26.10.09

Bugallos

Un bugallo, entre os restos da mallante

O bugallo é un "tumor" do carballo, inducido polos insectos

Os bugallos agochan no interior larvas

Entre os residuos da mallante é moi habitual atopar bugallos, unha especie de bólas que forma o carballo arredor dos ovos de determinados insectos. Unha vez que se desprenden da árbore, os bugallos ou carrabouxos chegan ata a praia arrastrados pola marea.

5 comentarios :

Anónimo dixo

pois mira por donde, teños visto na mallante e nin sabia o nome nin sabia de que arbore caian, nunca te acostaras sen saber .......

Cidadan_86 dixo

:O non tiña nin idea de que era eso, si que me teñen enseñado a larva que hai dentro. pero non sabia que era. sempre me extrañou ver un bicho dentro de unha "semilla" que era o que pensaba que era eu, non un tumor

Na Arousa dixo

Unha crítica, non sei si residuo é a verba mellor acaida á mallante. Tamén é discutible a orixe e itinerario desta cecidia que de pequenos usabamos para facer unhas pipas de xoguete engadíndolles un pau e baleirándoas, hai carballos na beira do mar. Polo demais, moi bo, eu pensaba que eran para confundir ós paxaros e que estos comeran os bugallos e non as landras.

nailla dixo

Na arousa, tes razón en que os bugallos non deben chegar á praia só a través dos ríos, así que xa está corrixida a información. Con respecto á palabra "residuos" está usada aquí como sinónimo de "restos". Como lle chamarías ti aos diversos elementos da mallante (algas, paus, animais mortos, follas, plásticos.. etc)?

Na Arousa dixo

Nos dicionarios consultados, a mallante está composta de residuos, polo tanto estaría ben empregado, sería como dicir entre as areas da praia. Foi un primeiro impulso inicial no que seguramente me colei centrándome no aspecto case sempre negativo que se lle da ós residuos e ó feito de considerar así á mallante. Estarías polo tanto empregando un recurso literario que se chama pleonasmo. Vai resultar que tes dotes para a poesía. Por outro lado, xa sei porque o identifiquei con algo malo, lembrei o artigo "o pleonasmo de don manuel", de Manuel Rivas. O eterno retorno. Saúdos.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...