16.9.10

Xa temos wifi municipal, ou non?



[Manuel Suárez Nieto] Un ano máis, a única actividade que vemos na web municipal é a publicación da adxudicación dos contratos con cargo ao Plan E 2010,  Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local. O pasado mes de abril, a xunta de goberno local do Concello aprobaba a adxudicación da obra "Despregue de rede sen fíos para acceso wifi en edificios e instalacións municipais" por un importe de 95.705 euros á empresa Dúo Telecomunicaciones, cun prazo de execución de dous meses. As obras xa remataron e o Concello está a dar claves de acceso a aqueles usuarios que o desexen e se pasen polas dependencias municipais.
Hai algúns meses, os xornais recollían a demanda dos veciños para que o Concello instalase unha rede wifi e de balde, igual que o estaba a facer o Concello de Vilanova. Nós non podiamos ser menos, e o goberno municipal incluíu dentro das obras con cargo ao Plan E o despregue da rede wifi.
As redes wifi municipais non están exentas de polémica. As únicas que hoxe funcionan legalmente en España son as de Avilés e de Barcelona. A Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), entidade de dereito público adscrita ao Ministerio de Industria, de acordo coa Lei 32/2003 Xeral de Comunicacións, vén esixindo que os concellos conten coa súa autorización, se constitúan en "operadores" e paguen os gastos da rede con publicidade, xa que a lei prohibe o seu financiamento con fondos públicos. Que se saiba, nada disto aconteceu polo de agora na Arousa. 
Recentemente, a CMT vén de sancionar ao Ayuntamiento de Málaga cunha multa de 300.000 € por dar acceso gratuíto aos veciños incumprindo a lei. Este é un tema moi polémico, controvertido e dinámico, agardemos que non quedemos sen rede e sen cartos.

5 comentarios :

Anónimo dixo

si non poñen a wifi malo, si a poñen tamen, non nos clareamos......

Anónimo dixo

"Este é un tema moi polémico, controvertido e dinámico, agardemos que non quedemos sen rede e sen cartos."

non vexo a polemica de poñer unha rede wifi no concello, o que si me parece e un gran salto adiante , si no lo contasen fai 10 anos non o creeriamos, e mira por donde o futuro xa esta aqui, que todos os habitantes da illa teñan a posibilidade de conectarse a internet pareceme increible......

saudos

Anónimo dixo

Eu opino igual. Sería fantástico dispoñer todolos arousans da re Wifi. Pero entendo que pode ser complicado. Deixemos tempo o Concello pra ver si se pode conseguir. Saudos a todos/as.

Anónimo dixo

Alguén sabe o que é wimax?

http://wimaxtech.galeon.com/

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...