Buscar neste blog

17 de xan. de 2010

Arqueoloxía: o mapa da Arousa

Os puntos clave da arqueoloxía insular


Existe unha tendencia a considerar que a Illa de Arousa non conta cun patrimonio arqueolóxico destacable. Mais esta afirmación semella froito do descoñecemento máis ca da realidade. Se nas vilas veciñas se atoparon conxuntos megalíticos, e mesmo está documentada a existencia de enterramentos funerarios da Idade de Bronce no illote Areoso, o sorprendente sería que na Arousa non houbese ningunha pegada dos antigos poboadores. Neste mapa localizamos seis lugares clave para achegarse á esquecida arqueoloxía da illa:

-O cemiterio dos Bufos, un xacemento estudado, mais totalmente abandonado.
-O conxunto das praias de Riasón e dos Tarais, quizais un dos restos máis interesantes, de magnitude aínda por descubrir.
-A ara de Niño do Corvo: unha pedra cunha misteriosa cavidade, que podería remitir a antigos ritos pagáns. Xulguen as imaxes do post correspondente.
-O conxunto das praias do Naso e da Cova: ao igual que en Riasón, no norte da illa o mar deixou ao descuberto vellos muros cuxa función é hoxe descoñecida. Este xacemento é dos menos documentados, e do único do que, aínda, non lles podemos ofrecer imaxes.
-Os restos do Areoso, xa comentados con anterioridade.

4 comentarios:

  1. Pois eu digo que me parece moi loable o teu traballo e anímote a continuar.
    Son habitante do interior do país que visito con asiduidade A Illa, incluso dende antes da ponte; por elo, despois de Antas que é a miña vila natal, síntome un pouco carcamán tamén...

    Saúdos dende a Chousa

    ResponderEliminar
  2. Parabéns pelas informações sobre arqueologia da Arousa. Eu acho imprescindível uma posta em valor do nosso património histórico-artístico, hoje infelizmente muito desconhecido. Haveria que fazer um esforço desde as instituições, principalmente o concelho, mas também desde a sociedade civil para recompilar toda a informação existente sobre os achados estudados (minimamente) e incentivar novas pescudas. Quiçá uma associação de Amigos da História? Uma plataforma que inclua a todas as pessoas interessadas em recuperar a nossa história? O trabalho que a tua página está a fazer em etnolinguística com o léxico carcamão é muito bom ou o apartado de talasotoponímia, autêntica arqueologia da paisagem.
    No que se refere às imagens e aos lugares que citas eu incluiria uma imagem aérea (google earth, sigpac) do alto da Torre. É muito interessante ver a circunferência (límites do recinto original) que ainda hoje forma o caminho que parte da de Vitorino, passa pela da Canária, sobe até o cruzeiro, baixa pela de Victor Juan, fechando o círculo o muro pelo que se acede à escorregadoira. Devia ser espetacular esta atalaia sobre o grande rochedo. Existe uma breve descrição da Torre feita por Sarmiento e semelha que as pedras deste conjunto singular deveu fornecer de pedra a Igreja atual e até ao cárcere de Cambados.
    Tenho entendido que ante a nova construção feita no recinto do Alto da Torre não se realizaram catas arqueológicas. Esta foi sem dúvida uma ocasião perdida.

    ResponderEliminar
  3. Chousa, moitas grazas polas túas palabras.

    ResponderEliminar
  4. José Luís, mirarei a imaxe do Google Earth que propós.
    Ogallá xurdira algún colectivo ou institución interesada en estudar e protexer a arqueoloxía insular. En realidade, esa é unha das principais motivacións que me move a divulgar o patrimonio existente neste blog, ao igual que ti fas no teu Ilha de Orjais, unha fonte de información imprescindible para estes temas.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.