7.6.09

Alta abstención dos arousáns nas europeas

Nestas eleccións só acudiron ás urnas o 58,7% dos votantes

Resultados provisionais comparados das eleccións europeas no 2009 e 2004. Fonte: MIR

As altas porcentaxes de participación que habitualmente rexistra a Arousa nas eleccións, en torno ao 85%, baixan ata a metade do censo nas europeas. Se no 2004 só votaron o 59,7 dos electores, este ano a cifra aínda descendeu un punto máis: 58,7. Os arousáns non senten que as eleccións europeas vaian con eles, a pesares de que no Parlamento Europeo se tomen moitas decisións que afectan á vida diaria dos veciños, como os asuntos de pesca.
As imaxes mostran os resultados provisionais das eleccións, publicados polo Ministerio de Interior: o PSOE mantén o seu liderato co 49,7% dos votos, aínda que perde papeletas. A segunda forza, o PP, sobe do 33,3 ao 36,8%, e o BNG tamén perde votos ao pasar do 13 ao 9,3%. Os 40 votantes de Esquerda Unida seguen fieis ao partido e UPyD case consegue xuntar unha ducia de papeletas. Curiosamente, tamén recibiron cadanseus tres votos a Falange e o Partido Regionalista del País Leonés.

5 comentarios :

Anónimo dixo

os q janaron justariame q me haxudaran a pajalo villete pa hir a miña terra q hai 5 anos q non vou

Nelo dixo

Quédate ahí, que aquí xa somos moitos. Se non aquí daránche unha axuda:

alcaldia@ailladearousa.es

Anónimo dixo

Independentemente das eleccions que sexan a fidelidade do voto socialista esta fora de toda dubida. Aqui nunca se castiga o Psoe faga o que faga. E non me refiro a estas eleccions precisamente. Os peores resultados sacaos o alcalde que saca menos porcentaxe de votos que Zapatero,Touriño ou Lopez Aguilar algo bastante comprensible baixo o meu punto de vista.

fanequinha peteiruda dixo

Os 40 de IU si que non fallan nunca. A ver si suben nas próximas!

Anónimo dixo

Veña por diante que eu non son votante nin creo que sexa de Iu. Pero deberian cambiar a lei electoral para que houbese mais pluralismo. Se queren unha España plural esa pluralidade ten que ser para todos non so para os nacionalismos que aglutinan os seus votos nunhas poucas cincunscripcions. ¿Si IU ten o voto mais disperso e xusto que teña menos respresentacion?. Con cerca de 1 millon de votos IU dous diputados, un por Madrid e outro por Barcelona as provincias mais pobladas e que reparten mais escanos. O PNV con 300 mil seis. Se queremos pluralismo real hai que cambiar a ley para non apelar o voto util e o bipartidismo, pero ese cambio vai en contra dos nacionalismos que so queren o pluralismo que lles ten conta. Asi claro que son decisivos na gobernabilidade do estado cando o terian que ser moito menos.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...