Buscar neste blog

2 de xuño de 2010

A Arousa renova as dúas bandeiras azuis



 Este verán nas praias do Bao e da Area da Secada ondeará unha vez máis a bandeira azul, que acredita que cumpren unhas determinadas condicións de limpeza e accesibilidade. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor vén de dar a coñecer o listado das bandeiras 2010; os portos e as praias galegas obtiveron en total 132 enseñas, oito máis ca o pasado ano.

10 comentarios:

  1. mirade pa ahí o que andan a faser... poñerlle marcas a 4 madrileños pa que vallan co seu yate...
    Son as guiri-bandeiras!

    ResponderEliminar
  2. eu penso que eso é bo,é un reclamo po turismo,e inda que non vaiamos a vivir ó 100% del,si se lle poden sacar uns cartiños... montando ben

    ResponderEliminar
  3. Unha praia de bandeira azul sempre queda ben para atraer turismo. e ademais esta ben ter salvamento polo que poida pasar. ainda que seguramente teñan que curar mais picaduras que salvar de afogamentos





    http://ailladoreves.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  4. E non serán as praias da Area da secada e o Bao no canto de Camaxe?

    ResponderEliminar
  5. Tes razón, debería ser o Bao, pero na listaxe oficial de bandeiras azuis consta Camaxe:
    http://www.adeac.es/documentos/2010/playas2010.pdf
    A verdade é que os erros con respecto á microtoponimia da Arousa son moi frecuentes en todo tipo de documentos. Non sei porque lle fixen caso, xa o cambio ;-)

    ResponderEliminar
  6. Tamén figura Camaxe na listaxe do 2009, polo que penso que é un erro motivado por algo, non sei o que. Sería bo que o Concello aclarase este aspecto, igual ten algún sentido, e si non é así, deberían corrixilo. As cousas chámanse como se chaman por algo, e non é o mesmo bao que camaxe. Aínda que sendo máis precisos, a praia con bandeira azul sería bao e camaxe pequeno, que é o treito que cae debaixo do oasis.

    ResponderEliminar
  7. Postos a especular ao perrimeison atopei unha praia do Vao (con "v", do latín vadu, lugar pouco profundo dun río onde se pode cruzar a pé) no Concello de Vigo. Igual lle puxeron Camaxe para que non coincidisen os nomes. En fin, sería bo que se aclarase e se corrixise. A polémica está servida, fagan as súas apostas.

    ResponderEliminar
  8. Pois eu tamén penso que son as guiri-bandeiras, petan as playas, levan ameixa, petan todo de coches e non teñen onde deixar os cartos, penso que deberíamos enfocar o turismo dende un punto de vista máis sostible

    ResponderEliminar
  9. O turismo na Illa non esta moi explotado. A maioria da xente vai para a zona sur da Illa as playas e non deixa un peso no pobo. Faltannos hoteles, restaurantes, e infrastructure, que xenere emprego e valor engadido o pobo.

    ResponderEliminar
  10. non falta engadir mais valor ainda a illa, estragaredela co turismo

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.