13.11.09

As importacións de mexillón foron impulsadas dende a Xunta

Descarga de mexillón no Chufre

O director xeral de Competitividade e Innovación da Consellería do Mar, Xoán Maneiro, vén de declarar que o complicado momento que atravesa o sector mexilloeiro galego é consecuencia das guerras internas do sector. Á marxe dos problemas organizativos que poidan ter os bateeiros, Maneiro semella esquecer que foi a propia Xunta de Galicia, a través de misións comerciais pagadas con cartos públicos, a que alentou a entrada do molusco chileno no mercado galego. Xa no 2003, o entón conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, encabezou unha delegación comercial a Chile, co obxectivo de atopar novos proveedores de mexillón, co argumento de que a produción galega non era capaz de satisfacer a demanda, tal e como se recolle nesta entrevista. O conselleiro incluso lles recomendou aos produtores chilenos que cambiasen o nome de “chorito” polo de "mexillón” para ter éxito no mercado.
Formaban parte daquela delegación, entre outros, o propio Maneiro, por entón director do Centro de Control do Medio Mariño, e Anfaco, a asociación de conserveiras liderada por Juan Vieites.

24 comentarios :

Anónimo dixo

Entre outros..."directivos del sector mejillonero, Consello Regulador del Mejillón de Galicia (presidente José Figueira Galván), Agame y Opmega.

A situación actual non sería posible sen a colaboración dalgunha xente da parte produtora.

Todo isto aconteceu despois do Prestige. Aquí tedes a auténtica vaga de merda que nos chegou verdade.

E agora que viñeron a por min, non teño a ninguén ao lado.

Na Arousa dixo

Paradoxos paradoxalmente paradóxicos.

Si os produtores se xuntan para fixar prezos mínimos e condicións de pago, di a Xunta defendendo aos seus amigos que vai contra o libre mercado. Si os depuradores, fabricantes, cocedoiros ou a nai que os pariu, perdón, quixen dicir transformadores, tamén teñen bateas,... isto si é libre mercado. Por certo, un inciso, como fan pare repercutirse o IVE a si mesmos. Habería que preguntar na facenda. Seguimos.

Que a UE permita a entrada de mexillón chileno ou asiático é libre mercado. Qué grave con aranceis a conserva de ditos produtos nos países de orixe ...tamén é libre mercado.

Que sexa a propia Xunta, cos cartos de todos, a que poña a andar misións comerciais para fomentar a importación de produto chileno... é defender o interese xeral. Que parte do sector produtor participe da mascarada é ..., non sei si de parvos ou de listos.

E os produtores que din de todo isto. Pois algúns están agardando pola pensión do mes que vén que é dobre para darlle cincuenta euros ao neto.

Anónimo dixo

No soy bateeiro ni marinero. Pero lo que esta pasando me parece un verguenza. Como puede la Xunta de Galicia usar dinero nuestro para fomentar la importacion de un producto que se cultiva aqui? No lo entiendo. Quien esta ganando en esto? Algo raro la verdad. Yo soy empresario y tengo un negocio que lucha dia a dia contra los productos comprados fuera. Es hora que el Gobierno local como nacional luche por nosotros y nuestros productos.

Yo desde luego si no es mejillon de la ria de arousa no lo quiero.

Se me ocurren algunas ideas asi a lo pronto y sin conocer nada del sector..... Porque no hacer una cooperativa donde los mismos bateeiros ponen su producto en el mercado? Conseguir una denominacion de origen y venderla como producto de calidad. (porque ademas lo de fuera es una mierda de producto)

Animos a todos y a luchar por lo vuestro.

Anónimo dixo

A los que están jodiendo a los marineros y al mejillón gallego para su propio beneficio:
Ir a decirle a los franceses que importen vino de Asia y que le metan la etiqueta de Burdeos, a ver que os dicen.
Vaya mierda de país tenemos.

San Martiño bateeiro dixo

Bateeiros soberbios sempre miráchedes por enriba do hombro ao resto dos mariñeiros e non digamos ós demáis traballadores. Agora non vendedes nin un saco en rebaixas e estades dos nervos. Non se gana nin para gastos do barco. Cóbrase cando se cobra. Aínda enriba as cousas teñen que, por naturaleza, ir a peor: que será dos pequenos bateeiros dentro duns anos cando os fillos medren e pidan parte das ganancias (=vender) e non haxa permex para outros oficios. Quen traballará as bateas cando non queiran os fillos seguir co oficio (=vender). Por qué agora nadie quere bateas nin regaladas.
Bateeiros soberbios estavos a chegar a hora de baixar a orella.
PD: sempre podedes poñer un bar no rejeiro.

Anónimo dixo

Ahora andades a resucitar vellas liortas (joder, solo sabedes embarullar, armar follón, apedrear casas, tirar vaias, encher de gas os camións nos muelles, e en definitiva desfacer, nunca fóchedes capaces de construir ou eu non me lembro en varias ducias de anos que teño que construírades algo que permanecera no tempo-tomade exemplo de como se organizan noutros sectores primarios coma o vitícola ou mesmo as mariscadoras-) sodes intrínsecamente autodestructivos pola soberbia e xa andades a ver chivos expiatorios que é o único que vos une e logo á hora da verdade, merda pa vos, todo salta polos aires porque sodes xigantes con pes de barro. Moito mercedes, moito audi, moita moto, moito quad, moita casa de pedra, todo me parece ben, pero hai que aforrar pas choras.

Anónimo dixo

"Yo desde luego si no es mejillon de la ria de arousa no lo quiero."

o problema e que compres unha lata en un supermercado , que poña mejillon de las rias gallegas , e dentro teña mexillon de chile, eu son bateeiro e a miña muller colaronlla en un super, para encontrar no envase a procedencia do mexillon, tiven que chamar a Grison o do CSI e que me deixara unha lupa.

"Se me ocurren algunas ideas asi a lo pronto y sin conocer nada del sector..... Porque no hacer una cooperativa donde los mismos bateeiros ponen su producto en el mercado? Conseguir una denominacion de origen y venderla como producto de calidad. (porque ademas lo de fuera es una mierda de producto)"

Esta parte do comentario tomo como unha ironia, porque estou seguro de que sabes que todas esas ideas que dis ter, levamos moitos anos intentando leva-las a cabo , pero unhas veces por maniobras de grandes empresas en colaboracion coa Xunta do PP , e outras por culpa de uns dirixentes do sector ,que non saben o que e poñer unha roupa de aguas porque as bateas caironlle do aire, e el traballa nun banco ou simplemente no traballa, vamos que non lle doi no lombo , no somos capaces de levalo a cabo.

Por ultimo falar da ultima maniobra da concelleira do mar e os seus medios afins (vexase M. Mendez no Faro , este daria para abrir unha discusion a parte, porque o voceiro de Javierito Blanco ten tela) , amedrentarnos con que europa nos vai a subir o 200% de peches por toxina, montaron tan ben a pelicula e saeu tantas veces na prensa, que a xente cree que e verdade , e tan solo e un cambio de metodo, nada de niveis de toxinas ,e si non tempo o tempo, pero claro aproveitou a viaxe a Bruselas para pedir que non saquen os aranceis de non sei que parte do mundo , sinon entraria o atun asiatico e joderia ao secretario de Anfaco(Sr. Vieites , outro que ten tela) e compañia , senon tempo o tempo, xa veredes como ao final non era asi e anotaranse o tanto de que eles puxeron frente , etc ,etc......

unha cousa hay que admitila, sabeno facer moi ben, son uns artistas......


Pd: para na Arousa, esto totalmente dacordo contigo, pero sempre noto nos teus comentarios un certo resquemos cos bateeiros, e tamen cos xubilados, esto ocorre en todo-los sectores , hay xente que sigue indo, hay xente que vai os chopos e gaña mais que un rañeiro, e hay xente que xa era palanquina na sua vida laboral e non fai nada agora tampouco, pero non entendo o teu resquemor......

saudos

Anónimo dixo

Sabes mejor que nadie que me fallaste,
que lo que prometiste se te olvidó;
sabes a ciencia cierta que me engañaste
aunque nadie te amara igual que yo.

Lleno estoy de razones pa' despreciarte
y sin embargo quiero que seas feliz.

Que allá en el otro mundo
en vez de infierno encuentres gloria
y que una nube de tu memoria
me borre a mí.

Dile a quien te pregunte que no te quise,
dile que te engañaba, que fui lo peor,
échame a mí la culpa de lo que pasa
cúbrete tú la espalda con mi dolor.

Y allá en el otro mundo
que en vez de infierno encuentres gloria
y que una nube de tu memoria
me borre a mí.

Anónimo dixo

para os dous anonimos que escriben arriba e poñen a pingar os bateeiros , tan solo decirlle que si tan baratas estan que compren unha, e que non se preocupen, que si a min me vai mal a eles tamen , porque eu na casa non ei quedar a mirar , e sinon podo vivir da batea , comprarei un permex e irei o raño, e el gañara menos, e si non e rañeiro e ten un negocio, eu non terei cartos para gastar e el tera que pechar a porta.

PD: se a envidia fora tiña.....

sempre o digo, un do PP con cartos ten certo sentido, pero que un miserable sexa de dereitas , conservador , que carallo quere conservar?? ser un miserable o resto da sua vida??

que pais..

Anónimo dixo

Como diría Pepiño, en tan bajo "conceto" te tienes? Por qué "miserable" cando unha boa parte anda en coches de "importasión", ten chaléts de pedra, e visita a R. Dominicana en vacacións? o que sodes é progres da pasta ou parné e sobre o de comprar unha batea...nin regalada cha quero, para qué, para non ganar pa jastos, pa andar metido en follóns día e noite, para qué, anda, para qué. Quizás non valjan catro chavos pero tampouco renden como para valer o que valen, ti o sabes ben.

Na Arousa dixo

Se alguén se sente aludido cando critico algunha actuación será problema del. Estabamos a falar do sector mexilloeiro, pero si mo preguntas, paréceme igual de mal que un xubilado siga a traballar nestas condicións. Este sería un tema máis largo de explicar pero penso que se entende cando critico aos bateeiros xubilados que seguen a traballar. Que eu faga mal non xustifica que ti tamén o fagas. Por outro lado, "resquemor" cos mexilloeiros, así en xeral, ningún. Tampouco me sinto orgulloso, nin unha soa iniciativa que crease riqueza colectiva. Moita soberbia. Todo vale sempre que sirva, presuntamente, aos intereses do sector, e agora algúns senten soidade. Que lle vamos a facer. Sairedes adiante, o problema, igual que en crises anteriores, é que hai xente que vai quedando non camiño.

Anónimo dixo

Un presumido fachendoso con Mercedes á porta que vai traballar e cando entrega o seu produto faino nunhas condicións de prezo e garantía de cobro que o degradan e humillan ata onde moitos non estamos dispostos a chegar. Este é o perfil de moitos bateeiros de hoxe. Problema, que agora non teñen cartos para a gasolina do mercedes. Non sodes exemplo de nada nin de ninguén.

Estou de acordo con Na Arousa, por exemplo, si se fai unha depuradora ou cocedoiro enriba dos cons, ninguén di nada, caábianse as normas urbanísticas si fai falta. Agora, si é para un hotel, uf, eso está fatal, atenta contra o medio ambiente.

Tamén di algún que vai comprar un permex ou que irá a outro oficio, coma se non fose o que fixeron sempre. Vaia ameaza. Agora ben, que non fale de que si el non ten cartos non vai mercar na Arousa, porque esa xa non o fixeron nunca.

Anónimo dixo

que bonito e criticar baixo o anonimato en un blog, estou seguro de que mais de un no camiño non abrides nin a boca, pero e o que teñen os pobos pequenos, moita hipocresia, eu non teño bateas , pero si amigos que as teñen , e non teño envexa deles porque o que teñen gañano traballando , coma min , non entendo como pode haber tanta envexa volcada en alguns comentarios, de seguro que na vida real botadeslle a man polo lombo e sodes tan amigos.

Anónimo dixo

E triste que tanta xente se alegre do mal alleo. Eu vivo dunha batea, e as cousas non estan ben, pero non estou contento de que os berberechos vaian a menos de dous euros na lonxa. Eu quero que todo o mundo coma e que todos poidamos progresar, e que cada un co seu traballo que compre os coches que queira, e faga as suas casas coma poida. Mal de muchos consuelo de bobos.
Noutro tema parece que o volver o PP a xunta acordamonos do Prestige e de Lopez Veiga no Blog. O Prestige foi un accidente mal xestionado, pero o dese conselleiro foi de pena, pero xa sabiamos todos hai dez anos. Eu durante catro anos de bipartito non vin que a cousa se arreglara, senon todo o contrario. Por eso sigo dicindo que os problemas do sector nun 90% son culpa nosa, dos propios bateeiros. Eu fago autocritica, e non son, que tamen, critico os demais. Un saudo a todos incluso os de que se alegran de que cada vez gañe menos cartos coa miña batea.

Anónimo dixo

Ai, pobriños, que peniña me dades algúns bateeiros.

Xa falando en serio. A nova do blog é moi acaida. Resposta a unhas declaracións da Conselleira e do Maneiro. Está de actualidade. Por outro lado, o tema mexilloeiro sempre foi un asunto preferente neste foro, como non podía ser doutro xeito si falamos da Arousa.

Non era un tema menor que a anterior Consellería retomase o verdadeiro carácter das bateas, que son nin máis nin menos que concesións en dominio público, de todos, e non a leira de catro que para facer o que fixéstedes mellor houbese sido empregar as axudas de Europa en criar porcos.

Anónimo dixo

"Eu quero que todo o mundo coma"... Iso faiche ser unha boa persoa, si señor. O Noso Señor o que dicía é dálle de comer ao famento, é dicir, un imperativo de acción, non de mero desexo que é o que ti propós, situándote por riba do ben e do mal. Despois resulta que vos ofendedes todos cando a algúns se vos chama fachendosos. Baixade da nube un pouco anda. Eu tamén son bateeiro. Preocupácheste moito ata o de agora de que comese todo o mundo ou fas como o papa cando foi a África e tiroulle dunha orella a un neno moi fraco dicíndolle que tiña que comer de todo.

Anónimo dixo

Eu non entendo, que aqui uns falan de criar porcos e outros do Papa, que me baixe da nube. Sinceramente eu solo critiquin a envexa e animadversion que ten algunha xente hacia os bateeiros, e a nos mesmos por buscarnos a situacion na que estamos. Tan sinxelo e claro coma eso.

Osdegradínsinpapeis dixo

Que non se me enfaden os sociatas:

Un abogado socialista, se casa con una mujer que ya se había casado anteriormente 6 veces. La noche de bodas, en la habitación del hotel, la novia le dice:

-¡Por favor, mi amor, sé delicado, que yo todavía soy virgen!

El novio, perplejo, pues conocía la existencia de los 6 matrimonios anteriores, le pidió que le explicara cómo era posible que siguiera virgen después de 6 matrimonios. Ella respondió:

-Mi primer marido era psiquiatra, y sólo le interesaba hablar sobre el sexo.
-Mi segundo marido era ginecólogo, y sólo le interesaba examinar el aparato sexual.
-Mi tercer marido era filatélico, y sólo le interesaba lamer.
-Mi cuarto marido era Director de Ventas, y decía que sabía que tenía el mejor producto pero no sabía como utilizarlo.
-Mi quinto marido era funcionario, y decía que sabía perfectamente cómo hacerlo, pero que no estaba seguro de que fuera trabajo de su competencia.
-Mi sexto marido era informático, y decía que si el aparato funcionaba, mejor era dejarlo tranquilo y no tocarlo.

Entonces el marido le pregunta:

-¿Y, después de tantos fracasos, cómo te decidiste a casarte, otra vez?

A lo que la mujer le responde:

-Pues porque tú eres abogado y del PSOE, por lo que estoy completamente segura que, al final, me vas a terminar jodiendo....

Anónimo dixo

Esta ben o chiste, un pouco de humor nunca esta de mais.

Esther dixo

Os culpables foron como ti dis os da xunta e mas culpables o sector mexilloeiro por permitilo e acompañalos a chile a vendernos a nos mesmos. o peor de todo e que seguimos sin facer nada.lamentandonos da mala situacion polas esquinas poero sin ter o que hay que ter pa poñerlle freo a isto que esta pasando.

Anónimo dixo

home , querida esther , sen animo de ofender, non sei se querias firmar o comentario co teu nome , ou te colaches, pero precisamente os mexilloeiros que van saltando de unha agrupacion a outra e poñense o sol que mais lle quenta , non son os mais indicados para queixarse da situacion actual.

saudos , felicidades polo blog.

Anónimo dixo

Insisto, o 90% do problema somos os propios bateeiros. Que fabrica vai traballar hoxe con un desconto si mañan ofrecen os de aqui mais, e os de ali menos, e os de acola gratis, e a min pagame cando poidas, e o meu e mais grande, etc,etc,etc. E fácil botarlle a culpa os demais, pero o primeiro e mirarnos o ombrigo e despois loitar, contra o fraude das importancios. Mentres tanto andaran con nos coma con trapos, e non nos merecemos nada mellor.

Esther dixo

Querido anonimo! eu non me agacho como fas ti.si alguns saltamos agrupacion a outra e nos poñemos o sol que mas quenta, sera porque estamos fartos de inutiles que solo saben falar polos muelles e queixarse sin facer nada, e fartos tamen de xente que vai de legal son os mais ilegais que hay nesta nosa arousa, moita lenguiña pero cnado os demais nos vai mal se nos di que, que pena pero alguen se ten que quedar no camiño. pois quedade vos, alguns nos pensamos quedarnos. boa sorte e gracias por ver as miñas fotos.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...