4.10.10

Gaivotas

 O botín da gaivota
A limpar o peixe, en compaña

[Redacción] Algúns mariñeiros din delas “que lles das de comer e che cagan enriba”, unha frase que non deixa en moi bo lugar ás gaivotas. Pero gusten ou non, haille que recoñecer a súa habilidade para obter alimento, mesmo botando man de sofisticadas técnicas. As gaivotas son capaces de coller ameixas e mexillóns co peteiro, para logo deixalos caír desde o alto, co obxectivo de que as cunchas escachen contra o chan. Saben abrir ameixas, e tamén saben que a unha limpeza de peixe sucédelle un festival de maghas fáciles.

8 comentarios :

Anónimo dixo

e... será certo que as gaviotas non comen o mexillón cando ten toxina? escoitei que lle teñen feito probas no porto, e ante un mexillón escachado con toxina e outro sen ela, escollen o segundo.... ?¿?¿?

Anónimo dixo

Hai gaivotas pero tamén hai lavancos que se domesticaron e que tamén gustan das magas.

Anónimo dixo

Eso do mexillon ca tóxina colaroncha ben. Un mexillon con tóxina non esta no muelle para que a gavota poida escoller. Eu vinas comer pedras, paus de churrasco de porco, cunchas, como teñan fame comen de todo. Deben ter uns acidos gastricos que son peores que o Acido.

Anónimo dixo

Eso de que o mexillon con toxina non cheja o muelle e desde hai dous dias.

Anónimo dixo

home, pois para eso que manden a tomar polo cu os ratos, e usen gaviotas para os analises, e mais rapido, e mais humano.


saudos

Anónimo dixo

Si mandamoslle dende aqui unha mensaxe o intecmar, e a UE haber se validan o método da gaivota. Rápido, inmediato, e barato, non hai mais que decir...

Anónimo dixo

Pero nos paresemonos mais os ratos, o metavolismo e eso.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...