Buscar neste blog

22 de feb. de 2010

No Grande Azul

O patrón do barco Nuevo Ino, posando ante a exposición

Outra das fotografías da mostra "No Grande Azul"


Ata o 14 de marzo pódese visitar no Museo do Mar de Vigo a exposición "No Grande azul", do fotógrafo José Romay, gañador da Bolsa de Creación Fotográfica O Mar, convocada polo propio museo. A mostra documental, en branco e negro, recolle as experiencias de mariñeiros galegos dedicados a diversas artes: arrastreiros, percebeiros, bateeiros... Para facela, Romay tivo que coñecer de primeira man diferentes mares, entre eles, o Gran Sol ou a Costa da Morte. Tamén retratou o traballo cotián dos mexilloeiros da Illa de Arousa, para o que contou coa colaboración do patrón do Nuevo Ino, Juan Domínguez García, e do seu irmán Victorio, que aparece na exposición camiñando sobre a batea.

3 comentarios:

  1. que guapas as fotos!!!pero tamén os fotografados!!!

    ResponderEliminar
  2. Boas fotos. Hai un librinho editado con elas e comentadas. Parabens!

    ResponderEliminar
  3. Eeee..pa min que Juan estava fumao nesa foto...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.