Buscar neste blog

30 de xuño de 2010

Abellas de San Pedro

Unha repoluda abella de San Pedro, vista desde diferentes ángulos

A abella de San Pedro, tal e como lle chamamos na Arousa, é un insecto voador, de movementos aparentemente torpes. Se un becho peludo coma este lles bate na cara, non se asusten, porque non fai mal ningún. Mais que abella é escarabello, así que non ten aguillón e, ademais, déixase atrapar con facilidade; mesmo semella que lle gustan as atencións.
Segundo nos informan dende  Arquivos Entomolóxicos Galegos, trátase dun coleóptero melolóntido do xénero anoxia; concretamente, a nosa abella debe de pertencer  á especie anoxia villosa, que se diferencia doutro parente similiar, anoxia australis, porque este último presenta unhas raias lonxitudinais nos élitros.  En xeral, a moitos dos membros desta familia chámaselles vulgarmente escarabellos de San Xoán, por eclosionar máis ou menos nesta época do ano, nalgúns casos de forma masiva. Na Arousa é frecuente velos revoar polas hortas á noitiña.

3 comentarios:

  1. Animaliños extraños. Só se deixan ver poucos dias de verán... E cada ano menos, é unha pena, pero oxalá só fosen elas ás qe lle pasara eso...

    ResponderEliminar
  2. Ao final saíron as abelliñas, gracias, non sabía que especie eran, sempre lle chamei abelliñas de san xoan, tiña curiosidade por saber máis delas

    ResponderEliminar
  3. Ainda que os vexamos durante o San Xoán, o certo é que pasan un par de anos da súa vida, como larvas, enterrados comendo as raíces das árbores e da vide causando danos considerables: son unha praga.
    Quizáis antes os víamos máis porque había máis fincas cerca das casas. Non creo que esta especie sexa das que hai que protexer, aínda que tamén pode ser víctima dos insecticidas que se empregan para controlala, como praga que é.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.