Buscar neste blog

28 de dec. de 2009

Colectivo escultórico Azul

Unha mostra das esculturas expostas

Peza de Néstor Vázquez


Ata o 8 de xaneiro pódese visitar no auditorio unha mostra do colectivo escultórico Azul. O grupo, formado inicialmente por ex alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo, traballa na procura das diferentes posibilidades artísticas que ofrece a madeira, en combinación con outros materiais. A exposición reúne unhas quince esculturas de Xulia Neiva, Pepe Guenaga, Carlos Graña, Suso Corrales, Néstor Vázquez e Pablo Sexto.

6 comentarios:

  1. Peaso tranca...ten a figura. Non entendo a deformación simbólica da figura humana e o mantemento do pirolón...supoño que algo de orgas-místico terá...
    Decídelle a Kiko da Mora que peche a porta que voan as follas.

    ResponderEliminar
  2. Interesantes esculturas as que se mostran na exposición....do mellor, as pezas de Pablo Sesto!!

    ResponderEliminar
  3. Como crítica ó concello...podían valorar un pouquiño máis ós autores das pezas e permitir que a exposición esté aberta polas tardes. Onde se viu que unha exposición só de poida visitar de mañá de luns a venres e os sábados pola tarde?? Menudo interés demostran por que se fagan cousas interesantes neste pobo. Si a filla do alcalde salise escultora, as súas obras estarian expostas día e noite con Kiko da Mora de segurata!!
    Pero pa estas....non teñen persoal que abra as portas e vixile o multiusos!! Excusas baratas!!Así nos vai...

    ResponderEliminar
  4. peaso trancón!!!

    ResponderEliminar
  5. creo que un vendedor de viagra encontrou este blog...

    ResponderEliminar
  6. Vaia ataque! Deixaron comentarios en chinés en todas as entradas do blog desde o ano 2006. Pouco a pouco ireinas borrando, non o dou feito.
    De momento, queda cambiado o sistema de comentarios, agora con verificación de palabra. Pídovos desculpas polos inconvenientes que poida causar.
    Saúdos

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.