21.11.09

Pensamentos contracorrente

Captura de pantalla do blog

Ramón Otero Oubiña, bateeiro da Illa de Arousa, mantén desde o pasado verán un blog denominado Pensamentos contracorrente, no que leva publicados algúns artigos interesantes sobre a situación do sector mexilloeiro. Para o blogueiro arousán, a competitividade, a cohesión e a rendabilidade do sector mexilloeiro están estreitamente vinculadas ás decisións da Consellería de Pesca, e relaciona os vaivéns do sector coa promulgación de leis, normativas e decretos.

6 comentarios :

Anónimo dixo

vaia vaia, todo un hallazgo Na illa , dende aqui quero felicitar a Ramon porque as suas reflexions son compartidas po-lo 80% de bateeiros da Arousa, e imaxino que pola maioria dos bateeiros galegos.

A union e posible , non perdamos a esperanza, son catro que nos queren manipular, pero eu confio en que algun dia , non moi lonxano, esto cambiara.

A verdade e que da gusto leer a Ramon, creo que si esto fose asi de mal poderia encontrar traballo de periodista, e sustituir a Manuel Mendez o do Faro de Vigo , que e un exemplo de periodista malintencionado, a sua profesionalidade deixa moito que desexar, e un triste exemplo de intrusismo laboral , xa que nin periodista e , pois tan solo estudio un ciclo de FP de automocion ou algo asi, cada vez que vexo como e o portavoz de Xabier Blanco, sinto nauseas, dame lastima, e un sinfin de sentimentos mais que me gardo para min.

un saudo.

Anónimo dixo

Dacordo co comentario de Manuel Mendez, ese tipo e un terrorista informativo, so trata de sacas titulares con bombo, e sensacionalistas que lle debe dicir JB. A union e posible so si estamos convencidos, e agora mesmo a xente non esta convencida, e eses catro que manipulan, realmente non sei quen son. Un anos parecenme uns o ano seguinte parecenme os outros. Eu creo que a única solucion e que as agrupacions, se unan entorno a Opmega, que e o menos malo que hai no sector, con todolos problemas que ten, e xa sabemos todos. Mentras non teñamos unha Opmega, ou Cemaga ou Pladimega ou como queiran chamalo con o menos o 70 por cento do sector, estamos moi jodidos. Pero hai moitas produccions propias e moitos intereses creados, e a xente non esta disposta a ceder. Cedendo gañaria mais diñeiro, pero cada un segue arrimando a ascua a sua sardilla, e hai veces que queiman a sardiña e outras queda sin asar.

Anónimo dixo

E imposible conquerir non digo xa a unión máis a toma de acordos beneficiosos para o sector. Parece que calquer medida que lle beneficie ó veciño e mala ainda que eu saia gañando con ela.
No BNG tiñamos artellado un plan que foi dinamitado polo sector e que de executarse conqueririase a dinamización e diversificación que requría o noso mar.
Pasaba pola profesionalidade dos bateeiros que hoxe en dia e un tanto cuestionable xa que ben sabedes que mete baixo esta etiqueta a individuos que non viven do mexillón e polo tanto o seu precio importalle ben pouco ou peor o que lles interesa é que esté baixo dado que tamén o comercializan.
Doutra banda estaba a utilización das bateas menos rendibles para o cultivo de outras especies. O salmón que asimesmo creo que foi outra oportunidade perdida xa que se adicarían as bateas de menos calidade e quitaríase unha gran cantidade de producto do mercado ó tempo que se cobraría presencia noutro ambito o peixe do que se coñece xá toda a sua fase de producción e garantiríase ou ampliaríase o número de personas traballando ó tempo que se acadaría unha desconxestión do mercado do mexilón.
E polo tanto a nosa propia ruindade a que nos leva a este estado por non falar xa da continuada demagoxia que se fai dende foros como a denominación de orixe que seguro que pronto escoitaremos neste foro as múltiples ventaxas acadadas dende a sua invención pero que nadie vé por ningún lado.

Anónimo dixo

o egoismo e o interes particular fixo que alguns directivos foran a chile con politicos gallegos, esto de chile sabia calquera que solo buscaban meter o mexillon en europa, pasa por poñer a animaliños governando e ainda hoxe non pediron perdon que ben os esta

Anónimo dixo

O DO BLOQUE E ASTUAS BATEAS POÑIAMOLAS PARA PEIXES A QUE SI,DIRIAS TI AS MIÑAS NON QUE NON SON BATEAS MALAS PARA PEIXES AS DE ALGUN PRINGADO

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...