10.3.10

Bateas de peixes, o futuro inmediato?

Batea de peixes do Instituto Galego de Acuicultura (Igafa)

O plan de ordenación dos cultivos mariños, plasmado polo momento nun proxecto de liñas xerais, aposta polo impulso de especies diferentes do mexillón e da ostra, algunhas delas con viabilidade probada. Segundo apunta o documento, en Galicia existen 3.362 bateas dedicadas ao cultivo de mexillón, 101 á ostra, 75 centradas en policultivos e outras 193 instalacións experimentais de moluscos, crustáceos e peixes (polbo, navalla, ollomol, algas, ameixas...). Entre as plataformas experimentais, por certo, figuran tamén as bateas de reparqueo de mexillón, pensadas para aquelas zonas con risco alto de mareas vermellas, que precisan un lugar ao que trasladar o produto cando pechan os polígonos. Actualmente funcionan con éxito nas rías de Arousa e de Vigo.
Tendo en conta a aposta do goberno Feijóo pola piscicultura –e cuxo máximo expoñente é a recuperación do polémico proxecto de Pescanova en Touriñán- é de esperar que a política para a zona marítima apunte na mesma dirección, o fomento das granxas flotantes de peixes. O "potencial" da piscicultura xa foi avanzado polo ex conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, no relatorio dedicado á pesca do libro Galicia 2010, publicado hai unha década.
En que lle podería afectar todo isto ao sector mexilloeiro? En primeiro lugar, habería que coñecer se as novas instalacións substituirán ás xa existentes, promovendo un cambio de cultivo no sector mexilloeiro, ou se se sumarán aos actuais viveiros, co conseguinte risco de sobreexplotación das rías. Por outra banda, no cultivo de peixes é habitual o uso de antibióticos e pensos, unha práctica que podería prexudicar a outras especies como o mexillón ou a ostra, que se crían de xeito ecolóxico. En todo caso, o horizonte do sector mexilloeiro semella que presenta nubarróns negros, unha vez máis.

20 comentarios :

Anónimo dixo

Non lle atopo sentido a esta entrada máis alá da tendenciosidade e as ganas de polemizar.

Anónimo dixo

Non estou de acordo, ten un sentido informativo, esta ben que a xente se documente e comparta cos demais a informacion, persoalmente non me molesta a incorporacion de novos sistemas de cria e cultivo, sempre e cando non sexa contraproducente cos sectores xa existentes... O caso e saber si poderian coexistir as bateas de produccion ecoloxica e esoutras que necesitan votar quimicas no mar... Si unhas non afectan as outras, pois non vexo o problema...
Repito, non me parece polemizar, mais ben pareceme por na mesa un asunto que a larga pode afectarlle a moitas familias da nosa fermosa vila. A miña noraboa o creador deste blog.

Anónimo dixo

Desde que se descubriron e puxeron en uso os antibióticos a súa eliminación foi a través da excreción pola taza do WC e nunca ninguén se acordou dos efectos fauna. Tamén as hormonas dos anticonceptivos e as sustancias dopantes dos ansiolíticos teñen incidencia no medio. Eu decía o da tendenciosidade porque os argumentos esgrimidos estaban en consoancia cos dun grupo político na oposición no Parlamento de Galicia.

Anónimo dixo

Nunha reunion que houbo co sector en Vilagarcia informouse das lineas maestras deste proxecto. Algunhas cousas deixaronse claras, onde hai bateas, non se poñeran outros cultivos. Queren sacar as xaulas de salmon por exemplo que hai en Rua e autorizadas polo anterior goberno. E noutras zonas, como Touriñan ou fora das rias apostan por outro tipo de cultivos, sempre falando co sector. A pregunta e, que e mellor ter nos esas planta ou que estan a cen kilometros para Sur en Portugal. A entrada esta vexolle a intencion pero non di toda a verdade.

Amoxicilina dixo

Gustaríame facer algunha precisión. O documento que da orixe á entrada non é un plan. É unha memoria proposta para a redacción dese plan. Xa está ben que a estas alturas aínda non estea "ordenada integramente a zona marítima adicada ao desenvolvemento da acuicultura mediante a delimitación e caracterización das zonas aptas para os cultivos mariños e outras actividades relacionadas cos mesmos tales como o reparqueo e a reinstalación, así como a determinación das especies permitidas, compatibles e prohibidas".

Tamén me gustaría aclarar un dato que sae na memoria-proposta, que se repite sempre que se fala distes temas, referente aos postos de traballo directos que xera o cultivo do mexillón, fixándoo en 11.500, cando a realidade é que o emprego directo que xera TODA a acuicultura en Galiza é de 4.614 postos de traballo, son datos da propia Consellaria de Pesca. Os 11.500 son datos do Consello Regulador.

Así por riba non me parece mal, aínda que non entendo moi ben a que veñen a adopción das medidas que figuran ao final do texto. Igual ese é o verdadeiro fundamento de tal documento.

Xa por último dicirlle ao doutor jaus que si non é acaido falar de mexillón e de mar na Arousa xa me dirás onde o é. Igual son máis axeitadas as entradas no blog da agrupación local do partido maioritario no Parlamento de Galiza.

Saúde.

Boa entrada de ano dixo

Saude é o que che fai falta a ti, pasmón, que solo sabes copiar e pegar e non tes un puñetero criterio propio.

Anónimo dixo

Ao anónimo das 21:21 dicirlle que si de verdade quixeran quitar as gaiolas de salmón, na proposta 2 letra a) do texto sobre o que estamos a discutir non diría "Manter a vixencia das actuais autorizacións temporais de carácter experimental ata a aprobación do Plan de ordenación..."da

Efectivamente as gaiolas de salmón foron unha soada cagada de Carmen Gallego, pero non é menos certo que esas instalacións non contan con permiso de actividade, polo que o lóxico sería retirarlle a autorización, non o que fai este documento, que é manter a vixencia.

Así que, o de sempre, hostias por tódolos lados.

Anónimo dixo

Eu son o anonimo 21:21, vouche explicar o que dixeron ali sobre as gaiolas de salmon. Eles deixaron unha cousa moi clara, e repitocha, e hai moita xente que estaba diante. Onde hai bateas de mexillon e ostra, non queren cultivos experimentais. As gaiolas de salmon que hai en Rua teñen todolos permisos en regra, polo que quitalas de ali, seria baixo indenización, alta segun eles, ou baixo acordo, algo que estaban estudando. Senon preferian esperar a final da vixencia da concesion que expira o próximo ano. Das bateas expirentais dixeron que as que estan valeiras ou non teñen proxecto algun rendible querenas quitar pero que tiñan que estudiar os casos un a un, que son cento e pico en toda Galicia, e que se dan un prazo que e o que ti nomeas na proposta 2 letra a) para estudialo. Nestas autorizacion temporais, estan tamen as bateas de reparque non so as gaiolas de Salmon, aparte de outras bateas de outros cultivos como a que tiña a confraria no faro, que veu a terra co temporal. A todo eso se referen nese apartado, ali deixan moi claro que as gaiolas de salmon querenas fora de onde estan, o mellor quitanas para a costa no sei. Eso si a empresa esa non tiña idea de poñer so duas, duas eran nun principio para poñer mais, e o anterior goberno viase que estaba nesa liña. Que as poñan si, pero onde non estorben.

Anónimo dixo

As gaiolas de salmón de Rúa, que se saiba, non contan con permiso de actividade. Informáronvos mal, síntoo, e isto non é palabrería, está recollido nas actas da Comisión de Pesca do Parlamento de Galiza, en resposta de Maneiro a Bieito Lobeira en novembro pasado, pódese consultar na rede.

Na medida en que Nodrwest Food bota máis de 50.000 alevíns de salmón sen permiso, está a vulnerar os termos da autorización, polo que se este goberno tivese vontade, i esa fose a súa liña, obrigaría á empresa a retirar a gaiola. Eu si che digo a verdade, non me fío. Xa dixen máis arriba que para min foi unha cagada de Gallego, pero tamén che teño que dicir que a solicitude de autorizacións experimentais faise en base á normativa aprobada polo pp, en concreto López Veiga, polo tanto non era posible negar tal autorización salvo que se quixese prevaricar.

O asunto é que aquí todos estamos de acordo en definir os usos axeitados en cada zona, tamén as infraestruturas, pero o caso é que pasan os anos e o único que vemos son piscifactorias que carecen de autorización de verquido, por poñer un exemplo, ou que contan con orde xudicial de derribo e a Xunta sae na súa defensa, saneando todo o procedemento declarando a obra de intereses supramunicipal.

Por certo, fai uns días, non lembro en que xornal, a conto das analíticas da toxina, e da non aplicación do método químico ata a súa validación, segundo a nova do xornal, que habería que contrastar, viña a dicir que a Xunta xa estaba a realizar, dende hai anos, arredor do 10% das súas analíticas co método químico. Que vos parece?.

Anónimo dixo

Xa o atopei, perdoade. É un pé de foto na edición dixital da coz.

"El Intecmar lleva seis años realizando análisis con el método químico además de hacerlos con el bioensayo"

http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/03/11/0003_8347056.htm

Anónimo dixo

Xa vexo que estas ben informado. Na reunion esta que houbo en Vilagarcia, a directora do intecmar Covadonga Salgado creo que se chamaba, informou que xa se fixeron comparativas entre o método quimico e o bioensaio, de feito enseñaron uns graficos do que eles estimaban que aumentaria o numero de dia de peches en todolos poligonos. Polo que se opon tanto a Xunta como o Goberno de España, e a cambiar un método que esta validado, e que da todalas garantias o consumidor por outro que ainda non esta validado, e que pode producir un prexuizo o sector productor e transformador. En canto o das gaiolas de salmon, eu non creo en contos, si as autorizaron foi porque quixeron non porque houbese unha lei anterior. As leis o parlamento de Galicia ten a potestad de cambialas, por eso que agora o PP lle vote a culpa a lei de antes do bipartito ou viceversa non me cola.

Anónimo dixo

Canto listillo e politicucho visita este blog,de verdade que dades pena.

Anónimo dixo

Psoe e PP a misma merda E; e os que quedan por nombrar igual.

Anónimo dixo

Ser policulto, como ti dis ou interesarme pola actualidade que me afecta directamente e un orgullo, non unha pena. Pero hai xente que lle estorban os coñecementos na cabeza eso si que e de pena.

Amónimo dixo

que carallo é un policulto? será un polimero, calimero, folículo, pelocú, polocú.

Anónimo dixo

A ver, háivolo que explicar todo. Acho que un poli-culto é o contrario dun garda civil... é broma.

un toca campanas dixo

que pena de ria chea da merda que vota o mexillon pra o fondo e enfanga todo, eso non he contaminacion. Eso si van a contamiña-la ria con antibioticos, esa parvada e como matar mosquitos a cañonazos,os noruegos e escoceses estan encantados que aqui non se produzca salmao.

Anónimo dixo

Toca campanas, sinto ser eu quen cho diga, pero faltanche un par de fervuras, oes campanas e non sabes donde.....

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...