Buscar neste blog

27 de out. de 2010

Candido Pazó estrea na Arousa ‘Memorias dun neno labrego’

 Pazó e mais o alcalde, durante a presentación da obra aos medios

[Redacción] O auditorio municipal da Arousa acolle o sábado 30 de outubro, ás nove da noite, a estrea da adaptación teatral de Candido Pazó da obra “Memorias dun neno labrego”, un clásico da literatura galega, escrito por Xosé Neira Vilas. Segundo explicou Pazó na presentación do espectáculo, na que estivo acompañado polo alcalde, Manuel Vázquez, trátase dun monólogo narrativo e escénico, creado a partir da obra de Neira Vilas, ao que lle engadiu os seus propios textos e outros de tradición popular. Logo da representación en primicia no auditorio, a obra tamén se levará a escena no instituto, onde está previsto que acuda o propio Neira Vilas.

3 comentarios:

  1. E, os demáis veciños; podemos ir ao instituto a ver a Neira Vilas?

    ResponderEliminar
  2. neno...apostoche o que queiras que o alcalde non leu o libro.

    ResponderEliminar
  3. a representaçom do mércores nom é nom instituto, que nom tem salom de actos; é no multiusos para o alunado do instituto.

    e se há sítio pode ir mais gente; mais nom sei se encherám...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.