22.9.09

Máis placas de inauguracións

Placa no cruzamento da Franqueira e a estrada das Aceñas


Se hai uns meses falabamos da placa-monumento de Fraga colocada no paseo marítimo do Cantiño, ben merece atención especial este outro monolito piramidal situado na Franqueira. O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde da Arousa, Manuel Vázquez, non quixeron deixar pasar a oportunidade de incrementar o patrimonio monumental da illa, con esta placa que conmemora a “inauguración oficial” da estrada das Aceñas. Como adoita acontecer, a vía xa existía moito antes do ritual político de inauguración, pero é xusto que as xeracións vindeiras lembren, con nomes e apelidos, quen foron os responsables de dotar a estrada de beirarrúas e sinalización, sen dúbida, unha actuación de envergadura que ficará na memoria popular. É máis, cada nova beirarrúa debería ter o seu correspondente monolito piramidal.

8 comentarios :

Na Arousa dixo

Poderiamos propoñerlle ás distintas administracións, central, autonómica e local, para que aforren uns poucos cartiños, que boa falta fai coa que estamos a pasar, que cando inauguren unha obra non poñan placa, nin fagan a paxarada da primeira pedra que tamén costa moitos cartos. O custo dunha inauguración ou da primeira pedra é elevadísimo. O que máis custa non é a pedra ou a placa, o que máis custa é o dispositivo que hai que montar. A cantidade de medios materiais e persoais que hai que mobilizar é moi custosa.

Por outra banda, hai que ver o ridículo que fan algúns cando collen na man unha pala ou un pico. Como se nota que non traballaron na vida!.

De calquera xeito, penso que a Arousa debe ser dos concellos con menos placas desas, basicamente porque tampouco é que acometan moitas obras a Xunta ou o estado.

Anónimo dixo

Na Arousa, estás moi tranquilo, casi melancólico outonal. Fáltache chispa, uumm, non sei, non sei, será o cambio de estación?

Na Arousa dixo

"Busco acaso un encuentro que me ilumine el día"

http://www.youtube.com/watch?v=7dzqrNIu7Rc

Anónimo dixo

Na Arousa , estou seguro de que che gusta mais esta.



http://www.youtube.com/watch?v=8bY8Uq8Nb7Q

saudos

Na Arousa dixo

Vaiche gustar máis esta.
Crack-Krahe

http://www.youtube.com/watch?v=GhD1Fkcn2L4

Letra de Cuervo Ingenuo :
(J.Krahe)

Tú decir que si te votan
Tú sacarnos de la O.T.A.N.,
Tú convencer mucha gente,
Tú ganar gran elección,
Ahora tú mandar nación,
Ahora tú ser presidente.
Hoy decir que es alianza
Ser de toda confianza
Incluso muy conveniente,
Lo que antes ser muy mal
Permanecer todo igual
Y hoy resultar excelente.
Hombre blanco hablar con lengua de serpiente
Hombre blanco hablar con lengua de serpiente
Cuervo ingenuo no fumar
La pipa de la paz con tú,
¡Por Manitú!
¡Por Manitú!
Tú no tener nada claro
Cómo acabar con el paro,
Tú ser en eso paciente
Pero hacer reconversión
Y aunque haber grave tensión
Tú actuar radicalmente.
Tú detener por diez días
En negras comisarías
Donde mal trato es frecuente,
Ahí tú no ser radical,
No poner punto final,
Ahí tú también ser paciente.
Hombre blanco hablar con lengua de serpiente
Hombre blanco hablar con lengua de serpiente
Cuervo ingenuo no fumar
La pipa de la paz con tú,
¡Por Manitú!
¡Por Manitú!
Tú tirar muchos millones
En comprar tantos aviones
Al otro gran presidente.
En lugar de recortar
Loco gasto militar
Tú ser su mejor cliente.
Tú muchoo partido pero
¿Es socialista, es obrero?
¿O es español solamente?
Pues tampoco cien por cien
Si americano también.
Gringo ser muy absorvente.
Hombre blanco hablar con lengua de serpiente
Hombre blanco hablar con lengua de serpiente
Cuervo ingenuo no fumar
La pipa de la paz con tú,
¡Por Manitú!
¡Por Manitú!

Na Arousa dixo

O Santo Cristovo é un santo vido a menos. Meu pobre. A celebración da súa festividade morreu de éxito. Onde van aqueles anos nos que non tiñamos ponte, aquelas procesións onde ademais dos camionciños de reparto do pan había mercedes, bmw, audis, todos mellores que os da Xunta do bipartito e de Fraga que frijolito non é quen de vender, onde vas parar, que traían os emigrantes para ir das laxes á tropicana tomar os chocos, despois de mandar á familia na motora para que avisasen que xa chegaran e os homes esperar en Vilanova pola vez da barcaza tal coma fan hoxe os marroquís en Algeciras. Que tempos, tempus fugit. Nos últimos anos era tal a cantidade de coches que colapsaban o pobo durante moitas horas.

Pero hai que poñerlle solución, as consecuencias da non celebración do Santo Cristovo poden ser nefastas.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/alcalde/Barbadas/pasea/volante/bus/municipal/elpepuespgal/20090924elpgal_8/Tes

El alcalde de Barbadás y presidente del Inorde (Instituto Orensano de Desarrollo Económico, dependiente de la Diputación), José Manuel Freire Couto, se paseó ayer por las parroquias del municipio que gobierna al volante de un autobús del transporte público municipal, "tocando el claxon" y saludando "al más puro estilo monárquico" a los vecinos que encontraba a su paso. En su singular paseo el regidor, médico de profesión y brazo derecho del presidente de la Diputación, José Luis Baltar, iba acompañado de un grupo de amigos y "emulaba a la selección española de baloncesto", según denunció ayer el grupo municipal del BNG.

...

Os do BNG seica andan preocupados en si o Alcalde tiña permiso e si se cumprían as medidas de seguridade vial. Así nos vai. Que seguridade nin hostias! o malo foi que non se estamparon pola corredoira abaixo!

E para que non se diga que este non é o fío do post, eu engado que se tal pasara, contribuiría de maneira desinteresada en que lles puxeran unha placa, pero de placa-placa. Pa que non rebulan.

sito vazquez dixo

Afortunadamente tamén hai quen as manda retirar. Lémbraste da da Ponte?

Na Arousa dixo

Non me lembro da retirada da placa da ponte. Supoño que te refires a unha retirada oficial. Pode ser un bo artigo. Non recordo placas en obras da túa época.

Eu coñezo a quen "retirou" persoalmente a placa. Pesaba de carallo. Caeu da metade da ponte abaixo.

Saúde.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...