Buscar neste blog

25 de out. de 2009

Concertos, agora tamén no pub A Kultural


O pub A Kultural decidiu organizar unha serie de concertos para animar as fins de semana das frías noites de inverno. A iniciativa bota a andar o vindeiro 14 de novembro, coa actuación da banda viguesa Minim.
Os concertos do Kultural súmanse á oferta habitual de música e teatro do pub Con do Moucho, e á programación cultural do Concello, que se desenvolve cada sábado no auditorio. Para o 12 de decembro, por certo, está prevista a actuación do grupo 6.P.M., do que forma parte o arousán Iván Oubiña.

4 comentarios:

  1. Cidadan_8625/10/09, 22:54

    é a primeira vez que vexo de tag de musica ciberpunk. habra que velo!

    ResponderEliminar
  2. qué é un tag?

    ResponderEliminar
  3. Ao pé do monte26/10/09, 18:23

    Un "tag" é una etiqueta, e nos blogs serve para clasificar noticias por temas. (o comentario de Cidadan_86 refirese á etiqueta musical coa que se define o grupo no cartel, non a un tag informático) Saúdos!

    ResponderEliminar
  4. No sabia que teniamos talento artistico en A Illa. Pense que Trillo era el unico aventurero pero veo que Ivan Oubiña y 6.p.m. no esta nada mal. Enhorabuena!

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.