30.11.09

Chuchamel


Por que lle chamarán chuchamel, sendo como é tan agre?

8 comentarios :

Esther dixo

Eu tampouco entendin nunca porque os vinagrillos eses lles chamaban chuchamel.agora si, a flor e moi bonita e sempre me gustou mais facerlle fotos que chuchalos. bikiños!

Na Arousa dixo

O que nós chamamos chuchamel, non é un chuchamel. Segundo os dicionários, chuchamel é Lonicera periclymenun, en castelán madreselva, que si é doce. Tamén se lle chama así a unha planta de follas dentadas parecidas ás das ortigas (estrugas) e flores de cor púrpura, Lamium maculatum, estas non as probei.

Creo que ao que nos lle chamamos chuchamel é, como dicía Esther, ao vinagrillo, que me parece que lle chaman así polo levante. Paréceme que a espécie sería Oxalis pres-caprae.

Cun pouco de imaxinación, as flores son parecidas. Necesitamos a axuda de Juan.

jallel dixo

Pois si non é un chuchamel¿como lle chamaremos agora? ¿floriña amarela?
Un chuchamel é un chuchamel é un chuchamel.

McMill dixo

Eu creo que na Arousa hai polo menos dúas cousas ao que a xente chamamos chuchamel, un é a flor do trébol (Oxalis é 'trébol' en grego) e outro é umha flor similar, amarela, que agora non sei o nome científico (vou procurar).

Ayla, la Loba dixo

Qué máis da neste caso o que diga o diccionario?

Eu nunca oín a ninguén chamarlle "chuchamel" á madreselva.
E o chuchamel e chuchamel para todo o mundo...menos para o diccionaria, claro.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...