12.1.10

O calendario da confraría

A imaxe que ilustra o calendario da Confraría

A mesma paisaxe, cincuenta anos despois

A Confraría de Pescadores da Arousa elixiu unha fotografía do Nicho dos anos 60 para ilustrar o calendario deste ano. Baixo a imaxe do calendario que reproducimos aquí, poden ver o mesmo lugar na actualidade. Á parte das obvias vantaxes que implica a urbanización do camiño, o cambio foi para mellor ou para peor?

14 comentarios :

Na Arousa dixo

Si mal non lembro, a imaxe mantívose así nos 60, 70, 80..., penso que foi así ata que se fixo o "paseo". A ver si alguén pode darnos a data, pero non sei si non será posterior á ponte. Para min, que non teño nin idea de urbanismo, a solución do paseo non me gusta. E xa que non teño nin idea, pois atrévome a decir que está feio ao revés, a estrada debería ir por baixo e o paseo por acima. Habería sitio para pasear, para os coches e para a hostalaría. Tal e como está non hai sitio para nada e iso que o recheo é grande. A ver que opinades os demáis.

Anónimo dixo

pois non che falta parte de razon, pero pensa que si se inveritira alonxarias aos peatons do mar, tampouco creo que quedara moi ben, un tipo de paseo como este penso que deberia facerse desde o do campo hasta a zona da avilleira , para poñer en valor a zona do portiño e todo o pedregal que transcurre hasta a avilleira pequena, un carril de un solo sentido e un paseo para peons con carril bici , un estilo ao que fixeron no grove desde a parte de atras do porto hasta terra de porto, unha actuacion o mais branda posible ,pero darialle moito xogo o centro (na arousa e todo centro) e poderiase semipeatonalizar toda a parte do regueiro,congostra ,etc ,etc......

respecto a foto, eu penso que o cambio e para mellor, porque recordo o paso que habia desde o antigo transformador xunto ao ribeiran hasta a fragua e aquelo era un asco, asi como desde caixanova ao citado transformador, o camiño teria un par de metros de ancho, todo eran bache, e sempre pinchaba a bicicleta,polas cunchas que botaban para que non houbera lama......

gustariame tamen conocer a vosa opinion sobre o paseo que planteo eu, pero sin entrar en polemicas, cada un ten os seus gustos.

Perdoade polo tocho.

saudos

Na Arousa dixo

Como non podía ser menos, a ver si acertas?..., non estou de acordo. Por partes, para min o que de verdade separou á xente do mar foi o paseo, o paseo é unha barreira en sí, salvo un par de accesos ás embarcacións e a pouca praia que quedou, dende o cantiño ao naval o mar é inaccesibel. Xa feito penso como dixen antes, que sería mellor solución que a franxa peonil estivese unida ás casas, de feito penso que a estrada é de por si tamén unha barreira de acceso ao propio paseo. A xenta anda máis ben polo alto. Como se pode supoñer, non me gustan os paseos e penso que cada metro de costa que perdemos é para peor sempre, así que si temos que facer ese sacrificio, o beneficio ten que compensar, e non creo que facer máis metros de estrada na Arousa sexa mellorar. A veces penso que confundimos accesibilidade con máis estradas.

Espero que non se faga nada do Campo á Abelleira, e si se fai, que non sexa por riba dos cons nin das praias. A ver quen é o político que se atreve a facer un paseo sen afectar o dominio público facendo todo sobre propiedade privada.

Anónimo dixo

non me esperaba menos de ti, pois a min si che digo a verdade e unha idea que non me disgusta, ten que haber unha linea entre a proteccion e a evolucion, cons na arousa si che digo a verdade para min hai suficientes poderiamos sacrificar alguns , de ahi que para min quedaria ben unha actuacion por donde dixen antes que fose blanda pero dime para que sirve ahora mismo a zona que vai dende a Kultural hasta a avilleira pequena.

non sei si coñeces o paseo que nombrei o de lordelo a terra de porto, para min e a mesma situacion , e digoche que prefiero como esta ahora esa zona a como estaba antes, ten mais ou menos a mesma distancia e antiguamente era o mesmo, unha ringleira de cons ao lado do nucleo urbano, feito unha escombrera entre a porqueria que deixaban os temporais e a que botaba a xente, de feito busquei onte unha foto pero non sei poñelas aqui , googleando un pouco sae algunha imaxe, lordelo terra porto.....

respecto a accesibilidade e as mais estradas, home eu non me imaxino a arousa agora mesmo sen o paseo hasta o naval , tampouco sen o do campo, e o que non entendo , e si eu son un visionario e me imaxino un que vaia a sair a abilleira , e si dentro de 25 ou 30 anos o faran, mellor que o fixeran ahora non crees?

saudos

Na Arousa dixo

Sabes que é o primeiro que me sae no google cando poño "lordelo terra porto"?

"La ensenada de Terra de Porto vuelve a ser una gran cloaca

Cuando se hizo realidad el paseo entre Lordelo, Terra de Porto y Rons se dijo que la obra pondría fin a los vertidos fecales y al frecuente desbordamiento de las alcantarillas, el cual hacía que el agua sucia y todos los restos que circulan por los desagües manaran libremente y de forma continua sobre la ensenada."

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2734/ensenada-terra-porto-vuelve-gran-cloacabr/83873.html

É unha nova do ano 2006. O que quero dicir é que os paseos non arranxan por si sós os problemas dos verquidos. A min gústame O Grove, é o pobo da Ría ao que máis nos parecemos. O conxunto Salga, Portiño, Sucavirto e Abelleira son moi fermosos. Agardo que un paseo non o estrague.

Anónimo dixo

si , tamen lein a entrada esa, pero tiñas que buscar en imaxes , e verias unha foto do paseo que che digo, con un carril solo, un dia que vaias po-lo grove teras a oportunidade de velo...

Claro que os paseos por si solos non arranxan os problemas dos vertidos, pero eu creo que poden poñer en valor zonas que agora mesmo non son transitadas por nadie, eu mesmo fai anos que non paso por esa zona , e coma min a maioria da xente da arousa......

Hai que diferenciar, e unha zona urbana, chea de casas, a ti gustache como esta ahora , a min gustariame con un paseo para que o disfrutase toda a illa......son puntos de vista distintos, cada un temos o noso.

Eu agardo que un paseo o enriqueza.

saudos

Anónimo dixo

Eu estou a favor dos paseos, mentras sean accesibles, e non esten sobre propiedades privadas. Eu primo a propiedad privada antes dos paseos. Na arousa parece que carecen ideas. Non sei si e culpa do concello, que as ten o as permite, pero faise cada burrada que da medo.

O paseo da imaxen e un paseo dificil de camiñar. Eu que teño crios pequenos xa non podo ir por el co carriño, e cando van camiñando sempre tropezan e caen. Asi que para min mas que un paseo e un inconveniente. Aparte de feo.

O paseo que hay do vao a carreiron. Mais do mismo. Unha parte de terra e outra de adoquins, os cales dificulta tamen o paseo, eu que teño un problema de cadera teño que caminar fora do paseo por os desniveles. Xa non quero pensar unha persona de edad. E a parte que e de terra. pois sin comentarios. Tremendo ilustre o que se lle ocurreo eso.

Pero eso si, o que esta no bao gustame, aparte que lle encontre alguns defectos na construcion, como non poñerlle un proteccion por debaixo da madeira para non criar hervas malas. Meterlle mais soportes a madeira para que non doblaran. E millor execucion na obra total. Apenas ten uns anos e xa se lle nota o deterioro.

Na miña opinion si se fan paseos estos deben de ser o mais amistosos posibles, non solo o medio ambiente, pero as propiedades e mais importante os peons que circulan e queren disfrutar de el.

O qu evai pa carreiron, non leva carril bici ahora?

Anónimo dixo

Creo que o que pasa e que nunca chove a gusto de todos, si poñen adoquin, malo, si poñen madeira , malo porque se reviran e os dous dias e un cristo, si poñen terra malo , si poñen pedra tamen porque o impacto e maior, enton que carallo poñemos??? en canto o das propiedades privadas, e coma todo, a carretera do muelle leva propiedades por diante, a carretera que ven da ponte levou propiedades no seu momento, eu creo que todas as levan , si nadie cedera parte das suas propiedades solo haberia camiños de pes.....

Eu estou a favor da peatonalizacion, e da evolucion , non quero vivir en marbella, pero tampouco me gusta que por preservar a costa tal e como esta, non se faga nada......

vouche a contar un detalle que oin este ano no chiringo da lavanqueira, o tema dos adoquins de esa parte do paseo , ou senda ou chamalle como queiras, como ti ben decias con eses adoquins non hai quen leve unha silla de un cativo, nadie entendia porque coño os poñian, hasta que alguen explicou que era porque os propietarios dos terreos que solo dan a playa tiñan que ter acceso para os coches, un dos que mais protestou por eso ten un terreo entre o chiringo do You e mais o de Vituco , pois ainda estaban poñendo os adoquins , e o tipo puxolle un cartel o terreo de Se Vende, manda carallo en la Habana......

E preguntome eu, que tipo de material seria o axeitado para esa senda??

Repecto o do carril bici, a verdade e que non teño nin idea, pero polo que vin non se lle ve moito xeito, agora que para que sea como o do bao , que a xente vai andando polo sitio das bicis , mellor que o deixen tal cual...unha senda para todos....

coincidimos en unha cousa, a parte que vai de terra eu tampouco lle atopo xeito, non sei como estara ahora coa chuvia , pero ten que dar xenio vela, irei a dar un paseo para ver como esta.........

saudos

Anónimo dixo

Hai cousas que non deixan de sorprenderme. Non entendo a falta de sensibilidade co medio cando na Arousa vivimos da natureza e dos seus froitos. Toda agresión a ela é unha agresión a nos mesmos. Non acabo de entender o axioma dos paseos, recheios e demais agresións igual a evolución. Como dicía o Krahe, prefiro vivir cunha dúbida que cun mal axioma.

Pero máis alá de discusións filosóficas, a Constitución Española, e xa van alá máis de 30 anos, no capítulo terceiro do título primeiro, principios reitores da política social i económica, art. 45 que di que TODOS teñen o dereito a disfrutar dun medio ambiente axeitado para o desenrola da persoa, así como o DEBER de conservalo. Sigue dicindo no punto segundo, os PODERES PÚBLICOS velarán pola utilización racional de tódolos recursos naturais co fin de PROTEXER e mellorar a calidade de vida e defender e RESTAURAR o medio ambiente apoiándose na indispensavel SOLIDARIEDADE COLECTIVA.

Non creo eu que os que redactaron a Constitución fosen uns radicais perigosos. Hoxe nalgúns aspectos casi o parecen verdade?

A maiores tamén hai que dicir que os artigos deste capítulo non poden ser invocados ante os tribunais para o seu cumprimento, senón que precisan de desenrolo legal. Pois ben, a famosa lei de costas, da que tamén van alá máis de vinte anos, tan coñecida na nosa terra por complicarlle a vida aos veciños aos que se lle aplica con toda a dureza posible, non se cumple nas verdadeiras agresións ao medio. Dita lei di no art. 27 que a servidume de tránsito só se ocupará excepcionalmente. O art. 44.5 di que os paseios marítimos localizaranse fóra da ribeira do mar e serán preferentemente de peóns. Ben, logo está toda a trampa das disposicións adicionais que permitiron facer todo o que se fixo, ao meu entender, incumprindo a lei. Non hai máis que ler o preámbulo da mesma, recomendoo, é moi ilustrativo.

Anónimo dixo

Perdón, o Krahe dicía cunha "boa" dúbida, e si é cunha que esté boa xa nin che conto... Saúde.

Anónimo dixo

si o facil e criticar e estar en contra de todo, pero o carallo e cando hai que dicir o que faria cada un.....sigo esperando unha resposta a que material se deberia usar no paseo/senda como coño lle queirades chamar.....

saudos

Anónimo dixo

Eu escoitei a misma historia de que os propetarios querian servicio para as parcelas. Que esto encima ainda me causa mas gracia, xa que como cita o compañeiro mais arriba, a ley de costas prohibe estas actuacions. E mais, os terrenos dentro do deslinde maritimo terrestre que si non erro na arousa, fora do casco urbano e de 100m, pois perden o dereito a eles. Non entendo enton porque facer un camiño de adoquins para facilitarlle a entrada a coches a terreno que estan dentro da servidumbre/deslinde de esos 100m.

Para min os paseos si se fan deberian de ser de un material acorde co medio. Os adoquins teñen o problema mencionado xa. A terra, non esta mal a idea pero en funcionalidad e un problema, hay zonas que con esta chuvia xa foi levada. Eu son partidario da madeira ven posta e o paseo ven feito ou de poñer pedra lisa para facilitar o transito sobre ela cos carros dos crios, os mesmos crios a camiñar ou xente como eu que teñen problemas. Eu creo que non se toma en conta as dificultadas estas a hora de eleborar un planeamiento do paseo.

Para min o do bao esta bonito, pero faltalle a execucion adecuada xa que, na miña opinion, non esta ben feito. Deberia ser madeira mais adecuada e tratada. Eu en outros paises que teño visitado e teñen paseos similares, a maderia aparenta mais forte.

Mesmo se pode aplicar as calles que se estan urbanizando no centro do casco. Moi bonitas si, pero demasiado rusticas para poder camiñar ben sobre elas, hay que tirar por o lado donde e mais liso, que e por donde hay que circular, pero en dias de procesion ou festa, camiñase por toda a rua.

Anónimo dixo

Si o fácil é criticar, porque non criticas ti tamén?

Anónimo dixo

o sea , que segun ti o ideal para a senda/paseo seria pedra lisa, si lle puxeran pedra lisa estarias dicindo que eso e unha aberracion , que o impacto ambiental e moi forte....

en canto o da lei de costas, moi ben, a 100 m. da marea mais alta , a mitade da illa seria de costas, non quero oir o que lle toque.....

A madeira do paseo do bao, e tratada , pero xa vemos os resultados que da, un custo de manter que e inasumible, pasa o mesmo no que hai por pedras negras, son moi bonitos pero non dan resultado, ademais que para levar o carros dos nenos non sirven, de feito estos van po-lo carril bici....

As calles do casco urbano a min gustanme moito, hai unha parte lisa que seria a acera, pero ainda hai a xente que lle estorba...

Eu critico cando vexo algo que non me gusta, pero aparte de criticar tamen dou unha opinion do que me gustaria a min , que non sempre sera o adecuado, solo e o que me gustaria a min.

coincido contigo no do bao , esta moi bonito, pero bastante mal rematado, porque o carril bici por exemplo luciria moito mais con unha simple linea delimitando os dous sentidos , pero eche o que hai.
A verdade e que non sei si a senda leva ou non (carril bici), eu non lle vexo xeito de que o leve , e penso que lle quedaria moi ben.....

un saudo.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...