14.7.09

Tensa espera no Cabodeiro

Cartel de protesta, ante a casa do Cabodeiro ameazada de derribamento

Estado actual das obras do vial


As obras de construción da estrada de acceso ao Chufre permanecen paradas, unha vez que as escavacións acadaron o punto do conflicto: as dúas casas do Cabodeiro ameazadas de derribamento. Despois dunha intensa campaña de mobilizacións, os veciños afectados lograron gañar tempo e, ao parecer, están pendentes de reunirse cos novos responsables da Xunta para renegociar a súa situación. Mentres, os propietarios afectados polas expropiacións do seguinte tramo da estrada, do Cabodeiro ao Lagartiño pasando polo Aguiuncho, foron convocados a unha reunión informativa a vindeira semana, no Concello.

99 comentarios :

Cidadan_86 dixo

Se se reunen coa nova administración da Xunta ainda hai unha posibilidade pequena. aida que coas obras asi avanzadas...

Anónimo dixo

e eso que esperaban que "a nova xunta" lle solucionara a papeleta...o primeiro que fixeron foi tirar o muro de pedra do cerrado no que acamparon, e as agachadas!!!temos o que nos merecemos!!!!!!!!!

duas mais duas cuatro dixo

ese establecemento hostelero estaba pechado o publico, esa casa no era derrubada no primeiro trazado, xa que en ese punto levaba un voladizo que esquivaba estas edificacions, cando pararon a obra fixeronlle caso ao iluminado de armandito o larú , pensaron que a ian a subir para arriba(querrian tirar o colexio??), o resultado xa o coñecemos todos , e aqui unha mostra mais da manipulacion e borreguismo que campa as suas anchas no PP da illa, todos a traballar na diputacion e colaterales, y si te he visto no me acuerdo.........

y es que dos mas dos son cuatro, si invadia el dominio de costas, a donde carallo pensabais que iban a llevar la carretera nenos???

eu sinto por cartarola que queda sin casa, martin non me da pena porque xa habia pechado e os seus fillos non queren seguir co negocio, pero as suas iras e rencores deberian ir para os seus socios de recursos, fixeron unha aposta e saeulles furada.........os avogados encheronlle a cabez de contos, e joderonlle os cartos e acabaron peor do que empezaron.....con lo contentos que estaban cuando el PP se hizo de nuevo con la junta, haber donde lo van a celebrar cuando ganen otras elecciones......

o tempo pon a cada un no seu sitio, e os da beira do mar van caindo como as follas no outono...

Para o listísimo colateral dixo

"Dúas máis dúas" vese que non tes nin puta idea e que o falar non ten cancelas pero dá igual, non vou a ser eu quen cho explique. Só che recordarei que seguro que viches perfecto e non abriches a boca cando na ampliación da costa do naval, frente á brasería, houbo unha ocupación do dominio público marítimo terrestre, é decir, para que incluso tí o entendas, un "recheo" feito polo Concello; é decir, para que a túa cabeciña o pille, por unha institución gobernada polo PSOE. En definitiva, cando queremos, podemos (ou cando son dos nosos, verdade), e cando non, fódase pá!
Ademáis, o Concello foi expedientado e multado por tal feito (posto que as alegacións foron rexeitadas por Costas). E apregunta é: obrigaranos agora a restituir a praia ao seu estado anterior? Xa cho direi... as vosas cacicadas neste pobo sempre quedaron impunes e sempre gobernáchedes para catro e ao resto pau e zanahoria, e así todos contentos, contratiños no Concello por aquí, obradoiros por alá, facer casas fora da alineación sin que o vexamos, votar pisos con permisos de retellado, expedientes por infracción nos caixóns esperando a caducidade, e un longo, por non decir que a estrada do Xufre esquiva "moi hábilmente" terreos do pai do Alcalde, etc.
Pero volvendo ao tema, estes da carretera buscáronse por sí mesmos os problemas e caíron na súa propia trampa, interpuxeron contencioso por ocupar dominio público e subíronlle aínda máis para arriba. Qué pretendían pois? Pois non o teño claro, non sei si trasladar o trazado ao medio do pobo como teñen mencionado, renegociar a reversión da zona de afección expropiada, maior indemnización polas expropiacións. Penso en todo caso que non mediron as consecuencias mal aconsellados polos abogados ou por quen fora. Logo "Costas" mandou rectificar o trazado e metéronse na súa propia trampa e os novos da Xunta non teñen marxe de maniobra ao estar as expropiacións feitas e xa en execución a estrada.

Por certo, tí seguro que eres inmensamente máis listo que os do PP da Illa, un por un ou a granel. Ti debes de ser tan listo que cando che suben os impostos e taxas no teu Concello éntrache un subidón que mexas de alegría. Cando Chuki che regala un dvd cos faroles electorais que prometía corres á casa e enchúfalo no pc da túa filla e sintes unha erección e mesmo aplaudes coas orellas. Esa noite, coa emoción, vótaslle un polvo á muller e, ao día seguinte, levántaste orgulloso para ir ao Concello a pagar o imposto de circulación que che subiron un 20% e agardas con ansiedade a chegada do recibo da urbana, do lixo e do alcantarillado coa suba que fora, que ti sabemos que eres moi listo e todo che parece pouco para "darlle" a este pobo no que os demáis son ignorante, imbéciles e escuros...

Anónimo dixo

Ese establecemento estaba pechado porque a sua propietaria estaba operada da cadera e polo tanto de baixa, e mentres non se recuperou non abriron o bar. Falas de ignorantes pero a ti chegache ben. O primeiro muro que dis que tiraron para esquivar a leira do presidente señor Vazquez, foi previo acordo dunha indemnizacion moito mais elevada ca que estaba imposta nun principio. O que non podo entender e porque alguns fascistas (ignorantes) deste pobo se indignan tanto porque haia veciños seus que protesten por defender os seus negocios, terreos, e vivendas claro. Que teñen que estar calados e sumisos o que din en Palmeira. No axuntamento creanse moitos problemas para veciños e a maioria non se solucionan, bueno si os dos empregos e casas dos amigos, irmans etc etc. Aqui o que protesta poñedelo a pingar, os mais revolucionarios que estades caladiños e todo se fai ben. Non tendes vergoña.

Anónimo dixo

Si fora a casa dalgun deles facian unha porta da illa con ascensor para subir e baixar camions para esquivala. Caciques

Anónimo dixo

no concello non solucionan moitos problemas, iso é certo, pero polo que vexo a vosa xunta, a dos fascistas que pisan o noso idioma, tampouco fai nada...o contrario, ríense de vos, e aínda encima descaradamente. temos o que merecemos, repito!!!

Anónimo dixo

A xunta e o concello son de todos votemolos ou non. O que lle teñen e que dar solucions os problemas da xente. Neste pobo o que non comulga coa doctrina oficial ainda que defenda licitamente os seus intereses e un apestado. Fascismo e insultar a un veciño que vai intentar defendelo seu na inauguracion dun proxecto que lle vai arruinar a vida como pasou hai poucos meses cando a señora Caride veu facer propaganda electoral a Illa. Todolos politicos fan propaganda e do viven, pero que o Goberno local enalteza as suas masas para apoiar a ese politicos de Santiago e poñan uns veciños en contra doutros con inxurias, e mentiras e moi triste. Se o axuntamento non lle defende os seus intereses teñeno que facer eles e na mais. E a cruda realidade doalle a quen lle doa. Amiguismo e caciquismo por moi de esquerdas que digan que son que para min non son de esquerdas nin dignos de levar esas siglas con tanta historia.

Serás pedazo de carne con ollos dixo

Algún pedazo de carne con ollos chama fascistas aos da Xunta por defender os dereitos de todos no aspecto do idioma. Esto é, daqueles que libremente desexan falar galego e máis daqueles que, libremente, desexan expresarse en castelán.
Pois ben, querido iluminado, deberías de saber que, si te pos á porta da gardería, si vas á porta do grupo ou si te sitúas á porta do IES verás como cada vez son máis os rapaces que falan en castelán.
Din que a observación é un dos piares do método científico, pois ben, aconsélloche que o fagas e sorprenderaste da cantidade de fascistiños e fascistiñas (deben de desfilar co brazo en alto, coma os da Xunta, según a túa educada definición) que empregan o castelán neste pobo por obra e gracia dos seus papás e mamás.

Anónimo dixo

Eu tamén chamo fascistas ós da Xunta do pp por teren conselleiros da falange. Qué che parece cidadán?. O Estatuto di que a lingua propia de Galicia é o galego. Si ti estás contento co que pasa na porta da gardería non mereces chamarte galego. Sempre fostedes uns acomprexados. Viva Galiza ceibe.

Anónimo dixo

Efectivamente,totalmente de acordo co de arriba;eu digo, que si nos poñemos a eso tamén en Cuba son maioría os que están a favor de Fidel, vallas a guardería, colexio ou instituto que vallas, sempre van a ser maioría os que están a favor do dictador, "sorprendentemente", por eso non ten que estar ben, porque non está a que non???. E por que precisamente o castelán lle está gañando terreo a nosa lingua,o galego, culpa de xente coma ti, que por moito que fale galdego aquí le habla castellano, o le va a hablar castellano a sus hijos, precisamente por iso debemos luchar,e o primeiro é mantelo nas institucións publicas. Temos unha cultura, e o piar máis importante é a lingua, defendedea tanto ou máis que á Chabola!!!!


MORRA O FASCISMO FALANGISTA!!!!

Para o/os BOKASSA de arriba dixo

Pero hombriño, yo le hablaré lo que me salga de las criadillas. ¡Só faltaría que xente coma tí me vaia a decir o que teño que falar ou o idioma no que teño que educar aos meus fillos!, menudo exemplo de democracia, eu alucino, non me extrana que a xente rexeite cada vez máis aos que pensan coma ti. En fín, seguide así, impoñendo ideas e insultando, e acabaredes por despertar odio e desprezo na xente.

Curuxa dixo

En defensa do galego:
A lingua galega forma parte do noso medio. Na lingua depositase toda a riqueza dunha cultura. A través dela maniféstanse os elementos que a fan única e xenuína: É o vehículo de transmisión das tradicións. Na lingua susténtanse os usos sociais que confiren identidade á paisaxe. As linguas son efecto pero tamén orixe da diversidade. Por iso a lingua é tamén unha causa medio ambiental. A nosa está ameazada porque estase a cuestionar o seu lugar no sistema educativo onde debería cristalizar.

Anónimo dixo

Cuba, 50 anos de dictadura, e opresion. Non hai mais que falar con xente que pensa eso.

Outeiro=Otero y viceversa dixo

"Na lingua susténtanse os usos sociais que confiren identidade á paisaxe", Curuxa, a mín pomne un exemplo ou varios porque se non non dou entendida a expresión.

Anónimo dixo

Entón o uso do galego estase a impoñer????eu penso que máis ben é o contrario; eu non che digo en que idioma tes que pensar ou educar os teus fillos, solo digo que por culpa de xente coma ti, outro cacho de carne con ollos, Galicia está a perder todas as súas señas de identidade, e para que sepas as ideas non se impoñen cada un pode dicir e pensar o que queira,o que pasa que ós da túa calaña gustarialle que seguiramos calados, e para iso xa tivemos bastante cos 40 anos de dictadura que tivemos.Eso si que foi unha imposición!!!SODES UNS FASCISTAS!!!

Anónimo dixo

Pepito, pepito. Non hai máis que ouvirvos falar ou ler o que escribides para ver que o castelán non é a lingua de Galiza. Se algúns pais se escoitasen darialles vergoña o que lles están a falar ós pobres dos rapaces. Complexo cidadán. Pero nós non o temos, viva Galiza ceibe e fóra os imbéciles e escuros, eu engado fóra os rencorosos e velenosos.

A ti, comentarista xusticeiro, xa che poden poñer os exemplos que queiran que nunca darás entendido nada. Es un caso perdido. Necesitas que che desprogramen.

Curuxa dixo

Todo o que escribo e perfectamente entendible, salvo o que non queira entender. E repito en defensa da lingua galega:Cada 17 de maio os galegos festexamos o día das nosas Letras coa fachenda que nos produce contar cun idioma propio, unha lingua que foi pisada con bota de ferro pola dictadura franquista e hoxe debátese nunha nova loita entre os que recuperamos o orgullo polo noso idioma e os herdeiros dos censores franquistas que, baixo o nome de Galicia Bilingüe, teiman en illar a lingua de Rosalía, e a de Murguía, e a de Curros, e a de Castelao, e a de Pondal, e a de Risco, e a de Cabanillas, e a de Otero Pedrayo, e a de Blanco Amor, e a de Fole, e a de Ferreiro, e a de Bouza-Brey, e a de Cunqueiro, e a de Manolo Rivas, e a de Suso de Toro, e a de Ramiro Fonte, e a de Neira Vilas, e a de Méndez Ferrín, e a de Víctor Freixanes, e a de Carlos Casares…, mesmo a de García Lorca, que tinguiuse da nosa lingua nos “Seis poemas galegos”.¡¡¡feliz dia do Carmen!!!

pepito dixo

"Se algúns pais se escoitasen darialles vergoña o que lles están a falar ós pobres dos rapaces... ", ¡puuuff!, sobran palabras.
Sigue así mucho tiempo, iluminado, yo no te voy a insultar. Para eso te bastas a ti mismo pues tu inteligencia te delata.
Sólo un pequeño consejo, gente como tú le hace un flaco favor al idioma.
Saludos

Anónimo dixo

Así mesmiño che é pepeiro. Na vida escoitei falar a unha monxa da gardería, ou hermana, como elas gostaban de decir, falaren galego. Nen dentro nen fora, incluso dirixíndome eu en galego e mantendo a conversa na miña lingua e na miña terra.

Mozas e mozos, hai que organizarse, loitar e participar contra estes mediocres que nos están abafando co seu cheiro a podre antigo. Falar da lingua, da economía, da paisaxe, do traballo e do futuro que queredes. Nos colexos, na casa, cos amigos... e os máis inquedos participar de organizacións políticas que lles planten cara e alternativa a estos que hoxe mangonean o centro dereita deste pais. Incluso dentro do propio pp. A xente nova do pp ten que decirlles a estos miserables que hoxe direixen o partido que xa está ben.

Si, señoras e señores, o xornal La Voz de Galicia recibe máis cartos do erario público para a promoción da lingua galega que A Mesa pola Normalización Lingüística. Vergoñento, non si? Mais rigorosamente certo.

http://www.anosaterra.org/nova/31516/a-mesa-impon-.html

Bon día do carmen. Vou tomar outro ghabido de licor café. Saúde.

McMill dixo

Mal aconsellados polos abogados ou por quen fora, penso agora hai que solidarizar-se cos afectados, pois isto non é o Levante. A lei de Costas fixo-se sobre todo para frear os abusos no Mediterráneo. No noroeste da Península (Gallaecia-Galiza-Galicia) sempre se construiu ao pé do mar, desde os castrexos, á lei de Costas dos 80's, pero nunca "rascacielos" tipo Benidorm. Se as obras non se poden frear, polo menos que eleven a compensación económica por valor sentimental (vin na TV que a umha familia lhe pagaran máis da tasación inicial por iso).

McMill dixo

Rspecto á derivada do idioma, non é cuestión menor. Hai moitos casos de discriminación por uso do galego -desde entrevistas laborais á xustiza en castelán, etc.- e motivos históricos para que acontecese así. Se non chegase a haber un certo consenso arredor da protección da lingua, de todos os partidos, e da súa presenza na escola, seriamos tomados por paletos por falar na nosa lingua, e despois polo noso acento ou sotaque.

McMill dixo

E perdón por irmo-nos do tema, pero quero seguir o fío. Que cada un reflexione, pero neste caso da lingua parece-me que os do PPdG deixan-se enredar por mala herba. A FA-ES é umha das fundacións que máis cartos recibe, e dedica-se entre outras cousas a facer "estudos" para dicir que o galego é un idioma inventado na transición, que se quere impór -daí toda esa retrónica desde hai meses-. E agora felicitan aos golpistas en Honduras porque disque están a "restaurar la democracia". Nin umha palabra dixeron dos asasinados; por sorte USA con Obama xa non apoia golpes de estado.

pepito dixo

Eu, a título particular, somentes reclamo absoluta e total liberdade para me expresar no idioma que me pete. Repito, ABSOLUTA E TOTAL LIBERDADE. E penso que agora, as cousas van a ir por ahí.
É certo que as monxas da gardería falan o castelán, pero tamén é verdade que as educadoras/mestras pregúntanlle aos pais o idioma no que desexan que lles impartan docencia aos nenos e, persoalmente, eso paréceme o correcto.
"A mesa" non deixa de ser unha institución privada que ten recibido máis cartos que a RAG para a defensa do galego, con resultados xustificadamente pobres e actuacións propias de comisarios políticos, con cartas ameazantes a comerciantes e empresarios.
Por outra banda, tamén quixer denunciar a dramática e execrabel represión do réxime comunista chinés sobre os membros da etnia Iugur, con dramáticas imaxes coma as que puidemos ver onte cos asasinatos de dúas persoas a tiros perfectamente recollidas polas cámaras sin que o goberno español e os partidos de esquerdas digan nin unha soa palabra.
Do mesmo xeito solidarízome cos partidarios do dirixente Musavi, no Irán e que, valentemente, desafían a tiranía do réximen fraudulento e despótico de Ahmadinejad e representan unha tímida luz e apertura ante o abandono das institucións europeas; e rexeito as confabulacións entre a guerrilla terrorista e asasina das FARC e o goberno socialista de Rafael Correa, a quen axudaron a aupalo ao poder sen que desde ningún país europeo se dixese nada.

http://www.elmundo.es/elmundo/2009/07/18/internacional/1247872493.html

Anónimo dixo

Pepeiro, pepeiro. Mentireiro. Non tes vergonza. Non é verdade nada do que dis, e ademáis, dedícaste a borrar comentarios que deixan no voso blog precisamente aclarando algún destes temas. Pero o que me parece máis grave é que o fas conscientemente, con alevosía, premeditación e a veces ata nocturnidade. Será que tes que pagar algún favor. A diferencia de posicionamento ideolóxico é lexitima, mais as mentiras non, e eso é o que fas tódolos días. Na universidade non lle preguntan a ninguén se quer as aulas en galego, na sanidade tampouco, na xustiza tampouco, na administración depende con quen des, na vida lle escoitei ó cura dar unha misa en galego, nin a folla parroquial sae en galego siquera o día das letras, as páxinas web do Celtiga e do Club de piragüismo só fornecen información en castelán, na Facenda non hai impresos en galego, en tráfico nin che conto, nos bancos escasea, etiquetado de productos, parecido a cero, na tvg emitesen programas en castelán, hai moitos Conselleiros do pp que nin saben falar o galego, a lingua porpia de Galiza, Rajoy na súa vida dou nin tan sequera os bos días en galego. Libertad?, de que vas home. Ten vergonza, que a xente que visita este blog non é imbécil. Libertad?, de qué? de apoiar a golpistas como en Venezuela e en Honduras como fai e fixo o pp. Libertad?, de qué?, como fixestes, si, si, fixestes, ti tamén, xustificando a guerra do Irak, masacrando a milleiros de civís. E xa non che falo da trama Gúrtel, que ven da época de ansar. Eso deixóo para outro día.

De verdade, dasme pena. Qureres presentare coma solidario, de quén? A última proposta que preséntastedes onte é a expulsión de emigrantes. Así expulsasen ós teus familiares cando eran emigrantes. Cómo se pode ser tan malo?. Reflexiona.

Anónimo dixo
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dixo

Mira si sodes mentireiros pepero, que lle prometéstedes á xente que ia elexir a lingua na que se educarían os seus fillos e non o ides cumplir. Fixéstedes unha enquisa, que vos debeu sair mal, porque non vos atrevedes a dar os datos. Ata o de agora, os pais non poden escoller a lingua do ensino dos seus fillos, sexa galego ou castelán. Outra mentira máis do pp, igual que o da lei da dependencia, o concurso eólico, ... O cambio que si fixéstedes foi o de que os pais van ter que pagar os libros o ano que ven. As débedas do pp polos favores recibidos téñenas que pagar os galegos.

Anónimo dixo

O próximo 25 de xullo, o sábado que ven, non é mal día verdade, debería ser unha manifestación masiva. DIA DA PATRIA GALEGA. Anímovos a todos a que veñades. Non podemos quedar parados. Ademáis, Santiago sempre merece unha visita, e si é na defensa do Pais e da lingua moito mellor. Espero vervos alí.

Anónimo dixo

A ver pepito, ti fala o que queiras, pero o idioma propio de Galiza é o galego. A súa situación legal e social non se corresponde con ese status.

http://bemilladoiro.blogspot.com/2009/05/o-galego-que-non-fala.html

O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe o que ten de seu
non sabe o que ten de seu
perdidiño polo mundo
sen saber o que xa é meu
perdidiño pola vida rexeita a sua lingua
sabendo que ven de atrás
sabendo que ven de atrás
da nosa xente querida
ainda hoxe falámo-la!
falámola naturalemente
falamos como a nosa xente
non nos podemos queixar.
O galego que non fala a língua da sua terra
non sabe oque ten de seu
non sabe o que ten de seu
nin é merecente dela,
galego da tua TERRA

Anónimo dixo

Os ingleses KEANE falaron galego.

Grande concerto de Keane. Grande actitude da banda ante un público totalmente entregado que encheu Castrelos, e que vibrou cada vez que Tom Chaplin falaba GALEGO.

Curiosamente os teloneiros, "Niño y Pistola" que son de Baiona non dixeron ningunha palabra na nosa lingua.

Tom nada mais empezar o concerto preguntou "Como estades?", rematou varias cancións con "Graciñas" e despediuse con un "Boas noites"

McMill dixo

pepito dixo: "A Mesa non deixa de ser unha institución privada que ten recibido máis cartos que a RAG para a defensa do galego": En todo caso MENOS QUE 'LA VOZ DE GALICIA' para promover o galego, e o único que fixo foi pór un traductor automático. Chamar-lhe 'chungo' é eufemismo.

McMill dixo

E se comparamos a Mesa coa FA-ES, xa é de risa: a formiga e o elefante.

McMill dixo

pepito dixo: "Eu, a título particular, somentes reclamo absoluta e total liberdade para me expresar no idioma que me pete. Repito, ABSOLUTA E TOTAL LIBERDADE. E penso que agora, as cousas van a ir por aí".
Pepito, sabes que non podes expresar-te en galego aínda 'que che pete' en moitos ámbitos en Galicia. 'Absoluta liberdade' son palabras vacías, e usa-las nun entorno de diglosia cando o noso idioma perde falantes, e non ten chegado a ser usado con normalidade é de 'absoluto demagogo'. Cantos clamaron ao ceo para que os médicos extranxeiros da UE deberan sabe falar castelán! Pois o mesmo para os que cheguen aquí. Non é discriminación nen falta de liberdade: é de xustiza, para comprender aos pacientes e os papeis que poidan chegars ás súas mans.

McMill dixo

E xa que estamos, ademáis da solidaridade con Manolo Cartarola, vaia, como dixo pepito, tamén para Musavi e partidarios, e para as víctimas das FARC, e dos paramilitares colombianos amnistiados. E vaia a minha condea tamén para o rexime chinés e brutalidade contra os uigures, e tamén contra os que a promoveran a violencia interécnica.
Curioso artigo de Moisés Naím o domingo pasado en EL PAÍS sobre a pasividade do 'mundo musulmán' polo tema uigur...

McMill dixo

Pepito, do golpe de estado e asasinatos en Honduras, xa que estamos, non comentas nada? Por saber.

pepito dixo

Ao querido absurdo anónimo que "muda o cacho" segundo se trate do blog no que escrebe non lle vou a respostar nunca máis porque simplemente se adica a insultar sin debater e alégrome de que eliminen os teus insultos e burradas, non mereces outra cousa.
Por favor, ignórame no sucesivo.

No que respecta a McMill lamento reiterarme no asunto do idioma pero sigo pensando o mesmo: a Mesa recibeu moitos cartos para o traballo e obxectivos acadados e que, en última instancia, no que atinxe a certas accións desenvolvidas, me pareceron sectarias en ocasións puntuais.
Gustaríame lembrar o Art. 5 do Estatuto:

1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

As admóns. non transferidas non sei si teñen a obriga de traducir (Tráfico si pon no reverso das multas información en galego, dígocho eu, jeje). Os demáis (Celtiga e similares), pois, é decisión libre de cada quen. Nunca me cansarei de repetir guste ou non: libre albedrío sempre!

Noutro senso, a comparación á que aludes claro que é de risa...

En canto ao de Honduras, pois claro que é condenable o golpe de estado e os asasinatos. Fálase de 5mortos e, ainda que fora un só, sería tráxico. Pero repito, a pasividade de certas correntes de pensamento e de gobernos e institucións internacionais é clamorasa segundo se trate de uns paises ou de outros. Así, nas revoltas contra Chavez do 2002 e 2007 houbo ducias de mortos e represaliados e nunca houbo unha Rigorberta Menchú que abrise a boca contra a barbarie...dos seus afíns. Esa é, para min, a gran hipocresía da esquerda.

McMill dixo

Vamos empezar polo final: eu tenho amigos e familia próxima opositores a Chávez; ao se referiren aos feitos que mencionas, falan de enfrentamentos entre uns e outros, co país dividido e xente con armas de fogo nas rúas por ambos bandos. Se te remontas a antes dos 2000, lembrar só que Chávez foi amnistiado por alguén que o levaba no seu programa e arrasou nas votacións. Da campanha posterior, co referendum para poder ser reelixido: deu pena ver como algúns o acusaban de querer "perpetuar-se no poder" esquecendo a Ibarra, Fraga ou Pujol. Digo-o porque nen Rosales, nen Petkov, etc. acusaron a Chávez de non ter ganhado as eleccións.

McMill dixo

Agora vai a parte na que coincidimos: a comparación á que aludo é de risa; o que non sei é se entenderas que me refería á magnitude das axudas entre a Mesa e a FA-ES, umha das fundacións xunto á F.F.Franco que máis axudas recibeu na democracia espanhola; eses "librepensadores" que publicitades no voso blog.
E tamén coincidimos no que dis de Honduras. Cito (e enmarco): "En canto ao de Honduras, pois claro que é condenable o golpe de estado e os asasinatos". AHH! BUENO!! Porque os da FA-ES -eses librepensadores- xa os felicitaron porque ese golpe "RESTITUYE LA DEMOCRACIA".

Anónimo dixo

Para ti é un insulto un verso do himno galego. Non esperaba menos.

Ti es o que insulta cidadán, mentindo tódolos días e borrando os comentarios do voso blog. Se insultar é decir que o pp ten cargos na cárcere pois insulto, si insultar é decir que pablo crespo era amigo voso e secretario de organización do pp pois insulto de novo; si insultar é decir que alfonsito rueda vulnerou a lei para manter a praza de secretario do concello de cambados pois sigo insultándovos, si insultar é decir que tendes conselleiros da falange volvo insultar, si insultar é decir que os pais van ter que pagar os libros o ano que ven sigo insultando, si insultar é decir que o pp castigou sempre a este pobo por democráticamente votar sempre a outras opcións politicas pois insultarei cidadán, pero aconsélloche que mires o dicionario. O que insulta eres ti. Só enganades a quen se deixa enganar, non te confundas. Os tempos son chegados.

Anónimo dixo

Por certo peperito, non fai falla que vais tan lonxe. O apoio ó golpe de Gondomar do pp, ti condénalo ou non?. Corrupçao é o que vos apoiades.

Anónimo dixo

http://www.vieiros.com/opinions/opinion/921/a-un-alcalde-e-a-un-conselleiro

A un Conselleiro
Cústame falar do home que liderou unha campaña de infamias para acada-lo poder, para ofrecer en bandexa de prata a cabeza dos adversarios, do home que ilustra mellor ca ninguén aquilo de que o fin xustifica os medios. En fin, verán: isto ocorreu o xoves, 16. Houben acudir á delegación de Facenda na Coruña por mor duns trámites familiares. O primeiro que atopo é un letreiro que reza: “Horario de atención al público, de lunes a viernes.“ En la entrada, unha maquiniña suxire: “Coja aquí su turno”. Nas columnas, varias instruccións como “para tramitar la baja de su vehículo…”. Por megafonía, van organizando o servizo: “ge dieciocho, mesa siete”. Após unha espera importante, achégome á mesa 9 que me adxudican. Exprésome nun galego total; quero dicir, non hai espazo ningún para a dúbida ou a vacilación. A funcionaria aténdeme todo o tempo nun castelán total, sen espazo ningún para a dúbida ou a vacilación. Entrégame unha folla de instrucións impresa polas dúas caras en castelán. Pídolla en galego pero non a teñen. Repito o contexto: cidadán galego acudindo á administración autonómica galega expresándose en galego. E como aborda o goberno galego esta monumental eiva do servizo? Pois eliminando a proba en galego para o acceso á Administración! E sei que a función pública non depende do conselleiro da Presidencia pero tamén sei quen inspirou esa tal norma.

Anónimo dixo

Este peperito mirade que reaccionário é. Non usa o libro de estilo do pp, usa o libro de estilo de gb. Libertad lingüística e lexitimidade tralas eleccións. Como el non pode pensar ten que empregar os razonamentos de outros, pensamiento libre. Toda esta campaña está orquestada pola extrema dereita que leva como guía a FAES, non o pp. No pp hai xente moi válida pero están mangoneados por catro radicais. O galego é a lingua propia de galiza. Nin unha agresión máis á nosa lingua.

Anónimo dixo

Este peperito mirade que reaccionário é. Non usa o libro de estilo do pp, usa o libro de estilo de gb. Libertad lingüística e lexitimidade tralas eleccións. Como el non pode pensar ten que empregar os razonamentos de outros, pensamiento libre. Toda esta campaña está orquestada pola extrema dereita que leva como guía a FAES, non o pp. No pp hai xente moi válida pero están mangoneados por catro radicais. O galego é a lingua propia de galiza. Nin unha agresión máis á nosa lingua.

Anónimo dixo

Jritades moito e tamen pataleades, so cando vos ten conta.Durante catro anos estivestedes caladiños. Pero en Galicia doalle a quen lle doa goberna Frijolito. Dentro de catro anos avaliaremolo como fixemos co bipartito. Mentres catro anos de pataletas.

sentola jamaicana dixo

Os populares non me ghustan, pero o caso é que os socialistas sodes os neofachas da Galiza do S.XXI

Anónimo dixo

Aquí ninguén grita nin patalea cidadán, este é un medio escrito. Si acaso, algún o que fai tódolos días é mentir. O pp failles pagar os libros ós pais e baixalle o atraque ós iates. Antes co bipartito non acontecía por eso non tiñamos que decir nada. Agora o pp quer voltar á especulación coa vivenda, o que nos levou a un encarecemento da vivenda onde ningún xoven pode acceder á mesma. Vai permitir a construcción no rural sen control, na costa, ... O de sempre, facerse ricos os seus amigos. Privatizar a sanidade, decían que arranxaban as listas de espera en 15 días e agora dinlle á xente que espere. Decían que os dependentes que non cobraban que denunciasen á Xunta e agora din que non hai diñeiro e que non cobrarán. Decían que a crise era culpa do bipartido e que acabarían con ela en 15 días, agora din que a culpa é de Zapatero. Non frijolito non, non somos tontos. Os que non nos comformamos con esto decimos NON a este goberno.

Pertinaz anónimo, apunta: dixo

SOLO POR REGISTRARTE CONSEGUIRÁS 2 EJERCICIOS DE RELAJACION GRATUITOS

http://www.larelajacion.com/

¡Jajajaja...!

Anónimo dixo

Xa vimos a Quin nos yates dos ricos, os politicos axudan os amigos. Os gobernos locais de todolas cores politicas fomentaron a especulacion urbanistica,como o da Illa do PSOE ou o de Sanxenxo do PP, e a burbulla caeu polo seu propio peso non polo bipartito. Hai que ser mais obxectivo eu non estou aqui para defender a ninguen pero faime gracia a pouca obxectividade. O da sanidade e a educacion e que van quitar as pensions, e o conto do medo da esquerda que xa non cola.

Anónimo dixo

O que non cola é a ignorancia. O plan urbanístico da Illa aprobárono pp, psoe e bng. A especulación é outra cousa. O da sanidade non teño que lembrarche que foi o bipartito quen intregou as fundacións comarcais no servizo galego de saúde, cun elevado custe económico que pagamos todos os galegos, o pp xa anunciou que vai desandar ese camiño. O curso que ven os pais terán que pagar os libros de texto no ensino obrigatorio, e dependendo da súa renda terán subvención ou non. Co goberno bipartito universalizouse a gratuidade dos libros de texto. O pp non levaba eso no seu programa, agora alega falta de recursos, sin embargo non se cortan un pelo á ora de baixarlle os impostos ós seus amigos ricos, os dos iates. E xa que falamos de iates, ser invitado por un empresario e acudir ó seu iate non é delito algún, pero o pp ten cargos públicos no cárcere, e pablo crespo foi secretario de organización do pp en galicia. O ex alcalde de sanjenjo é propietario de constru4, promotor urbanístico, empresa que cobraba sobreprezos nas vivendas de protección oficial. Que eu saiba o alcande da Arousa non é promotor urbanístico. Das pensións ainda ninguén dixo nada. O que si hai na Illa é moito fraude con este tema, moito pensionista que vai á batea e ós chopos.

Si non pretendías defender ó pp, xa me dirás que era o que facías. Así nos vai.

Anónimo dixo

Segundo ti o bipartito axudou a san josé. Ese era o argumento do pp co concurso eólico, pero resultou que o proxecto deste empresario obtivo unha cota máis que discreta, polo que o argumento do pp veuse abaixo. Pero para que vexas como funciona a intoxicación, ti ainda sigues pensando que foi así. Os que sairon mal parados no concurso eólico foron as eléctricas que estaban acostumbradas a levaren todo sin pagar nada a cambio, comprando só vontades vai a saber ti a cambio de qué. Porque pensas que o poder apoia ó pp? Esto non é gratis. Nesta adxudicación os galegos vamos recibir unha media do 15 % dos beneficios que obteñan os novos parques. Concellos e xuntas de montes saen beneficiados. Ata o de agora as adxudicatarias non teñen nin o seu domicilio fiscal aquí, co cal non vemos un peso en ningún lado. Pero claro, eso a ti que che importa. Así nos vai.

Anónimo dixo

E retomando o tema do Cabodeiro. Á xente que lle tiran a casa abaixo o que teñen é que pagarlles o que de verdade vale, ou ofrecerlles unha alternativa similar ás condicións que tiñan antes da estrada. Eso é de xustiza, seguro que neso coincidimos todos. Non sei o que pasou, pero o pp quixo aprobeitar esto para darlle caña ó psoe e resulta que agora goberna o pp e vense co problema. Agora din tonterías como o da leira do pai do alcalde, cando o que lle fixeron foi unha putada deixándolle a leira por debaixo da estrada afectada por costas. Pero estamos no de sempre, critica que algo queda. O que si é verdade é que a chabola practicamente é toda ilegal, agora ben, a culpa é de quen lla deixou facer, polo tanto agora está aí, e fan ven eles e todos os demáis veciños afectados en defenderen o seu, eu faria o mesmo, o que critica a quen defende o seu é un necio. Tamén teño que decir que penso que se equivocaron. Non hai máis que ver os resultados. Votáronse nas mans do pp, porque estos como non teñen escrúpulos, con tal de facerlle a cama ó alcalde dinlle á xente que cando cheguemos nós todo arreglado e agora a obra está moi avanzada. Pero si fóstedes vós quenes tiraron os muros!.

Anónimo dixo

O libro de estilo do pp da Illa é o de intereconomía, as faes e gb. Villapsoe é unha pomoción urbanística aprobada polo pp no concello. Un dos socios foi alcalde e diputado autonómico do pp. Cómo se atreven a criticala?. Non teñen vergonza. Están convencidos que a xente é tonta, e non se cortan un pelo. E visto o que pon algún neste blog, nalgún caso teñen razón. Afortunadamente polo de agora a xente na Illa non se deixa enganar tan facilmente. Esta xente que mangonea hoxe o pp ten moito perigo.

Anónimo dixo

O que eu vos digo todo o facemos ben, cero autocritica.

Anónimo dixo

Queres autocrítica? Toma:

Durante os tres primeiros meses de Goberno do PP, a Consellería de Traballo e Benestar non deu "ningunha nova prestación por dependencia". Frijolito dixera que cobrarían en 100 días. Qué é o que foi?, que aconteçeu?.

A estas alturas do conto vesme con autocrítica. Veña home!

Anónimo dixo

Toma máis autocrítica:

Obama bota as contas: a sanidade privada sáelle máis cara ca pública

"Cerca de 1,7 billones de euros es lo que EEUU gastó en Sanidad en 2007, lo que equivale a 5.500 euros por ciudadano. La cifra representa un 17% del PIB.

Por encima del 10,9% de Suiza, el 10,7 de Alemania, el 9,7% de Canadá o el 9,5% de Francia."

É sabido que o sistema sanitario dos EEUU deixa sen asistencia sanitaria a moita xente. O que algunha xente non coñece é que aínda por riba é máis caro que a sanidade pública nos estados europeos.

Mira cidadán, si vives coma dios, entendo o que dis, pero si non... que queres que che diga?

Anónimo dixo

Máis autocrítica.

O novo delegado da Xunta en Uruguai, Manuel Barros, que viña sendo Xerente da filial de Pescanova alí, si, si, Pescanova, esa empresa que quer construir unha macro piscifactoría en Touriñán, resulta que está en "listas negras" internacionais de pesca ilegal. Así é o novo goberno de frijolito. Pero claro, ti debes vivir coma dios.

Traballador da rede dixo

Qué neno, non das palo al agua? Pásaste as mañáns colgado do internet e que traballe rita.
Eso sí que é vivir como dios...

Anónimo dixo

Que lle vamos a facer, non tiven a sorte de que me enchufaran en portos, ou no príncipe felipe, ou na deputación de pontevedra. Eu teño máis dignidade que ti chabal. Deixa dunha vez de referirte ós comentarios de xeito personal si non xa sabes o que che espera.

Anónimo dixo

colega, saben quen es que andan uns espias da Aguirre pola Arousa. Si te descoidas quitanche as vacasións!

Anónimo dixo

Seguimos igual, todo o facemos ben e os outros son moi malos. Sigue asi que me convences do bos que son. Aclaracion :Xa sei que os do PP son malos, ahora so necesito saber que os teus non son peores.

Non damos palo al agua dixo

Nombra, nombra, non me deixes intrigado. A ver si acertas?

25 de Xullo. Día da Patria Galega dixo

25 de Xullo. Dia da patria Galega.
Mañá todos a Compostela.
Galiza Ceibe.

McMill dixo

Galicia autocritica, para o outro anónimo surrealista (primeiro a paranoia e despois a autocrítica daliniana, a base do surrealismo).

Anónimo dixo

Fixeronlle unha putada deixando a leira por de baixo da carretera, afectada por costas. Queria o señor Alcalde que lla trasladaran, ou fara unha interpretacion da norma que lle conveña. E de coña este comentario por favor. Defendendo as cacicadas, que triste.

Anónimo dixo

de que cacicada falas?? , de que por culpa do iluminado do Laru lle tiren a casa a cartarola e o bar a Martin, os de allesa queden sen traballo, e tiren outra casa mais, de esa e da que falas?? , en fin asi vos vai, colle os cartos e corre, e o voso modus operandi, e os demais que lle den.....

Anónimo dixo

Si que o Laru ten forza, xa que e o culpable de todo. A min que lle tiren o muro o laru importame pouco, o que me jode e que tiren unha casa dun traballador para facer un carril bici cando non e necesario. E que o concello poña en contra os veciños dos que reclaman os seus dereitos ou recordoche o triste episodio da primeira pedra. Falo desas cacicadas, da curva que fai a carretera casualmente onde esta a famosa leira. Xa escoitin moitas mentiras polo pueblo adiante en relacion a estes temas, a unica verdad e que os afins o grupo marioritario nunca teñen problemas e sempre atopan os mellores chollos.

Anónimo dixo

PD: Cando me digas dos chollos da diputacion do PP digoche que xao sei e siguen sendo as mismas cacicadas con outras siglas. Tan criticable como as vosas. Os problemas de levar moitos anos no poder. A min non me da de comer ningun politico, a outros que os defenden tanto parece que si. Eu so critico o que creo inxusto fagao un rojo un azul ou un amarillo.

Anónimo dixo

o Laru non e que teña forza, e que pensaba que a tiña, cos seus coleguillas do opus tocando as altas esferas , enrollou a todo-los da sapeira, e de aqueles polvos.......

a min tampouco me da de comer ningun politico, nin a ninguen da miña familia, pero admitiras que no concello entran a traballar simpatizantes do pp o de calquera cor politica, mentres cando e na diputacion e de coña, e si non admites eso apaga e vamonos.....

Anónimo dixo

Un exemplo máis da diferente concepción de modelo sanitario.

"Sanidade deja de promover el parto natural. La consellería esgrime que la alta demanda dispara el coste del servicio"

http://www.elpartoesnuestro.es/opartoenoso/index.php?/contacto/64-Un-paso-cara-atras.html

Anónimo dixo

Para tin son moi bos, eu penso que son tan malos polo menos, estamos en condicions de expresarnos libremente e de ter puntos de vista distintos sin faltarnos. Eu son moi critico coa xestion municipal porque penso que non e boa, e sectaria e frentista como din ahora moito. E vivin nas miñas carnes casos raros, de tratar a xente con distinta vara. Se fas unha analise dos resultados electorias o PSOE da Illa nas municipais quita peores resultados que no resto das eleccions e por algo sera. Para min un concello de menos de 5 mil habitantes que nos anuncia unha Porta da Illa, e eu que tiña que ir pa casa con pozas e baches pareceme de coña. Viven noutro mundo. Pero hai que nos cree eso non o dubida ninguen ahora os criticos tamen temos dereito a expresarnos sin que se escandalize ninguen. So pido eso a critica constructiva non ten porque ser ofensiva.

Un de tantos dixo

Pozas e baches nos camiños da Arousa hai poucos. Sí existen "firmes" en mal estado pero pozas e baches penso que xa quedan poucos viais sen asfaltar.

Anónimo dixo

Para min son importantes porque teño que atravesalos a ninguen lle importa. Esta asfaltado pero en moi mal estado. E por certo, non teñen pensado arreglalo.

ospapeisdegradin dixo

por suposto que tes dereito a criticar si non estas dacordo coa xestion municipal, eu tamen esto en contra de algunhas cousas que fan, como permitir construir a xente sen licencia, despois veñen os cristos, gran erro, pero supoño que aprenderian a leccion.....

en canto a pozas e baches, a verdade e que no caio donde podes vivir, pero creo que na illa os camiños estan relativamente ben , a excepcion da rotonda que ten que facer a deputacion nas laxes , que de seguro a fara cando acabe o vran, non ian a facela agora....

sigo esperando que me respostes sobre o tema da xente que esta enchufada na deputacion, e o compares coa xente que colle contratos no concello, haber si crees que e a mesma forma sectaria de contratar a xente nas duas institucions........

Anónimo dixo

Estou dacordo contigo co que dis das casas. Si deixaron construir sin licenza agora son responsables dos problemas que hai. Non poden dicir que eles non sabian nada, porque calquera de nos sabe que si te pos a facer unha obra ilegal a denuncia do axuntamento e inmediata e paralizacion correspondente tamen. Foron complices, e alentaron os propietarios con boas palabras que claro levou o vento. Agora son coresponsables, os propietarios fixeron moi mal en fiarse de xente sin palabra. En canto o das contratacions, penso que os dirixentes que chegan o poder poñen os amigos por ali sen excepcion. Non creo que uns sean mais honrados que outros xa que teñen moitos favores que pagar. Que no concello habera un 95 % de afins e un 5% que non, pode ser no discuto, agora na Diputacion faran parecido ou peor no sei esactamente. Igualmente reprobrable, mira no blog de Sito Vazquez, arousa a debate onde fala do nepotismo.

Baballoeiro No Gradín dixo

En todolos sitios cocen fabas...

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/29/0003_7815689.htm

Ó que habería que engadir a José Mª Tubío, ex alcalde do PSOE en Caldas, contratado polo Concello de Pontevedra, así como Carme Adan, ex cargo do BNG tamén contratada no mesmo Concello.

En fín, todos son iguais por muito que te cegues en non recoñecelo.

ospapeisdegradin dixo

pero vamos a ver, o sea que si cando se botaron as casas arriba , o concello as derrubase estarias dacordo non ??? ainda encima que fixeron a vista gorda (mal feito) , despois foronlle o lombo encerrandose no concello , de risa vamos......

en canto os enchufados, a vara de medir e moi distinta, e normal coller a xente afin, pero o da deputacion e de escandalo, cando queirades repasamos a lista que se presentou polo pp nas ultimas eleccions, e miramos donde traballan, e haber si estan relacionados coa politica ou non, logo , collemos a dos outros e comparamos , e sinxelo ,ainda que realmente non me gustaria porque teño amigos os que non me gustaria nomear en internet baixo o anonimato, pero que cada un faga a comparacion, e que saque as suas coclusions.

Nin Santo Job dixo

Vamos a ver peperito. Xa vai sendo hora de que deixes de enganar á xente. En primeiro lugar teño que volver a repetirche no referente á noticia do enlace que di o seguinte "El trasiego provocado por el final del bipartito es importante, pero lejos del que generó en su día el adiós de Fraga a la Xunta. Varios decenios al mando habían consolidado unas potentes redes de poder."

Ata para la coz de galicia é difícil tapar auténticos escándalos. Xa non fai falla referirse ó que aconteceu recentemente na Deputación de Ourense, ou sen ir máis lonxe e sin necesidade de nomear a ninguén a xente do pp da illa que se colocou.

Agora, o que hai que ter clara é a diferencia entre contratación de persoal eventual, ou asesores si prefires chamarlle así, e o acceso á función pública como funcionario ou peronal de emprego. O perosal eventual, ainda discutindo a idoneidade ou necesidade é persoal que cesa no seu cargo co goberno sainte. Polo tanto non son prazas fixas, non están nas rpt's. É razonable, en administracións de certa dimensión contar con este persoal, igual que a libre designación para determinados postos. Si queres saber a miña opinión particular, direiche que hai un abuso xeneralizado destas figuras, tanto do persoal eventual coma da libre designación. En calquer caso non son prazas ou postos que se consoliden. E si queres saber máis, na Xunta podes ser Director Xeral sin ser funcionario de carreira nin contar coa titulación necesaria para o acceso ó grupo A. Esta normativa ben da Xunta de Fraga. Esto si que é un escándalo. É común noutras administracións do pp. Esto si que é vergonzoso, non pasa a proba do algodón democrático. Queres un exemplo? Cores Tourís.

O que se critica, ou eu polo menos, cando me refiro ás contratacións de persoal é a ilegalidade. Coa contratación de persoal eventual poderase estar de acordo ou non, pero é legal. Pero hai outras querido cidadán que se saltan os principios constitucionais de mérito e capacidade, art. 103, ós que se lle engaden por desenrolo lexislativo a igualdade e a publicidade. Polo tanto o que se denuncia é o acceso á administración vulnerando a legalidade. E de eso o pp ten demasiados exemplos, ata entre os seus militantes e concelleiros. Polo tanto meu querido amigo, as leccións de ética todas para vós.

Finalmente un só apunte. Reto ó pp de illa a que diga, documentalmente, cantas denuncias fixo ata o de agora sobre irregularidades na contratación de persoal no Concello. Xa está ben home.

O Conselleiro míntelle ós galegos dixo

Qué peperito! O Conselleiro minteu. Xa te enterastes que a denuncia da Mesa pola Normalización Lingüística era verdade. A Mesa denunciara hai uns días que a Consellería de Educación contratara unha emnpresa de Valencia para realizar o cómputo da consulta sobre o galego no ensino. Inmediatamente saiu o canselleiro decindo que non era verdade, que era persoal da Consellería quen estaba a compilar os dados. Pois ben, agora a Consellería xa reconoce que si contratou unha empresa de fóra para este traballo. Sempre minte o pp, non a Mesa cidadán. Poderase estar dacordo ou non coa defensa que fai a Mesa da lingua, pero desde logo non se pode acusar á Mesa de mentir. Cousa que si fixo o canselleiro de educación. Peperito, es un mentireiro.

http://www.vieiros.com/nova/75685/o-conselleiro-de-educacion-reconece-que-se-contratou-unha-empresa-para-a-enquisa

San Culotte de la Montaña dixo

Querido bloquerito de mente débil, los arboles no te dejan ver el bosque. Deberías de repasar la lista del PSOE a las municipales para ver como en el Concello da Illa hay cierta persona contratada desde tiempos inmemoriales y que concurrió en las citadas listas. Por cierto, hecho creo que denunciado por la oposición en su día.
Está claro que vosotros sabeis hacer las cosas de otro modo, más sibilino e inteligente. En a Illa se contrata a gente de Villagarcía (dos ex concejales) y así, hoy por ti y mañana por mí.
Podría citar otros ejemplo más, de contratos eventuales en la Xunta bipartita, becas de formación, etc, pero me callo...
Además, tienen el sistema muy definido, prefieren ir comprando otras voluntades, "lanzando redes en otros caladeros", porque saben que con el palo y la zanahoria a los suyos y a otros como tú tienen garantizado suficiente apoyo: sea con mayoría absoluta o relativa, para eso está el comodín...
Por otro lado lo que diga la Mesa (los que amasaban miles de euros) me importa un huevo. No representan a nadie y, como tú, cada vez estais más solos.

Jacobino fashion dixo

...siempre teneis los santos cojones de consideraros más que los demás, superiores, estupendos de la muerte, superguais del Paraguay. Pues bien, seguid así, ni las mayores curas de humildad democrática os harán cambiar.

Anónimo dixo

Peperito, pensa o ladrón que todos son da mesma condición. Ainda hai clases cidadán. Mira cal pode ser a túa categoría que non che importa que o canselleiro de educación minta. É lóxico, como veño denunciando o único que fas tódolos días é mentir e calumniar. Agora sembras a dúbida sobre o personal do Concello. Que perigo tes, es un velenoso.

Anónimo dixo

Dende logo que non me teño por menos ca ti. Non me extraña que teñas que ir tanto á misa, non fas máis que pecar. Cal é o mandamento que prohibe mentir?. A ver si o repasamos un pouco. E de paso repasades aquelo da paz e amor.

Si che importa un guebo o que diga a mesa por que calumnias mentireiro. A culpa non é túa non, a culpa é de quen che deixa mangonear.

Anónimo dixo

Hai que ser ignorante para decir que a Mesa non representa a ninguén cando é a Asociación Cultural máis grande de Galiza, con máis de 4.000 socios. Pero para vós claro, claquer cousa que teña que ver con cultura é insignificante, e si é a cultura galega ata vos saen ronchas. Pero mira cidadán, as ronchas que che saen non son polo galego, son purgas de todo o veleno que tes dentro.

Anónimo dixo

Si pensandes que por ir en listas que din representar a esquerda son mellores estades moi equivocados. Politicos hainos vos e malos nun lado e noutro, na illa temolos moi malos, e si eu fora militante do Psoe dariame vergoña ter un goberno asi. Si este goberno fora do PP tiñades o pobo patas arriba de manifestacions, por corruptos, polos amigos promotores, polos amigos das inmobiliarias, das varas de medir, da subida de impostos como o IBI, os enchufes etc etc etc. Eu votin por Touriño porque Fraga xa cheiraba aqui xa cheira o goberno local do Psoe pero a reneraxion democratica solo sirve de discurso cando interesa. Mirade o Bng local como tamen e critico co concello, porque esta preocupado polo futuro do pobo non so por enchelos bolsillos. O PSOE da illa e antitese do que representan esas siglas historcas.

San Culotte de la Montaña dixo

Neno, por miolos pensaba que tiñas unha pequena borrasca pero o que tes é máis ben unha cicloxénese explosiva ou un ciclón de forza 5.
Anda, move os dedos (porque o cú...) e repasa a lista, que vas a quedar para setembro.

Jacobino fashion dixo

A Mesa= asociación cultural. Ja, Ja, Ja e Ja!
Asociación cultural amigos de la pasta*

*non a italiana, precisamente.

Peperito defendiendo la legalidad dixo

http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1475

A Mesa pola Normalización Lingüística critica con dureza a “incívica e crispante” chamada á desobediencia da legalidade que realizou hoxe Galicia Bilingüe. A asociación galegófoba animou a non comprar en galego os libros das materias que a lexislación en vigor estabelece que se deben impartir nese idioma, “defendendo máis unha vez un suposto dereito á ignorancia da lingua propia de Galiza”. A Mesa lembra que “foi Alberto Núñez Feijóo quen prendeu este lume, apoiando as mobilizacións do odio contra o galego, e é quen debe apagalo, póndolle agora couto desde a Xunta, que ten a obriga estatutaria de defender o idioma propio, os dereitos civís e a legallidade”.

Anónimo dixo

Na illa o unico que existe son un fato de sinvergonzas que tan solo por lamerlle o cú a uns cantos politicos que ounico que fan e jodernos a todos ainda se alegran do que está pasando con esa carretera que queren facer, se esto pasara en outros tempos esa carretera non se chegaria a facer por que entre todo un pobo axudarian a esa familia que por culpa do egoismo de moita xente vai quedar no camiño.
a min que me digan pa que e esa carretera si ata agora non fixo falta, e por que deixan que unha casa de toda a vida vaya a baixo e outros que nin se queran son da illa deixan que fagan o que queren.
Así e que non hay nome para decir o que e o seu alcalde e os seus cidadans.
Antes a Illa era invidiable, pois esa unión que tiña era unha das mellores cousas que tiña, agora e unha pura vergonza.
So lle pido a xente da Illa que peche os ollos e recorde todo iso, e logo que se poñan no caso de esa familia que vai perder a sua casa, so por que catro sinvergonzas pensan que non se poden defender cando aún lle queren quitar o que e de un, habendo solucións e sabendo loitar iso non pasaria nunca.
En fin que alguen pense o que é que che boten a tua vida pa tras.
Animo a esa familia, hay que loitar hata o fin polo que é de un.

Anónimo dixo

pasou aqui na arousa e en todalas partes. donde se meteu a politica acabouse todo. da igual de que color sean. antiguamente que a xente era mais ignorante en todo, era cando estabamos unidos a loitar polo noso, e resulta que agora que todos somos (ou nos creemos, mais ben)listos, ahora trucamos uns con outros,por culpa dunha cuadrilla de camandulas. "estanlle a tirar a casa ó veciño, pero como non pensa coma min eu non lle vou axudar. que lla tiren..." é penoso. si fora algun dia...xa non entraban nin as excavadoras na arousa que as iba a esperar a xente alá ó leste a pedradas con elas. pero bueno... teñenlle que preparar ben a pepiño pa que pase directo pa villa psoe sin que lle estorben os pasos elevados, e a quitar o muelle do Cabodeiro tamen para que teña a plaia ben pa el. e nos levamos as planeadoras e as dornas ó lombo pá nosa casa pero non importa. todo sea porque as autoridades se sintan cos seus caprichos cumplidos. unha pena

ospapeisdegradin dixo

vesebos o plumeiro peperos, os dous darriba solo vos digo unha cousa, e moi facil criticar a xente d´arousa dicindo que non son unidos, os que lle tiran a casa e porque foron de listos , puxeron o contecioso e saiulles o tiro po-la culata, podedes estar seguros de que se non fose asi todo o pobo os apoiaria, pero claro , todo pobo veu como aconteceron as cousas e agora apelades a unidade do pobo da illa, lamentable , pero xa estamos acostumados a vosa forma de actuar , sigo decindo que o de cartarola doime moito, pero el mesmo o buscou deixandose aconsellar por personaxes como o Laru ou treviscoso, de aqueles polvos veñes estos lodos, asi que agora a apechugar........

en canto a que van a quitar o muelle do cabodeiro, esa eche outra, xa non sabedes o que ides a inventar, tempo o tempo , xa se veu como actuou o pp local no asunto da carretera e a forma de arrecuar despois........

en fin xoaquin, sempre actuades da mesma maneira, solo mirades po-lo voso interese , e agora apelades a union do pobo da arousa, sodes uns sinvergonzas.....

a union do pobo da illa, queda patente cando hai un lume no monte, un prestige no mar, ou calquer acontecemento importante, nunca falla , a forza do pobo sempre esta ahi.....

agora se queres que esa union saia para apoiar as maniobras do Laru (membro de virxen do rosario) , un home que pola arousa fai ben pouco, e o que fai e para perxudicala, espera sentado, porque te vas a facer vello......

un saudo peperiños frustrados

Na Arousa dixo

Aos afectados o que teñen é que pagarlles o prezo real dos seus bens e indemnizalos polos prexuízos causados. Niso está de acordo todo o pobo, e niso van ter o apoio dos veciños. O demais é enlear as cousas. Agora ben, cada un sabe con quen se xunta e os intereses que defenden. Eu particularmente non estou de acordo coa estrada, mais é unha reivindicación antiga de tódalas institucións do pobo, Concello, Confraría, Agrupacións, Empresarios,..., e agora estase a executar, e non pode ser que porque a algún lle moleste que os coches lle pasen polo lado da casa se pare unha obra demandada polo pobo. Alegaron cuestións medio ambientais que efectivamente se vulneraban, corrixíronse e agora véselles o plumeiro a algúns, xa que o que verdadeiramente lles preocupaba non era o medio ambiente senón só e nada máis que o seu, como fixeron toda a vida, así que para iso non contan có meu apoio.

O trazado foi desviado cara o interior para afectar menos cantidade de costa. E claro, afecta máis bens dos veciños. A min paréceme mellor esta solución que a anterior. É sorprendente como nun pobo que vive maioritariamente dos recursos naturais ás veces se ten tan pouca sensibilidade coa conservación do medio que lle da de comer. Aínda que só fose por interese deberíamos estar sempre pola preservación do entorno porqué é o noso medio de vida e o noso futuro. Toda posición contraria non defende o interese xeral. Esta premisa non debemos esquecela.

Agora ben, unha obra de interese xeral que afecta bens particulares ten que indemnizar os mesmos. Niso estamos de acordo. Ese era o camiño que tiñan que seguir os veciños. Aínda que non serei eu quen lle diga a ninguén como ten que defender o seu. Pero despois tampouco me veñan chorando. Xa somos grandiños.

Anónimo dixo

Os sociatas nunca teñen problemas. Que suerte teñen, xa e casualidad.

Anónimo dixo

e os da arousa inda menos. da gusto oílos.tan perfectos e intocables como se creen e non sei porque estamos como estamos. ca quilla ó sol. e en canto ó comentario da virxe do rosario cada un é libre de estar donde lle dea a gana. si está alá será porque lle interesa. ¿ou nas outras agrupacions veñenche a buscar o mexillon á porta? parece que estar no rosario que é delito. E o que ten a arousa , si non vas ca maioria xa estas jodido.

Anónimo dixo

claro que fai moi ben en estar en virxen do rosario, unha agrupacion que putea a todos os bateeiros honrados da illa, porque os que son honrados estan en agrupacions da illa, para o bo e para o malo, os que se van para agrupacions de fora son uns trepas, quizas creas que a ti non che afecta, pero esto e unha cadea , e seguro que de un modo ou outro si a xente de a illa lle vai mal a ti tamen che ira, seas rasteiro, carpinteiro, albanel ou calquer outro oficio.....

o que deberiamos e picarlle as cordas semana si e semana non, pero deixamonos ir e asi nos vai, o tempo pon a cada un no seu sitio, senon mira como lle foi o pobre de cartarola por facerlle caso e estar o seu lado......

panda de artistas, que sodes uns iluminados.

Bateeiro filantrópico dixo

Bateeiros honrados?, xa o decía Xesucrito: "antes entrará un camello por el ojo de una aguja que..."

Anónimo dixo

Os da Virxe de Rosario firexonlle moito dano a este sector, eso no dubida ningun dos que vivimos desto e dariame vergonza que haia quenos defenda. Agora os dirixentes iluminados que nos mentiron, e nos pedian unidade, habiaos que masar vivos por xogar con nos, enchernos de paus e non saber o que querian facer. Acordate de 2006 cando a agrupacion da Illa se foi de Opmega e saia nos periodicos cunhas grandes cifras de ventas e eles solos vendian moito e caro e eran os mellores e mais listos. O que fixeron foi repetir os erros de antes, e daban 8 puntos cando os demais ibamos pola tabla, e non vendiamos un viaxe, e a xente tuvo que buscar por vida. E agora arruinados coma todos. Noutro tema e moi triste e que Cartarola tuvera que buscarse a vida porque no axuntamento pasaban del completamente, porque so lle importaba quedar ben con Caride e compañia. Neste pobo ahi xente que cree que se protesta por ir en contra do axuntamento e eso non e asi, o que protesta para defender os seus intereses non ten que ser criticado. Os veciños temos dereito a protestar polas inxustizas e arbitrariedades, moitas, que acontecen neste pobo. Si un goberno do PP trazara unha carretera que fixese unha curva na leira do numero un do partido no pobo, e levara por diante hortas, terrenos e negocios de simpatizantes ou militantes do PSOE tiñadelo pobo en Guerra civil. Caciquismo cando o fan outros, creo que lle chamades. Hai que ser mais autocriticos e escoitar os demais ainda que sean menos. Un pouco de talante.

Anónimo dixo

"Bateeiros honrados?, xa o decía Xesucrito: "antes entrará un camello por el ojo de una aguja que..."


pois eu entendin perfectamente o plantexamento de bateeiros honrados , son os que estan sempre na mesma agrupacion(sexa ami, a vella ou ruamar), que non se van para unha de vilanova ou andan por libre, e queren que todo o mundo venda , non eles solos, esos son os bateeiros honrados, se queres fagoche unha lista dos que desde este plantexamento non o son, porque estan en miniagrupacions de vilanova ou semellantes, ao mellor saes en esa lista po-la tua forma de pensar, ou ao mellor eres dos que vendestes a batea , colleches os cartos e agora falas mil pestes dos bateeiros.......

retoche a que publiques o teu nome e eu publicarei o meu, logo miramos a lista e vemos si estas nela ou non.....


saudos.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...