22.9.10

Ponte ou viaduto?

 Así imaxinaban a ponte
nun folleto de finais dos 70


[Susi Rial] Nos anos sesenta, os arousáns imaxinabamos que a nosa desexada ponte estaría sostida por arcos, ó gusto das antigas pontes romanas. Na festa da ponte de 1979, imaxinouse unha ponte colgante, quizais debido á influencia da ponte de Rande. Pero agora, 25 anos despois da súa inauguración e a piques de rematar a súa primeira gran reforma, que ocorrería se nos dixeran que o noso gran triunfo non é unha ponte, senón un viaduto? Pois todo semella indicar que así é.
Os profesionais da enxeñería de camiños e outras disciplinas afíns, aseguran que o que une á Illa co mundo non é unha ponte, senón un viaduto. Nas súas definicións, tanto a ponte como o viaduto son estruturas destinadas a salvar obstáculos naturais. Pero o termo viaduto resérvase para pontes longas. Outra das características que definen o "viaduto" é a súa ausencia total de deseño. É dicir, que simplemente se trataría dunha estrada ou dunha vía férrea, no seu caso. De tódolos xeitos, trátase dunha diferenciación técnica, que non vai facer que se lle cambie o nome a estas alturas. Por outra parte, pode que a nosa ponte non teña deseño, pero, en que outro lugar se pode ver esa elegante sinuosidade? Ponte ou viaduto é un lugar fermoso no que, ademais de ir en coche, a xente pesca e pasea. Por non falar desa sensación que nos dá ó cruzalo e que nos fai pensar: "por fin na casa".

2 comentarios :

Anónimo dixo

Serto!!!que mais da ponte ou viaducto, o fin e o cabo non deixa de ser un bo servizo pos cidadans, e un exito de todos os arousans e non dos politicos que intentan atribuirse o merito de que esa obra se levara a cabo gracias a eles, o traballo deles e transmitirlle a quen lle teñan que transmitir os desexosde todo un pobo!!

Anónimo dixo

A sensación de cruzala ponte, aparece o sonriso, o cheiro a mar, a calor sofocante transformase brisa, estou de novo cos meus, creo que é un sentimento unanime dos arousans. Eu sinto cada día e cando a ausencia era de 5 dias, aquelo era parecido a nacer de novo. Por iso sinto unha especial admiración por aqueles que tiveron que coller a maleta, e sair, porque sei que non momento en que saen xa estan pensando na volta. Todos somosche uns moriñentos, namorados da nosa Illa.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...