28.11.09

Pensando xa no aguinaldo

Unha pequena colección de chisqueiros


Agardemos que a crise non remate co bo costume dos bares e pubs da Arousa de darlles aos seus clientes un aguinaldo de Nadal. Os fumadores aproveitan a ocasión para facer provisión de chisqueiros, un agasallo que, ademais de ser práctico, pode chegar a ter un valor sentimental. Cando os lugares que promocionan desaparecen, os chisqueiros viran pezas de colección, cobizados testemuños de noites pasadas.

4 comentarios :

Anónimo dixo

ten que haber aljún que enche o queixón porque a min jodédesmos todos!!

Esther dixo

A MIN HABER SI MOS ENVIAN A CASA XA QUE VOU POUCO OS BARES E NUNCA ATOPO UN MECHERO PA ENCENDER O PITILLO. NON SEI COMO ME ARREGLO PA FACELOS DESAPARECER!

Anónimo dixo

eu sempre teño o bolso "petao" de cousas, pero o mechero...nunca aparece!!debe ser certo que alguén os ten todos nun queixón!!

Esther dixo

un queixon e un queixo grande? ji. ji. o misterio dos mecheiros vai parecer isto! si no los tres non topamos un triste mecheiro debe ser o que fixo a foto o que os ten todos agochados non?

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...