Buscar neste blog

4 de xuño de 2009

A ruta dos faladoiros

Marquesiña de fabricación artesanal na Abilleira

O paseo que vai dunha punta da Abilleira a outra vai camiño de converterse nunha ruta dos faladoiros. Primeira parada: ao comezo da Abilleira pequena, no curruncho entre onde remata a fila de casas e a praia, pavimentado recentemente. Os xubilados asiduos ao lugar instalaron alí algún banco e cadeira. Parada intermedia: os bancos de embaixo o perelluqueiro. E terceira parada, onda o pequeno peirao da Abilleira, contra as Laxes do pan. Neste último posto, os veciños sofisticaron as instalacións, xa que cambiaron o banco baixo a figueira por unha auténtica marquesiña fabricada artesanalmente con materiais de reciclaxe. Cada un dos tres postos ten os seus fieis, que buscan sombra e compaña para botar o conto á beira do mar .

3 comentarios:

  1. Made in na Arousa. Mola moito, vin o outro dia paseando o invento e esta cojonudo.

    ResponderEliminar
  2. Mas que uma fotografia da Abilheira, semelha tirada em Cabo Verde ou Guiné. O melhor o espaldar das casas geminadas. Viva a autogestão!

    ResponderEliminar
  3. fanequinha peteiruda18/06/09, 20:49

    Ainda que eu darialle a volta para non velo, mola moito o aproveitamento e a reciclaxe do cartel dos pisos, da certa profundidade ao chiringo. ;)

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.