23.6.10

Noite de San Xoán

11 comentarios :

Anónimo dixo

Tarde piaches... o solsticio de verán foi o 21. A ver si para o equinoccio lle acadas. Moi bonito o cartaz.

nailla dixo

ultimamente non dou unha...
hei de corrixir o do 21, claro. A xunho non lle vexo o problema.

Anónimo dixo

Vou mediar na disputa, si mo permitides. Vou buscalo centro, que vos parece?, pois ben, nin xuño nin xunho, JUNHO. E xa de paso, por só 15 euros, "do ñ para o nh", de Valentim R. Fagim, que presentara daquela no Roaz "O galego im-possível", totalmente recomendábel si se quere ir a por nota.

P.S. Non tires a auga coa que laváchela cara hoxe pola mañá, disque vale para as picaduras, o acne, para a depresión, si é leve iso si, e para moitas outras cousas.

Saúde.

Anónimo dixo

Eu creo que a normativa oficial debía incorporar o -nh- e o -lh-, que son galegas; así por min "xunho" está perfecto.

A favor do 24, pois cada un pode celebrar o que queira, non? O 21 é o solsticio, pero as festas antigas duraban varios días. Tamén o 21 se celebra o de inverno (e o 22 o día da lotería), e o 24 é Noiteboa...

Anónimo dixo

Conseguiremos que fale mais xente galego, se usamos na escrita formas mais alexadas do galego que falamos a maioria do pobo.
Despois buscamos culpaveis, moitas grazas. Mais galego, e menos portuguesadas raras que nos queredes meter polos ollos os nazionalistas.

Anónimo dixo

Permíteme dubidar que ti e os teus teñades o máis mínimo empeño en promovelo uso do galego. Imos ver unha cousiña, cal é a diferenza na fala da escrita xuño, xunho ou junho?, respondo eu, NINGUNHA. No que si hai diferenza é en "junio", que por moito que ti o digas, non é galego nin falta que fai.

Eu conformaríame con que non fixerades nada, nin a favor nin en contra do galego. O que nos queredes meter polos ollos os nazis españois de faes e demais comparsa é que o castelán é lingua propia de Galiza, e iso, de momento, non é así co Estatuto e a Lei de Normalización na man, por certo votada por unanimidade, tamén da dereita, que se ve que daquela era máis civilizada que hoxe, polo menos neste asunto.

E xa para rematar, o galego é dos galegos, non dos nacionalistas, aínda que por desgraza moitas veces só se defenda por estes. Que vos parece que vaian queimar máis de 5 millóns de euros en libros de texto de matemáticas porque están en galego?, será culpa tamén dos aportuguesados nazionalistas. Dos aportuguesados non sei, dos nazionalistas españois seguro que si.

Anónimo dixo

Eu a varios nacionalistas dos que coñecin, falaban un castelan de caer al chan. Piden pos demais o que non fan eles. O galego e dos galegos claro que si, dos que o falamos e dos que o ensinamos os mais pequenos. Por eso que a min non me veñades con rollos da defensa do galego. O galego defendese na casa ensinandollo os fillos e desois contos baratos.

Anónimo dixo

"Conseguiremos que fale mais xente galego..."

Apostaría a que quen escribe iso, se é da Arousa:
FALANDO non di conse'GUI'remos > Usa gheada.

Tampouco di "galego", e moito menos dirá "mas" en vez de "pero", e aínda así non usa o til (ou arre ou xo).

E ven dando clases...
Ademáis da ración de autoodio, vai insultando de nazionalistas, cando o único partido que por desgraza (ou desjrasia) ataca o galego é o que fundou un ministro de Franco, que si apoiou aos nazis. E por certo aínda non condeou o franquismo no Parlamento Europeo (abstivo-se, porque disque son moi insistentes os que piden que o condeen 1VEZ!).

Meendinho era galego, non portugués. A letra Ñ foi usada polos escritores que recuperaron o galego para a escrita porque durante anos estivo prohibida na escola -por decreto lei, baixo pena de despido do profesor, senon algo peor-.

Anónimo dixo

Chegando ao punto de que alguén chame "nazionalista" a outro non vale a pena seguir discutindo con ese tipo, pero tendo en conta que este foro o le xente que pode ter interese, a ver varias cousas:

A escrita non é transcrición fonética: non se le igual TOXO que TÓXICO.

A raíz do fonema /Ñ/ en galego é distinta á do español.

O Ñ é un -n- enriba doutro -N-. Tamén se escribía /De/ coma un D "tachado", pero tanto en castelán coma en portugués foron habendo (e segue a haber) normativas e dicionarios que van adaptando a ortografía. En galego tamén, pero menos polas trabas que sabemos.

En castelán /ANNO/ antes de que inventasen o -Ñ- xa se dicía /AÑO/, pero en galego-portugués ese "doble ene" foi dar a /ANO/. En moitas outras palabras pasa que o -NN- non se corresponde en galego e castelán: Vinho/Vino ; Canela/Caña ; Sono/Sueño ; ETC.

Algo así pasou con -LL- e -LH- : en galego-portugués tomou-se do provenzal, e ten raíz distinta, en galego o -LL- tendeu a ler-se como -L-, e o -LH- está noutras palabras:

Castillo/Castelo ; Repollo/Repolo ; Allá/Alá ; Gallo/Galo ; por outra banda o fonema /Y/ (que en galego é igual Y que LH ou LL) foi outras veces dar -J- no castelán: Alho/Ajo ; Filho/Hijo ; Velha/vieja ; ETC.

Non é que se copien o -NH- ou -LH- do portugués, senon que son letras galegas. Usaba-as a condesa de Altamira escribindo galego incluso despois dos Reis Católicos, usaba-nas escritores galegos do século XIX, moitos do XX, e hoxe está o debate de incorporar esas letras á normativa oficial.

Entre as varias ventaxas de incorporar esas letras están a de estimular o interese de máis de 200 milhóns de falantes das distintas versións do portugués e facilitar-nos a chegada de moito material editorial. En alemán pasaron a usar o -ss- e aceptan o "ue" en vez de "ü" na última reforma, para ter outra vía de escritura (por exemplo por se escriben nun ordenador desde fóra de Alemania) e en castelán tamén se plantexou.

Na práctica en galego uns queren reducir o debate a un tema político, cando non debería, e por exemplo GOOGLE pasa do tema, e igual que o valenciano o considera a mesma lingua que o catalán, as páxinas en brasileiro, angolano, e GALEGO, identifica-as como variantes da lingua portuguesa.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...