4.6.10

José María Rial, novo adestrador do Céltiga

Entrada do Salvador Otero

[Susi Rial] Despois dunha época convulsa, o Céltiga toma as rendas con vistas á preparación da próxima tempada. No pasado mes de maio, o clube da Illa viviu o seu particular "mes horribilus", que comezou coa inesperada espantada do antigo adestrador, Antonio Gómez, a tan só dúas xornadas para o remate da liga. Despois chegou a crise da presidencia, xerada pola falta de candidatos, e solucionada coa continuidade da actual directiva, con Martiñán como presidente. Pero a culminación dos males chegaría co descenso do equipo á Rexional Preferente, logo de cinco anos na Terceira División. Pero agora, unha vez coñecido o nome do novo adestrador, semellan soprar ventos de esperanza. Trátase de José María Rial, técnico procedente do Portonovo, equipo  ó que ven de ascender á Terceira División. Polo tanto, trátase de todo un experto nos obxectivos que perseguirá o Céltiga na próxima tempada. Xunto con el, presúmese tamén a chegada de Wagner, o seu "segundo" no equipo do Portonovo. Nos próximos meses terá lugar o axuste do cadro, posto que se cre que moitos dos actuais xogadores do Céltiga terán ofertas para continuar xogando en Terceira División.

4 comentarios :

Anónimo dixo

Pois haber si apostan por rapazes da illa para fazer o equipo.
Cando un crio empeza a xogar no celtiga,o pai ten que se fazer socio do clube,ten que comprar a equipaxe e trasladar os rapazes no seu coche cando xogan fóra e despois de grandes,cando cobran non collen a nadie da arousa,nin siquiera poden practicar futbol,teñen que ir xogar a vilanova e San miguel

Chejou o viernes dixo

Tataraaaara, tatararaaaara, tataraaaara, tatararáaaaaaaa....a cabaljada das Walkiryas, de Wagner.

Anónimo dixo

Eu prefiero o equipo en preferente con xente do pobo, que non en terceira con todos de fora. Pero e a miña opinión non a dos que dirixen o equipo.

Anónimo dixo

Totalmente de acordo.Donde quedou o espiritu carcamán???

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...