10.6.10

O patente

 Un mariñeiro dándolle  patente á dorna no Portiño

[Información corrixida] Na fala mariñeira, chámaselle "patente" ao recubrimento que se aplica na obra viva das embarcacións, é dicir, na parte que se mergulla no mar, para evitar que se adhiran ao casco parásitos e estercos. Dar patente é un traballo que forma parte do mantemento habitual dun barco, sexa de madeira, poliéster ou ferro, e convén facelo unha vez ao ano.

14 comentarios :

Anónimo dixo

Nos dicimos dar patente non sabia que o artigo era de xenero feminino.

Anónimo dixo

pois eu, como aprendim a palavra em dorna, pensei que era evidente que se chamase assim...

Anónimo dixo

eu creo que na arousa usamolo en masculino, dicimos "solo me falta darrlle o patente".
A patente en feminino teria o significado de rexistro de invencion , polo menos eu entendo asi.

saudos

Mariposa dixo

Eu tamén penso que dicimos o patente. Xa pechou o Cambadés, onde imos ir mercar o bispeiro, o azufre e a brea, canelas aínda temos, é certo que tamén cada vez menos. Imos a menos como as fanequiñas novas. Unha volvoreta que bate as ás e provoca un furacán no outro lado do mundo, mariposa.

Saúde e terra.

Anónimo dixo

Pois eu penso que pintar, dar brea e patente non debería de facerse nas praias porque sempre quedan restos por moito coidado que se poña

Anónimo dixo

Non sei si sabes que a maioria dos patentes son de desgaste o que quere dicir que van arriando a capa o longo do ano ou o tempo que bote no mar. Actualmente todos son respetuosos co medio ambiente e non son contaminantes nin conteñen chumbo como levaban antes. O piche ou o alquitran si son mais malos de desfacerse pero o patente penso que non ten fallo.

Anónimo dixo

contamina mías o cohe que as dornas, deixao na casa e despois fala.

Anónimo dixo

O patente pode ser biodegradable pero as pinturas, a lexía e o piche non e a xente ten o costume de lavar e pintar na praia sen botar as embarcacións arriva. O dos coches tamén e outro gran problema porque a xente está empeñada en chejar con eles á porta dos sitios e, joder, vivimos nun pueblo de 7 Km2 e sempre hai que pasar ao xusto por todos os lados porque, eso tamén e outra, as normas viais teñen carácter orientativo aquí

Anónimo dixo

Moitas veces atopaste restos de pintura e piche na praias. Flipamos con unha jalleta de chapapote e non con medio bote de pintura ou de piche? E o do tráfico e ben sinxelo, deberíase peatonalizar case todo, limitar as zonas de aparcamento e idear un sistema de transporte para as praias, para que non haxa esa masificaión no verán

Anónimo dixo

É coma todo,sabemos que está mal e inda asi facémolo,véncenola pereza supoño.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...