero isto foi arranxado nas últimas versións, e xa non precisas de tanta máquina para que vaia lixeiro.

    A ver se che gusta.

    ResponderEliminar
  5. manu suárez19/10/10, 14:27

    Aquí vos deixo o enlace a un vídeo para que vexades o sinxelo que pode ser empregar un sistema Gnu/Linux. Neste caso trátase da versión de Ubuntu para netbooks, coa interface que chaman Unity e o framework utouch con soporte táctil ata para catro dedos.

    Quen dixo que o software libre era difícil?.

    http://www.rebelion.org/noticia.php?id=115131

    ResponderEliminar
  6. manu suárez19/10/10, 14:29

    Ño, confundinme de enlace. Perdón, é o seguinte, aínda que ese tamén podedes lelo.

    http://www.ubuntizandoelplaneta.com/2010/10/video-unity-y-utouch-simplemente-genial.html

    ResponderEliminar
  7. No concello levamos uns anos intentando implantar software libre e chocamos continuamente con usuarios que se resisten e con administracións electrónicas de organismos oficiais (!) que solo funcionan con explorer de microsoft. O mismo software de catalogación de libros da biblioteca (que nos proporciona a Xunta), está baseado en access de microsoft e non teñen pensado adaptalo a linux. Cando chamei o para preguntar polo tema, casi me insultan por suxerir tal cousa.
    Recentemente adquimos uns portátiles a traves dun programa da mancomunidade, e non puden conseguir que viñeran sin o windows (tócame formatealos e poñerlle o increíblemente estupendo UBUNTU 10.
    Alégrame moito ver que cada vez somos mais....

    ResponderEliminar
  8. manu suárez22/10/10, 18:12

    Todo se andará, pouquiño a pouco pero seguido. O da Xunta non ten nome, aínda onte saía como nova o gasto de 4 millóns de euros en pago de licenzas a mocosof, o desmantelamento de mancomún nada máis chegar...

    O entorno de escritorio do Gnome é moi sinxelo, o firefox é un navegador moi estendido, todo o mundo sabe usalo. O que acontece moitas veces non é culpa dos usuarios, pasoume a min o outro día na biblioteca, se inicias un sistema e o monitor está mal configurado de xeito que o único que ves é unha pantalla sen nada, e tes que ir aos botóns do monitor para ver a barra de menús, pois claro, a xente di, vaia lio isto do linux. Se aínda por riba os ordenadores son os máis vellos que tes, o teclado está roto, e a bola do rato non roda, conclusión, linux é unha merda. Por iso dicía que parte do que se aforra en licenzas podía ser adicado a poñer os equipos ao día, dáselle traballo aos informáticos locais e todos contentos.

    Os portátiles é certo que é difícil conseguilos con Gnu/Linux, veñen ensamblados de fábrica, xa ves que gasto innecesario en licenzas, así está o mundo. Aí non se mete a CNM, métese cos bateeiros. Aínda así teño visto algúns.

    Hai administracións que se están poñendo ao día, a extremeña, a andaluza co seu guadalinex, o Ayuntamiento de Zaragoza que tamén ten a súa propia distro... Citröen fai tempo que migrou os seus equipos a linux, os servidores web, onde están aloxadas as páxinas que visitamos están xestionadas por linux na súa práctica totalidade, cada vez que fas unha búsqueda no google ou outro buscador é xestionada por un servidor linux...

    Adiante.

    ResponderEliminar
  9. eu tamen apoio a iniciativa, se ben uso windows porque o necestio, podovos dicir que eu xa teño comprado algun portatil con linux , e algun PC tamen, asi que buscando atopase......e o aforro economico en licencias e importante, e mais, teño un PC montado para un neno e teñolle ubuntu, que para romper a cabeza co sistema do Sr. portas xa me chega a min......

    ResponderEliminar
  10. manu suárez23/10/10, 12:46

    Moi ben, entón supoño que xa coñecerás Quimo, que é unha distro Gnu/Linux deseñada especialmente para nenos e baseada en Ubnutu. Tamén tes o paquete Gcompris cun montón de xogos didácticos, ou Edubuntu, unha derivación oficial de Ubuntu para uso escolar. En fin, que as opcións no software libre son moitas.

    Se o equipo que tes para o cativo é vello, xa sabes que tes versións máis lixeiras, Lubuntu, co escritrorio Lxde.

    Para correr, se o precisas, un programa baseado en juindous, pois supoño que tamén saberás que contas con varias opcións, dende unha partición co propio SO, escollendo o que vas correr ao inicio, ou ben un programa de virtualización, eu uso o virtualbox, ou como terceira opción o Wine para executar aplicacións juindous.

    Saberás que tamén hai unha comunidade moi activa, calquera dúbida resólvese fácil buscando un pouco ou acudindo á multitude de foros que hai.

    Saúde.

    ResponderEliminar
  11. manu suárez05/11/10, 17:57

    Ao 6º comentario, mira o que atopei. A próxima vez que che digan algo, dislle que o artigo 4 da lei 11/2007 esixe que as administracións públicas empreguen estándares abertos.

    Ley 11/2007, de 22 de junio de acceso electrónico de los ciudadanos a los servicios públicos.

    artículo 4. Principios generales.

    [...]

    i) Principio de neutralidad tecnológica y de adaptabilidad al progreso de las técnicas y sistemas de comunicaciones electrónicas... A estos efectos las Administraciones Públicas utilizarán estándares abiertos...»

    Fonte orixinal:

    http://www.pillateunlinux.com/queja-a-organismos-publicos-por-omision-de-la-obligacion-de-usar-estandares-abiertos/#more-9944

    ResponderEliminar
  12. @empregado municipal
    ¿Sabes que as licencias do Windows que ven preinstalado custan diñeiro?
    ¿Sabes que desisntalando eses sistemas estás tirando á basura o diñeiro público gastado nesas licencias?
    ¿Sabes que actuar así é denunciable?
    ¿Sabes que o concello non é a tua casa?

    ResponderEliminar
  13. para o das preguntas de arriba, e non son o empregado municipal.

    ¿Sabes que as licencias do Windows que ven preinstalado custan diñeiro?
    Si claro que custan, pero tamen custa meterlle o office que solo ven preinstalado, quen che dixo a ti que os ordenadores do concello traen o windows preinstalado?

    ¿Sabes que desisntalando eses sistemas estás tirando á basura o diñeiro público gastado nesas licencias?
    ¿Sabes que actuar así é denunciable? estaremos ante un novo caso Camps?? cree o ladron que todos son da sua condicion.......

    ¿Sabes que o concello non é a tua casa? estou seguro de que o sabe, o que non sabe ni por donde anda despois de estas preguntas eres ti.

    ResponderEliminar
  14. quen che dixo a ti que os ordenadores do concello traen o windows preinstalado?
    O dixo él, aprende a ler

    estaremos ante un novo caso Camps?? cree o ladron que todos son da sua condicion
    Pero que andas a mezclar? Por outra parte, ladrón será o teu pai.

    estou seguro de que o sabe, o que non sabe ni por donde anda despois de estas preguntas eres ti.
    Pode que sí. Xa vides rápidamente os espabilados para iluminarme.

    ResponderEliminar
  15. pero vamos a ver alma de cantaro, que estas decindo que porque un ordenador traia preinstalado windows sacarllo e poñer linux e tirar os cartos?? si xa se esta aforrando os cartos da licencia do office....

    en fin, acercaste a policia local e pos unha denuncia...jajaja

    ResponderEliminar
  16. E o ceporro de encima sigue quedando en ridículo xD.
    Sabes que Office é unha aplicación e Windows un sistema operativo ou che soa a chino?
    Podes utilizar calquera outra aplicación distinta de MS Office, ainda que a túa capacidade non che dea para entendelo.
    Hai un tipo que gastou o diñeiro público nun sistema operativo que non quere para nada. Iso chámase despilfarrar o diñeiro de todos e punto.
    E non hai mais, costarache entendelo pero é así.

    Mira, ese diñeiro gastado de mais igual valería para darche atención especializada que necesita o teu moneneuronal cerebro e así non andabas por ahí a facer o ganso e o ridículo co alarde da túa ignorancia.

    A tí si que che había que denunciar por burro xD

    ResponderEliminar
  17. aqui o unico que alardea eres ti , dime de que presumes......

    Releendo o post do funcionario , di claramente que quixo comprar os portatiles sin windows e non hubo maneira( haberlos haylos) , asi que de ahi a acusalo de malgastar hay un treito moi grande.
    Sei perfectamente o que e un SO e o que e unha suite de ofimatica, por desgracia non me queda outra polo meu traballo, de ahi a calificarme como mononeural , volvoche a remitir o refran do primeiro parrafo .....

    Dame que fas un bo candidato para organista do coro, non sei porque pero teño a corazonada de que das o perfil.....

    bicos.

    ResponderEliminar
  18. Organista de qué? Mandeee? jajajajaja Qué gracia tes cando sacas esa vena humorística, non te cortes es sigue posteando que nos rimos todos. Eres incapaz de entender que un funcionario comprou uns ordenadores que non encaixaban co que quería, resbalándolle completamente que no custo vaia incluído o que non quere. Para tí é entendible (supoño porque non son os seus cartos) e inda por riba ironizas con que o denuncie nos municipais. Perfecto, xa quedaches retratado. Ahora sigue co humor ;)

    ResponderEliminar
  19. pois aqui o unico que fas rir eres ti e mais as tuas teorias conspirtanoicas , retoche a que me poñas un enlace de un portatil de marca recoñecida que se poida comprar sin Windows , non me valen marcas da palla nin chinadas varias.....

    o de organista collestelo ben , anotate en clases de solfeo, que a cousa vai para largo...

    ResponderEliminar
  20. Anónimo 17, quen non entende nada eres tí. O dichoso funcionario NON COMPROU ningún ordenador. Viñéronlle a través dun programa da Mancomunidade, polo tanto, sen desembolso para o Concello. Non sei si oiches falar algunha vez das directivas europeas, que non son nada sospeitosas de ser comunistas, que din que as administracións deberán promover o uso do software libre. Entón, ¿qué diablos fai a Mancomunidade comprando portátiles con juindows? e ¿Por qué a Xunta renova ano tras ano as licencias de Microsoft? Si o concello opta por sistemas abertos, supoño que vai na boa dirección. E si hai que desinstalar o sistema operativo (?) para poñer outro decente que ademáis e gratis, dime onde está o gasto ou pérda de cartos públicos....

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.