21.6.09

Xa abriron os chiringos

O chiringo da Lavanqueira, hai uns días

Como é costume, contra o San Xoan volven os chiringos ás praias máis concorridas da Arousa. A liña de costa que vai do Bao a Xastelas concentra a maioría deles, de diferentes ambientes e para todos os gustos.

20 comentarios :

Anónimo dixo

eu veño dalí ahora!!!que maravilla!!un heladiño, uns largos no mar e sobre todo o bo rollo que se respira nese lugar!!!

Núñez dixo

Pois si que se está ben na Lavanqueira!! Eu ata penso que alí dase un microclima diferente que ó do centro da Illa. E aproveitando a foto principal desta entrada, faría unha crítica o chiringo fotografiado, xa que o único defecto ata o momento, é que aínda non dispón de wc!! Ás veces é importante cando a auga está fría!!!!

Anónimo dixo

no mes de xuño é cando mellor se pode disfrutar das nosas praias...regálannos a súa beleza e tranquilidade sen aglomeracións de turistas, atascos á saída da ponte, problemas para aparcar, etc...

Anónimo dixo

iso é certo este mes eche o mellor pa disfrutar da illa....que pena que xa se estea acabando, en canto o dos wcs,Núñez non te preocupes que hoxe mesmo falín có You e díxome que todo máis tardar pa semana!!! VIVA A LAVANQUEIRA!!!

Anónimo dixo

Cada un terá os seus preferidos. eu gosto máis o da lavanqueira e o de area da secada.
¿algún deles tera wifi este ano?

Anónimo dixo

wifi?? eso xa seria a repera, hai que decirlle o You que compre unha antena e enchufamonos a wifi de vilanova............

Anónimo dixo

Ou alto a ver si vos escoita manuel e pon a wifi dunha vez, que foi promesa electoral, e cúns cuantos adoquíns menos e unha pouca de vontade pra achar alghuns cartos noutras administrasións ighual xa estaba en marcha.

Anónimo dixo

Promoteu o wifi pero como el colle o da bliblioteca non hai problema

Anónimo dixo

jajaja, que cabrons co da biblioteca, constame porque me preguntaron a min algunhas cuestions sobre a wifi, que estan intentando poñela, non e unha cousa sinxela, non tecnicamente senon burocraticamente, e estan moi interesados en saca-la adiante, outra cousa e que o consigan , o tempo dara ou quitara razons.....

Núñez dixo

Pois ánimo cos trámites para o wifi, a ver si está listo antes de que remate a súa candidatura!!! Por ahora aínda lle queda un tempiño. Por min si o instala o día antes de acabar, estaría conforme!! E o do wifi na Lavanqueira tamén o apoio!!

Anónimo dixo

a verdade e que eu personalmente non lle vexo moito interese a wifi, xa que calquera pode tela pois seguro que ten o lado algun veciño para compartila, eu mesmo teñoa compartida desde sempre e coñezo innumerables casos de xente que a comparte, na wifi do moucho sin ir mais lexos e compartida por moita xente, ademais dos clientes, algun veciño tamen paga unha parte, asi e asumible para calquera.

Para crear unha wifi a nivel concello creo que teñen que conseguir unha especie de licencia de operador, para que sea legal, xa que realmente imaxinadevos o que deixaria de ingresar telefonica, de ahi que os tramites sean dificiles, porque tecnicamente e salvo ubicacions moi concretas a cobertura para a maior parte de a illa pareceme unha cousa bastante sinxela.....

Núñez dixo

Pero resulta que no meu caso, para ter acceso a internet na casa teño que pagar unha cota mensual, á compañía que máis barata me ofertou o servixo, pero aínda así o custe é aboado individualmente, e por iso é polo que me interesa que sexa un feito a promesa electoral, así podería invertir esas mensualidades noutra cousa.

Anónimo dixo

Xa nuñez , todo depende do uso que lle des o adsl, para un uso de mirar duas paxinas webs e o correo esta ben, senon recomendoche intentar montar un chiringo con algun veciño, asi o coste e asumible, pois supon media ducia de cervexas menos o mes, asi tamen coidas a tua saude.......

Núñez dixo

Pois xa me dirás como se monta un chiringo deses a medias, que eu descoñezo o xeito. E en canto ás cervexas... nada de nada, mellor unha caipirinha das do moucho. E como son máis caras que as cervexas, se consigo montar o chiringo, podería tomalas máis a miúdo!!!Puñetera crisis!!

Anónimo dixo

home nuñez, a verdade e que non ten moita ciencia, primeiro necesitas ter un veciño que teña adsl , e que te leves medianamente ben con el, despois todo e cuestion de poñer unha antena ou duas , depende da distancia e das paredes, etc, etc, a maior dificultade, maior desembolso, preguntalle os do moucho quen llo montou a eles, e despois preguntaslle a quen llo montou e xa veras como non e tan dificil......

Núñez dixo

Ok! Pois tereino en conta, mentras non se cumpran as promesas electorais!!

Anónimo dixo

ai Núñez, Núñez...si te dedicaras a estudar máis e deixarte de tanto wifi...outro jalo cantaría!!!pero eso si as caipis nas deixes nunca!!!Caipiforever club!!!

Como Nicolas Cage en Living... dixo

Pero qué kon do moutxo nin leches, para kaipirinhas as que se fan no churrasco do kon do sol, vamos, o dos brasileiros, esas saben que jorentan.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...