Buscar neste blog

30 de out. de 2009

As rendas dos labregos á Igrexa

Fragmento da "renda de froitos" da illa de Arousa, do século XIX


O Ministerio de Cultura mantén na rede un interesante portal destinado á difusión do patrimonio histórico documental. Entre os arquivos dixitalizados que se poden consultar, figuran varios sobre a Arousa, como a carta do rei Fernando IV, pola que se lle concede ao mosteiro de San Martiño Pinario o privilexio de cobrar as rendas reais dos habitantes da illa de Arousa, coa condición de que os benedictinos manteñan acendida día e noite unha lámpada que o rei ordenou poñer na catedral compostelá. Do ben que a Igrexa levou as contas nos séculos sucesivos, dan fe os libros das rendas, tamén de acceso libre, nos que figuran por orde alfabética todos os pagadores arousáns, así como a cantidade de trigo, millo e centeo que abonaron.

21 comentarios:

  1. Esto é todo un luxo. Un chega a experimentar un certo formigueo e ansiedade ao comprobar como moitos dos apelidos de entón se repiten agora. Nuns casos serán os nosos antergos, noutros pura coincidencia. O caso é poder disfrutar da sensación un tanto nostálxica de que algo noso pode pervivir de cara ó futuro.
    A curiosidade máis pronta que lle atopo ao documento é a que me leva a preguntarme de donde extraían o aceite, do peixe?, había oliveiras na Illa?

    ResponderEliminar
  2. Por certo, "unha limosniña polos difuntiños que van alá"

    ResponderEliminar
  3. Pepito, non me fixara no detalle do aceite. En que páxina o viches, máis ou menos?
    Outra cousiña, para os que non poidan ver correctamente as ligazóns desta información: hai que darlle a actualizar.

    ResponderEliminar
  4. No enlace, no encabezamento da trascripción da carta do rei Fernando IV di máis ou menos o que ti pos, engadindo o do aceite: "Carta plomada de Fernando IV por la cual concede al monasterio de San Martín Pinario todos los pechos y servicios reales, moneda, yantar, fonsadera, martiniegas, acémila y otros derechos reales, que habían de pagar a la corona los habitantes de la isla y de Arosa, con la condición de que provea de aceite y mantenga encendida día y noche la lámpara que el rey ordenó poner en el altar de Santiago de la catedral compostelana."
    Entendo que son os benedictinos os que deben de abastecer o aceite pero o que non me queda claro é si se proveían na Arousa, de ahí a miña curiosidade.

    ResponderEliminar
  5. Obrigado pelo link, NaIlla. Sobre o comentário do azeite refere-se a uma contrapartida que os freires têm de pagar pela concessão da Arousa. O azeite não tinha de ser produzido pelos freires nem na Arousa. Contudo, os mosteiros tinham os seus recursos próprios e o cultivo das oliveiras na Galiza estava mais estendido do que agora, quase exclusivo de Quiroga. Na nossa contorna é de ver uma pedra dum moinho de azeite que havia na entrada do Mosteiro de Armenteira, que acho segue a estar lá.

    ResponderEliminar
  6. Jose Luis Dopico, por favor escribenos en galego, si che gusta escribir eso raro que debe ser portugues, escribeo cos teus amigos portugueses, pero nun blog sobre a Illa de Arousa situada en Galicia, fala galego e non sexas flipado.

    ResponderEliminar
  7. "Anónimo":
    Na frase que acabas de escribir tés sete erros ortográficos no galego da RAG/ILGA que parece que queres defender.
    Iso sen contar o anglicismo/castelanismo "flipado".
    Ademáis de que confundes escribir con falar: non creo que se escoitases ao autor do comentario que criticas dirías que fala algo distinto a 'galego'. Ah, pode ser, si: ghalhegho, ou jallejo.

    ResponderEliminar
  8. Pero igual non che importa ter sete ou oito faltas na única frase que escribiches, total non vamos ser tan flipados de pensar de que a normativa do galego sirva para algo!

    E menos pensar que numha lingua poidan convivir dúas normativas!! E menos dúas linguas!!! (que total para moitos portugueses o galego nen existe, e en Espanha fala-se espanhol, por moito que insistas).

    ResponderEliminar
  9. * dúas linguas nun territorio ou estado, aclaro. E por se fai falta aclarar, o comentario é retranqueiro (Mode ironic/off).

    ResponderEliminar
  10. Cojonudo McNill o que queiras pero o meu entendese. Porque alguns teñan unha ideoloxia determinada non se ten porque justificar que se escriba en portugues raro dese. Sigo pensando que é un flipado. Eu sete faltas no sei, pero ese señor tenas todas, sigo sendo un pouqiño menos inculto.

    ResponderEliminar
  11. Sete erros pola normativa da RAG, pero se te ves máis culto, pois nada, ponte un 10...
    O peor -creo eu- non é escribir numha normativa ou outra, senon ser despectivo, cousa que ao final nos pecha portas (ou "fecha", como din en portugués e en media Galicia).
    Carlos Casares (entre outros) propuxeron que a norma RAG incluíse o -nh- e -lh-, como formas propias do galego (documentadísimas). Estaría ben escribir "A galinha azul", sendo o nome tomado dun conto del.

    ResponderEliminar
  12. Ah, e deste segundo comentario superaches-te! nove erros, pero algún deliberado ;)
    Eu non acostumo a andar corrixindo gramática (a non ser en temas lectivos), pero quen corrixe a un corrixidor... :D

    ResponderEliminar
  13. Pero xa que non o entendías, fago-che (ou fago-vos) o favor de traducí-lo ;)

    "Obrigado" polo link, NaIlla. Sobre o comentario do aceite reférese a unha contrapartida que os freires teñen de pagar pola concesión da Arousa. O aceite non tiña que ser producido polos freires nen na Arousa. Con todo, os mosteiros tiñan os seus recursos propios e o cultivo das oliveiras en Galicia ("na Galiza" tamén é correcto pola RAG) estaba máis estendido do que agora, case exclusivo de Quiroga. No noso contorno hai que ver unha pedra dun muíño de aceite que había na entrada do Mosteiro de Armenteira, que penso (ou "coido", ou "acho") segue a estar alá.

    ResponderEliminar
  14. Por cuestións 'ideolóxicas' non sabía se 'traducir' un par de palabras:

    1- "link" por "enlace": hai mentes reviradas que poden interpretar algo fóra do ámbito da informática ;)

    2- "Obrigado" podía ser "grazas", "gracias", "graciñas", "jrasias", "moi ajradesido", etc. Pero ademáis de que puxese o que puxese podía ser "ideolóxica" a tradución, así tamén se entende; e é umha palabra simpática para min:
    ARIGATO < OBRIGADO
    (jujleando)
    O léxico nipónico non continha nengún vocábulo que expresase agradecemento até a chegada dos portugueses ao arquipélago do Xapón no séc. XVI, altura en que adoptaran a palabra portuguesa "obrigado" que hoxe aparece na língua xaponesa como "arigato".

    * Hai outras palabras galegas e portuguesas en vocabularios de aboríxenes australianos, que chegaran cos primeiros europeos que chegaran á Oceanía (si, antes do que os británicos) -tamén jujleando-.

    E como alguén apuntou noutro blog de 'na illa', hai moitas palabras da Arousa que están en dicionarios portugueses pero non nos galegos, porque ningún filólogo ou "dicionarista" da RAG fixo o esforzo de incorporar palabras como "gradicela".

    http://illadearousa2.blogspot.com/2009/05/dicionario-de-ausencias.html

    ResponderEliminar
  15. O que queiras McNill moita tonteria, pero o que eu escribo entendese e o do fulano ese que ti defendes non. Eu creo que defendelo galego non e inventar un idioma novo, xa que traballo lle custa a alguns falar o que temos. Tan sinxelo coma eso. Eu teño pensado seguir falando galego, e escribindo como boamente poida e os que defendes cousas raras pois estades no voso dereito, pero facedeslle un flaco favor o galego. Pola miña parte acabouse a discusion. Un saudo.

    ResponderEliminar
  16. Caro McMill:
    Obrigado pela tua defesa, entendo que não de mim, senão de todas as pessoas que utilizam a rede para falar em liberdade. Aos anónimos que se dirigem a mim com insultos ou de jeito um bocadinho mal-educado, eu prefiro simplesmente ignora-los. Obrigado novamente. Orjais.

    ResponderEliminar
  17. Flipado, non e un insulto home, non me sexas tan sensibel. E si crees que o é as miñas desculpas Dopico. Expresarse en liberdade e opinar cada un o que pensa, e que ninguen se escandalize por eso. Escribir nun idioma extranxeiro e un pouco falta de respecto hacia os demais.

    ResponderEliminar
  18. A ti anonimo,permiteme que che faga unha suxerencia,lee con atenciòn os comentarios de Dopico e asì aprendes portugues,daquela xa non che serà unha lengua extraña

    ResponderEliminar
  19. Moi ben respostado o langran ese Dopico, a palabras necias oídos xordos.

    ResponderEliminar
  20. A ver que che parece McMill...

    http://nosquedaportugal.blogspot.com/2009/10/arigato.html

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.