14.1.10

A furia do vento

Un guindastre retirando un dos barcos que vararon na praia

O temporal afectou a todo tipo de embarcacións

Contemplando os desperfectos, no Lagartiño


O temporal de "vento do alto" (Norte) da madrugada do 14 de xaneiro causou desperfectos en terra e mar. O vento chegou a acadar rachas de 170 km, segundo aseguraban os mariñeiros, citando o "medidor" do barco de Chiquita. Cinco barcos bateeiros con amarre na zona do Lagartiño (Júpiter, Carallada, Roxo, Androcles e Machado) vararon na praia, logo de que romperan as barbas que os suxeitaban aos mortos. Por toda a Arousa afundiron lanchas e romperon numerosas embarcacións de madeira, como dornas e gamelas. A furia do temporal tamén puido con algunhas bateas, que quedaron á deriva e vararon no Terrón. En terra, o incidente máis aparatoso foi o desprendemento do tellado do instituto.

2 comentarios :

Anónimo dixo

A veradade e que a intensidade do vento que vivimos este dia na Illa foi fora do normal. O triste e que sigamos tendo unhas infrastrusturas portuarias tan arcaicas. O novo dique sirve solo, para picar mais o mar, os barcos que romperon amarras todos eran do aguiuncho, e o pantalan andaba a tombos. Que houbese pasado si un barco dos que amarra no cantiño se fora e fose contra o pantalan, quen houbera parado unha mole de 40 ou 50 tolenadas a petar contras planeadoras mais pequenas, que pasaria si os cachos da batea da confraria, (vaia abandono), en vez de quedar no campelo seguiran contra o cantiño. Houbo moitos desperfectos, a miña solidariedade cos afectados que pudemos ser calquera dos que vivimos do mar, pero puido ser moito peor, algo que nos deberia invitar a reflexion. Temolo peor porto da Ria e e unha pena.

Anónimo dixo

coincido en todo no comentario de arriba, espero que esta desgracia sirva de punto de inflexion para que por fin teñamos un porto en condicions e non ter a vida a merced das condicions climatoloxicas, haberia que facer unha manifestacion para reclama-lo , algo no que estivese toda a illa para que tivese repercusion, sin ir a ningun lado nin facer moito barullo, tan solo dicir aqui estamos e necesitamos un muelle abrigado , no propio muelle , a ver si os que dibuxan os proxectos se dan conta de unha vez que estamos totalmente desamparados.

saudos

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...