Buscar neste blog

12 de set. de 2010

Novo deseño, nova tempada


As vacacións foron longas, pero miren que castelo construímos. É fraxil, xa o sabemos. A calquera hora, a subida da marea lévao por diante. Pero iso non impide que, gran a gran de area, vaiamos edificando soños, experimentando con fórmulas que nos acheguen a un proxecto mediático da Arousa e para a Arousa. Comezamos nova tempada, con novo deseño. Vostedes teñen, como sempre, moito que dicir. O novo correo naillaredaccion@gmail.com está á súa disposición, para enviar notas de prensa, avisos, suxerencias e tamén queixas.

4 comentarios:

  1. O fráxil tamén é fermoso; e hai mareas que teñen que anegar cousas. Pero con esas olas xa contabamos, así que o importante é non parar de CREAR.
    Un saúdo para os/as carcamáns dende terradentro

    ResponderEliminar
  2. Que a forza che acompañe..

    ResponderEliminar
  3. Adiante co Xornal, e pedra a pedra!

    ResponderEliminar
  4. Con esa peza de arte efímero descubro este xornal. Botareille unha ollada con tempo

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.