Buscar neste blog

4 de xuño de 2009

A fonte do Lagartiño

Manancial de auga doce na praia do Lagartiño

A auga flúe de entre as pedras


O Lagartiño de camiños de terra tal e como o coñecemos hoxe está condenado a desaparecer, a medida que avance a construción da estrada de acceso ao porto. É esta unha zona da illa húmida, pola que flúen mananciais subterráneos que desembocan na praia. Aquí teñen unha imaxe actual da fonte do Lagartiño, un xeneroso agasallo da natureza no que conflúen a auga do mar e da terra. Agardemos que a fonte non remate, tamén, sepultada en cemento.

38 comentarios:

  1. todos sabemos que o vial de acceso é necesario... pero é unha pena perder estos lugares con encanto :-(

    ResponderEliminar
  2. Não é apenas um lugar com encanto. As fontes, como a do Lagartinho, a da praia da Cova, são espaços imprescindíveis desde o ponto de vista antropológico, ecológico, paisagístico, etc. No Manifesto de Lugo, no 1918, os irmandinhos pediam, entre outros pedidos soberanistas, a soberania sobre a paisagem galega.
    O progresso, que progresso?, não pode fazer-se a conta de destruir mananciais, desviar aquíferos, ir contra natura. Tinha entendido que não se ião destruir cons, estragar praias, que o impato ecológico ia ser mínimo. Não é assim?

    ResponderEliminar
  3. Tamén esta zona ten un gran valor simbólico xa que aquí é onde se atopa o peirao dos Carcamáns. Seguramente escolleron o sitio pola fonte. Paréceme sorprendente que non se reivindique este aspecto. Seguramente é para non danar o proxecto do vial. Se ninguén se da conta ...

    ResponderEliminar
  4. Uma pergunta para o pessoal. Fontes da água como a do Lagartinho são ou eram a da Cova e outra que havia por cima do campo da Bouça. Alguem sabe de alguma mais? Estaria bem um pequeno inventário. Obrigado.

    ResponderEliminar
  5. A fonte da Bouza da que falas chámase a fonte do Niño do Corvo, antigamente ían lavar alí. Non sei en que estado estará actualmente...
    Tamén está a fonte do Charco, que antigamente era un manancial natural. Logo foi seladado e substituído pola auga da traída.

    ResponderEliminar
  6. eu,acordo de pequeno que entre á praia do peixe é espiñeiro,nos cons tamén nacía auga doce,é nós íamos beber.

    ResponderEliminar
  7. esta é a praia donde aprendín eu a nadar...ala vai a miña infancia!!co que me gusta ir a ler ahí...

    ResponderEliminar
  8. A proposito,que pasou coa fonte do charco?xa fai tempo vin neste blog algo de que querian poñer no seu lugar unha estatua ou algo asi,os veciños reclamaban a fonte.O outro dia pasin por ali e no sitio da fonte medran as ervas¡que peniña me dou!Alguen sabe que se vai facer ahi?Non vos parece que a fonte do charco,deberia ser recuperada?

    ResponderEliminar
  9. Obrigado, Na Illa pela informação mas não sei se estamos a falar da mesma. A que eu digo estava justo na testeira sul do campo da Bouça, por um caminho que subia cara ao monte. Íamos beber ao remate dos partidos, mas não sei se o pessoal podia ir lavar a roupa num rego tão pequeno. Em quanto tenha vagar irei botar um olho para ver como segue.

    ResponderEliminar
  10. Eu tamén me lembro de ir a beber a unha fonte que había no campo da bouza despois dos partidos. Pero penso que en realidade non era unha fonte Pepinho. Teño un vago recordo, fai algún tempo xa. Creo que fora un temporal que tirara un pino bastante grande, e no burato que deixara no chan fluía a auga. Talmente parecía unha fonte, o fio da auga tiña moita forza. Como decía, fai algún tempo, pero penso que a orixe fora esa. A corda meu meniño acorda.

    ResponderEliminar
  11. Tu achas? Para mim esta fonte esteve sempre com maior ou menor rendemento. Mas não sei, o pior e que ao que parece @s raparig@s de hoje em dia vão ter que levar a água em garrafas.

    ResponderEliminar
  12. Con respecto á fonte do Niño do Corvo, dixéronme que tampouco é unha fonte. Cando chovía, baixaba auga do monte en abundancia e acumulábase nunhas pedras da praia. As mulleres ían lavar alí porque dicían que era moi boa auga e non facía falta poñer a roupa ao clareo.

    ResponderEliminar
  13. Isto é muito bom. Eu já escutei falar destes lugares de escorrentia onde lavavam a roupa. Aínda não faz muito a meu irmão Xoam falaram-lhe dum lugar assim por Ponta Cavalo ou perto de ali. O poder branqueador destas poças é um dado curioso.
    Na Arousa, que pelo que conta deve ser da minha quinta, seguro que lembra os regueiros de água doce que se formavam nas praias e nas que bebiamos. Tenho ideia de que recibiam um nome, mas não lembro, o que sim lembro é o boa que estava esta água.

    ResponderEliminar
  14. Non recordo terlle dado un nome especial, a non ser regato, rego, regueiro, ou...

    Xurrada s. f. Enxurrada.

    Enxurrada s. f. (1) Torrente de água formado pola chuva. (2) Resíduos arrastrados polas chuvas torrenciais; enxurreira, enxurro. (3) Fig. Rebulício com muitas vozes e berros. Sinóns. Abundância, aluviom, cheia.

    Figura no Ir Indo e no e-Estraviz. Pero creo que na Arousa tamén se refire con este termo á marea, naquelas zonas que leva moita forza, e que en ocacións, cando choveu moito, é de auga dulce que vai cara a boca da Ria por riba da salgada.

    Xa preguntarei Pepinho. A corda meu meniño acorda.

    ResponderEliminar
  15. Sobre a fonte do Charco, nada se sabe dos plans do Concello.
    En agosto do ano pasado, os veciños reclamaronlles aos responsables municipais outra fonte para o sitio, pero a demanda sentou moi mal, xa que tiñan pensado colocar alí unha estatua. Ante as protestas veciñais, desde o Concello comprometéronse a estudar a proposta, pero a día de hoxe, aínda non houbo resposta.

    ResponderEliminar
  16. un reghato de augha doce que acaba no mar e unha arnela . Exemplo a nosa Arnela que flue dende carreirón a praia.
    Enhoraboa polo blog e "collonudo".

    ResponderEliminar
  17. O da Fonte do Charco ten fácil solución, á medida do pais, sin traumatismos. O Concello quere unha estatua, os veciños unha fonte. Pois ponse a estatua enriba da fonte e listo. Cal é o problema?. Ademáis, que estatua van poñer?. Outra de sor riquiña non por favor. Ainda que o bo desto sería que os da mda xa teñen o traxe.

    ResponderEliminar
  18. Falando de auga e de fontes. O nivel freático na arousa parece ser que descendeu moito. Curiosamente, a auga adicada ó cultivo é menor, tamén é menor a adicada á industria, e por suposto a que se extrae para uso doméstico, esto útlimo fundamentalmente desde que existe a rede de abastecemento. Sabedes porqué? Non é por que chova menos, nin porqe a rede de sumidoiros recolla máis cantidade dos tellados e rúas asfaltadas. Parece ser que é polos sotos fundamentalmente dos edificios. Estos teñen instalados bombas que están a picar auga verán e inverno. Interesante artigo de investigación sería na illa.

    ResponderEliminar
  19. Sor Aurora inda que moita xente no sepa, axudou a supervivir a moitas familias da Arousa. Non todos somos bateeiros e ghañamos dabondo.
    Na arousa hai varias clases.
    Na cuspide estarian os bateeiros e alghuns empresarios de exito (lease narcos) e alghun especulador estilo alto da torre. A continuacion virian familias ben estructuradas de mariñeiros ou profesionais da construccion ou servicios que entre o home e a muller gaña o suficiente gañan para vivir olghadamente.
    Aghora ben, pon por caso unha muller que vai a seca e que conta so cos seus inghresos pa manterse ela e os seus fillos. Unha de duas ou ten unha famiia moi potente ou ia directamente a sor Riquiña (aghora ö mellor axudaa o axuntamento polos servicios sociasis ou a xunta non o sei falo dos tempos de sor Aurora e polo que creo que se merece un pouco de respeuto).

    ResponderEliminar
  20. Aínda que este comentario non garde relación coas fontes naturais de auga, en referencia ó dito por Na Arousa, penso que no Charco acabarán poñendo unha estatua, ou que o concello considere. Dudo que teñan en conta a opinión da xente, pero oxalá me equivoque, porque son das que tamén apoia unha reconstrucción da fonte que hai.
    Por outra banda, chegoume unha información en referencia a unha das poucas estauas bonitas que había na illa. Tratábase dunha escultura dun mariñeiro e unha sequeira, que persoalmente gustábame. Estaba situada na parte de atrás do concello, na fachada que mira ó mar...decatádesvos?? Pois agora xa non se atopa alí nin en ningún outro sitio no que se poida ver, porque ó parecer está gardada nun almacén á espera de que chegue o día que alguén a poña a airear. Que pena me da!!

    ResponderEliminar
  21. Juan de Coral09/06/09, 12:16

    Non entendo en absoluto o comentario de Na Arousa sobre a capa freática do subsolo. En qué se basa?, É como si eu digo que avanza a salinidade da auga da ría metendo o dedo na punta do muelle do xufre e saboreandoo.

    ResponderEliminar
  22. Ten coidado non meter o dedo no... nun ollo. En todo caso, segundo a túa tese baixaría a salinidade, non subiría.

    ResponderEliminar
  23. Que obsesion teñen alguns con sor Aurora. Por favor que a deixen descansar en paz como a calquera que xa non esta entre nos. E por favor o seguinte comentario da estructuracion social da Illa pareceme de coña. Narcos corruptos e bateeiros no mismo saco, na cuspide da piramide do pobo. Un pouco de respeto a xente que traballa honradamente entre a que eu me incluyo.

    ResponderEliminar
  24. Juan de Coral09/06/09, 18:33

    Na Arousa, si non sabes discrepar deberías de absterte de facer comentarios. Si calquera pon en entredito as túas opinións e respondes do xeito que respondes supoño que mal che vai a ir. Si eres así nas relacións persoais deixas moito que desexar.
    Un pouco de respeto.

    ResponderEliminar
  25. Juan de Coral09/06/09, 18:39

    Repito, en qué te basas para decir que "O nivel freático na arousa parece ser que descendeu moito", votaches un balde ó pozo e non toucou fondo?
    Qué sistema de medición usas?

    ResponderEliminar
  26. Eu vou a empezar por Sor Aurora, porque a min persoalmente pareceme que era moi boiña, pero o de que axudaba os que non tiñan recursos...non a todos, solo ós que a ela lle parecía, de feito miña abuela quedou viuda con 38 anos con 3 fillos o menor de 3 anos, era sequeira e non tiña máis recursos, foi a pedirlle axuda a Sor Aurora e esta dixolle que non podía axudala, non pidia caridade solo que se lle rebaixara o prezo da guarde do seu fillo,coma outros que estaban na mesma situación xa que era incapaz de levar adiante todolos pagos...pasados uns meses por desgracia, outra familia veuse nun caso semellante, unha familia con máis recursos,na "cúspide" da pirámide social, segundo o "xenio" que escribiu un comentario ahí arriba, xa que tiñan bateas e vivían mellor...a eles si que lles axudou, de feito nunca jamás pagaron na guarde...en fin, non pa todos foi tan boíña, pero a estatua non lle estorba a nadie.
    Con respecto o comentario da Núñez a estatua está gardada, non sei onde porque era a que ían poñer no sítio da fonte do charco, daquela,cando as protestas veciñais, asique a moveron de diante do concello,para levala alí; ademáis, sempre estivo claro que donde estaba Diante do concello) era un lugar provisional xa que nin estaba pegada con cemento nin nada...
    De todos modos polo que si habería que protestar sería por que se chegue a un acordo xa, sobre o que facer no charco, xa que o burato alí queda coma o cu e é moi incomodo para os coches...

    ResponderEliminar
  27. Coa pirámide social que explican ahí arriba quedome flipada!!!Narcos, especuladores e bateeiros!!!en fin,jejeje!! a ti lumbreras vamosche poñer xunto cos iluminados,no mesmo escalafón social!!! vexase Aznar,Trillo....

    ResponderEliminar
  28. O Compañero mallado09/06/09, 20:16

    Na cúspide:

    Os que teñen pisos en Villa Psoe.

    Na base:

    Os pringados que os votan.

    Cuspidiños que son

    PD: Que non poñan a estatua no Charco si non tirarana a baixo os camión de Chicho da Cantina

    ResponderEliminar
  29. Recordo a fonte que brotaba por riba do campo da Bousa de feito fun un dos que escobara cando deixara de manar, iamos xogar cando nenos o futbol e despois usamos a fonte para beber, agora non teño datos de que siga brotando, pero irei a comprobalo porque creo recordar donde se atopaba.Xa vos contarei

    ResponderEliminar
  30. Creo que os veciños do charco,a opoñerse que puxeran a estatua fixeronlle o caldo gordo a Chicho da cantina,pois ca estatua ali non iba a ter sitio para os camiòns.QUE poñan unha estatua ben grande e a fonte encima,ou ò lado e igual,que ai xente que està esperando pa lavar as alfombras.

    ResponderEliminar
  31. Recomendo non beber da fonte da Bousa, eu enterrín a cadela un pouco máis arriba e non sei como andará de contaminasión bacteriana.

    ResponderEliminar
  32. A salinidade na Ria non vai baixar porque ti te chupes o dedo. O que si pode acontecer, de producirse un descenso significativo do nivel freático, é a intrusión de auga salgada no subsolo e aumentar a salinidade do chan , debido fundamentalmente á proximidade que temos da costa. Pero claro, a quen lle importa esto?, con tal de arreglar o noso xa está, sin importar siquera o que lle vai quedar ós nosos fillos (cando os teñamos). En calquer, caso eu non fixen unha afirmación, só dixen "parece ser", e básome, xa que o preguntas, non sei onde vives ti, nos testimonios de moita xente que ten pozo e sobre todo garaxes soterrados de edificios, con bombas que pican día e noite e que pasado un tempo van secando o terreo. Sen máis, sen nengún rigor científico, mera especulación, e si acaso, algo de observación. Por eso suxería que se investigase. E si queres, soterradamente, xa que falamos de subsolo, tamén pretendía aportar outro enfoque á ordenación do territorio, ós criterios para declarar urbanizable ou non unha zona, a preservar os humedais (Braña da Veiga, Lagoa de Espiñeiro, Carreirón...), a preservar as fontes naturais, á necesidade de fixar límites á ocupación espacial e persoal do territorio. A decir en definitiva que algúns non estamos dacordo con moitas das cousas que se fan, e que pensamos que son en beneficio duns poucos que non respectan nada, e que non me convencen cando din que "é bo po pueblo". Espera..., creo que se me foi a ola, xa remato. Seguindo a Manuel Rivas, definitivamente Galiza, de momento (esto poñoo eu), non é un pais de conservadores.

    P.S. As relacións persoais son unha cousa, e os comentarios nun foro da internet outra. Saúde.

    ResponderEliminar
  33. Pode que paresa ofensivo situar na cuspide dunhan piramide a narcos, bateeiros e especuladores.
    Pero non é pola idea da ilegalidade ou do oportunismo. É pola cantidade dos inghresos.
    E conviredes conmigho que si o primo do alcalde fixo a despedida de solteiro en Nova Iork, é que alghúns cartos a de ter o pobriño proletario...
    Si os paghou el do seu bolsillo foi parvo porque o pai ten moitos mais cartos ca el con ser bateeiro ¿ou non?
    Exemplos de bateeiros na cúspide podemos poñer uns cuantos e non fai falta ser un lumbrera pa darse conta.
    Si me apuras, incluso deberia decir que houbo un momento en que comprar bateas era un bó xeito de blanquear. Xa que ó ser unha concesion o seu prezo estaba establecido nun millon de pesetas, e o resto paghabase en neghro. Asi que bastantes narcos tamen pasaron a bateeiros.
    Repito o do principio non era a miña intencion meter a todos no mismo saco. Pero nin lumbrera nin parvo.

    ResponderEliminar
  34. Canto pobre hai no mundo!

    ResponderEliminar
  35. fanequinha peteiruda18/06/09, 21:07

    A min as cúspides recordanme as pirámides exipcias.Pero ben, o avance "mental" que temos é moi significativo.Hoxe en día,no 2009, as Momias votan.

    ResponderEliminar
  36. O da estatua en pedraserrada esta ben pera xa que lle vai joder o paso de camions a chicho da cantina a estatua que sexa del e moi boa idea.

    ResponderEliminar
  37. que poñan a fonte do charco xaaaaa!!!!

    ResponderEliminar
  38. E a chicho o da cantina que o manden pa un parque industrial...

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.