Buscar neste blog

31 de maio de 2010

Un carril bici diante da porta

Imaxe collida de Dorna

A Escola de Navegación Tradicional Dorna quéixase a través do seu blog do trazado do novo carril bici, que xusto lles pasa por diante  da caseta na que gardan os aparellos.
Por outra banda, o vindeiro sábado iníciase na Arousa a tempada oficial de regatas de dornas a vela, coa celebración do VI Trofeo Fasquía, a primeira proba puntuable para o campionato galego.

13 comentarios:

  1. quitaronlle as posas da porta,que non se queixen..

    ResponderEliminar
  2. eu son un gran defensor do carril bici. Tampouco vexo que sexa un problema tan grande, tendo un pouco de coidado.

    ResponderEliminar
  3. verdade,ainda lle fai o escalon a acera máis levadeiro.

    ResponderEliminar
  4. o caso é que imos ter que colocar espelhos retrovisores na noz dos paus para nom lhos meter a ninguém no olho ao sacá-los do caseto. e aos temons, e às varas de portar, e as velas, e por suposto, às dornas...

    ResponderEliminar
  5. eu sempre pensei que a "Escola de Navegación Tradicional" (algo que é único en Galicia) debería ser apoiada e non andar a poñer atrancos ao seu traballo.

    Javi Pena

    ResponderEliminar
  6. na foto, apreciase ben que hai unha distancia considerable desde a porta da escola, hasta a parte exterior do carril-bici, non creo que sexa ningun foco de accidentes, o asunto e queixarse, si fan un carril-bici protestamos, si non o fan tamen....

    A verdade e que non lle vexo perigosidade por ningun lado, estaremos atentos para cando se produzca o primeiro accidente de Vara de portar contra bicicleta.

    saudos

    ResponderEliminar
  7. viva o carril bici!!!

    ResponderEliminar
  8. o carril bici está ben,o que non está ben é o clube(xa sei que non hay outra cousa)necesita instalacions que estean á altura.

    ResponderEliminar
  9. Se ninguén está en contra do carril bici, o que pasa que quen fixo o trazado é listo de carallo, só fai falta un pouco de sentidiño. O espazo entre a entrada á nave e o carril bici vai ser un niño de accidentes. Colle un pé e a pedra está mal cortada, polo que hai ferida asegurada.

    Ademais, nunca vin un carril bici feito tan cutre, como digo, a pedra parece que a cortaron a golpes, o chan do carril está cheo de pedras coma o terreo de fóra do carril... en fin, canto se pagaría por esta cutrada???? Facíallo eu por nada e seguro que quedaba mellor.

    ResponderEliminar
  10. Todo o que esta feito na arousa esta mal feito. Non sei si e porque nadie mira que o fajan ven o si non lle importa. Deberia alguien no concello interesarse por como se acaban as obras e mais importante como as fan.

    O camiño pa carreiron non hay dios que transite por el, os adoquins fan a camiñata incomoda, non dijamos xa que vas con un carrito de miniños. As obras de acera das aceñas, cando fixeron as obras das tuberias fixeron todo mal. Puxeron os tubos de calquer maneira, alguien que sepa un pouco do tema sabe que eso foi unha chapuza. O paseo do bao, non que este do todo mal feito, pero ven tampouco.

    ResponderEliminar
  11. ¿Qué facil e votar a culpa os demais¿ A senda que vai do Bao a Carreirón fixérona os
    de Costas e non o concello. A zona dos adoquíns obligaron os veciños a facela, xa que cando se espuxo o proxecto tanto a Asociación A Beira do Mar coma algúns veciños
    de xastelas protestaron e en Costas fixeronlle caso e agora estámolo a sufrir todos. ?De quen é a culpa?

    ResponderEliminar
  12. Polo que se ve dos que gobernan no Axuntamento non teñen culpa de nada.

    ResponderEliminar
  13. o caso e protestar!!!que mal lle fai a nadie un carril bici diante da escola???postos a protestar tamen ai quen lle estorban as dornas que estan fondeadas e mais as que estan na praia e nadie se queixa, ou a caso pensades que a praia e todo o que ai é boso???Javi pena caladiño esta mais juapo!!!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.