18.9.09

Os preparativos do S.O.S. Komaira

A entrada do Capitol, empapelada cos carteis do festival

Socios do colectivo Comaira, preparando as instalacións para o festival

O festival S.O.S. Komaira é un exemplo de autoxestión

Mentres o galeón Comaira permanece mergullado en Castrelo, os catorce socios do colectivo do mesmo nome levan unha semana de intenso traballo para ter todo a punto para este sábado. Os concertos de grupos amigos, que colaboran desinteresadamente no festival, acompañaranse dunha exposición fotográfica sobre a evolución da restauración da embarcación. E tamén haberá empanada de mexillóns, que se servirá gratuitamente coa entrada (tres euros). O festival S.O.S. Komaira é unha iniciativa independente das institucións, destinada a financiar a recuperación dun antigo barco que ía ser despezado.

6 comentarios :

Anónimo dixo

Que difruten pero con cabeza. Que se respete o dereito dos veciños ao descanso e que non se produzan actos que deterioren o entorno urbano. Civismo chavales. Nada de vomitonas e griterías no exterior.

Anónimo dixo

A avoa a veces ten razón, e neste caso....só fai falla un pouco de sentido común para que todo saia sen incidentes.

Anónimo dixo

Incidentes? que estás a falar? que tonteria, ti o que eres é un agitador meu rei

Anónimo dixo

Eu non son rei de naide. Eu son republicano, oiches. Respectade e seredes respectados.
"O avó caracola, non sabía ler e quería por escola"

Anónimo dixo

o final non foi pa tanto, recolleuse toda a desfeita, e o barullo pois....... iso nun concerto ten que ser asi. Graziñas por todo

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...