Buscar neste blog

29 de abr. de 2009

Operación Dourado

Portada do libro de investigación de Benito Leiro sobre o narcotráfico

O veterano contrabandista Marcial Dorado foi detido recentemente, xunto con outras nove persoas do seu contorno, acusado de blanqueo de capitais en paraísos fiscais. A operación, denominada “Dourado”, foi dirixida pola Axencia Tributaria, tras anos investigando as operacións financeiras do arousán.

Marcial Dorado cumpría actualmente condena no cárcere da Lama, acusado de suborno á garda civil. O empresario arousán, que ten asumido nalgunha ocasión a súa relación co choio do fume, sempre negou a súa implicación no tráfico de drogas. De feito, a Xustiza nunca puido demostrar a súa vinculación co narcotráfico, a pesares de que o seu nome saíu a relucir en varias ocasións, na Operación Nécora, en 1989, e durante a incautación dun alixo de cocaína a bordo do pesqueiro South Sea, no ano 2003.

O xornalista cambadés Benito Leiro publicou en 1993 un documentado libro sobre o narcotráfico nas rías baixas, baixo o título Un lugar tranquilo. De Dorado dise nestas páxinas que é o “prototipo de home arriscado que saíndo da miseria conseguiu amasar unha das fortunas máis potentes do contrabando”. Tamén se fai referencia á súa infancia, “digna dun relato de Dickens”, xa que Dorado chegou á illa sendo un meniño para traballar ao servizo dunha familia.

51 comentarios:

  1. Todo esto da presusncion de inocencia esta moi ben, pero hai moita persimidade con certas persoas que en poucos anos gañaron moitos cartos nos seus "negocios" mais ben oscuros. E moita xente do pobo di que solo fixeron cartos o contrabando e que os engañanron, que lle fixeron unha trampa. A min todos os que gañan diñeiro co narcotrafico non me dan pena ningunha, que estean na carcere moitos anos, porque vexo os problemas que hai cas drogas na mocidade e os problemas que crean nas suas familias. A culpa non e solo dos que traen o material senon de queno consume pero todos axudan. Que traballen honradamente como a maioria para poder dormir tranquilos. Esa tranquilidade non se compra con cartos eso seguro.

    ResponderEliminar
  2. eló eló. e despois sale a muller na tele disindo que eles viven ó dia como outra persona calquera.e "os poucos cartos" que di que teñen segun ela pasaron polo banco de españa.a primeira muller trastornouna da cabesa e esta polo que se ve xa vai polo mismo camiño. pero no me dan pena.ojalá pudriran na carcel, como pudren eles miles de vidas mentres se enchen de cartos. si non querian dormir no limoeiro, que foran traballadores honrados coma a inmensa maioria

    ResponderEliminar
  3. veu morto de fame dalá do leste a andarlle cas vacas dos de retenida, ca roupa almidonada de esterco e rela, e mira ahora.moito ganou sendo criado. o que debian de faser de primeiro xa, é quitarlle todo canto teñen, ou polo contrario pedirlle contas de en que leira ou batea amansaron esas fortunas, pero non lles interesa porque teñen a xusticia comprada.viven xueces e compañia a base de ben á conta de 4 dorados que ai na vida. a xusticia non son os xueces, son os narcotraficantes mismos.

    ResponderEliminar
  4. A xustiza tamén se paga con cartos...con moitos cartos!!!

    ResponderEliminar
  5. veo que aqui mucha gente habla sin saber, 1º,si marcial tuviera la justica comprada, el y su hija no estarían donde están, 2º, me parece super cruel sacar lo la exmujer, que tiene una enfermedad mental que le puede pasar a cualquiera, y 3º, marcial no es narcotraficante,está imputado por haber vendido un barco,digo yo que tu vendes a quien te compra,él nunca negó que hace muchos años fue contravandista, pero de tabaco, no de droga, y ahora tiene negocios que le dan trabajo a mucha gente de la isla, y más que tendría si le dieran permisos para hacer cosas, que por sen quien es no le dejan hacer, así que podíais respetar un poco a la familia y no hablar sin saber, lo que se ve en estos comentarios es mucha envidia...

    ResponderEliminar
  6. Estou dacordo, eu tamén condeno os comentarios que se refiren a cuestións personais. Cando os lín déronme noxo.

    Pero tamén sinto decirche que no resto non coincido contigo en nada. Marcial e a filla está imputados por un delito de narcotráfico, máis en concreto por un delicto contra a saúde pública, como colaboradores necesarios. O que pon o medio de transporte tamén participa. Están ademáis en prisión provisional por esos feitos, sin fianza. É verdade que de momento non están condenados en firme.

    Con respecto ó dos postos de traballo, sin comentarios. Competencia desleal para os negocios que teñen que sair a diante cada día.

    Dis tamén que non lle deixan facer cousas. Di o que non lle deixan facer.

    O que si está é condenado en firme por sobornar a membros das forzas e corpos de seguridade. Paréceche pouco.

    Das leiras que roubou non dis nada.

    ResponderEliminar
  7. A mí también me parece super. Jo tia. Que culpa tienen ellos de que esos drogatas asquerosos se mueran. Qué fuerte tia!

    ResponderEliminar
  8. Coidado que o que leva o barco tamén é responsábel.

    ResponderEliminar
  9. en fin...desde el anonimato que valiente es todo el mundo, no tengo mas que decir, pero el que pueso lo de "jo tia", en fin...sin ningun argumento te metes conmigo supongo que por hablar castellano...que triste...

    ResponderEliminar
  10. Creo que para falar primeiro hai que informarse e marcial e a sua filla non estan imputados por narcotrafico sino por blanqueo, informate mellor. E recordolle a todos os que comentan esta noticia que marcial non hai ningunha sentencia por narcotrafico. e e patetico que se escriba dunha muller e dunha enfermedad e caer bastante baixo. non me vou a poñer a defender a miña familia porque non me fai falta algun dia saldran as verdades.e un pouuco incoherente dicir que compramos a xustiza e marcial e a filla na carcel. En fin... sin palabras

    ResponderEliminar
  11. E tamen vivimos nun pobo e todo o mundo sabe o que anda cada un e a envidia e moi mala tamen que vai moi asociada a mentira.e que aqui pensen que non dedicamos o narcotrafico porque non traballamos nin temos empresas nin nada non, todo moi oscuro non?

    ResponderEliminar
  12. Me meto contigo porque me da la gana. Porque ser pija y defender a los narcos y contrabasdistas pues como que no tia. Las pijas somos otra cosa. No hay cosa más hortera que el chalé de un narco gallego tia.

    ResponderEliminar
  13. Hai Leticia, Leticia. Marcial Dorado e a súa filla están en prisión preventiva por unha causa de blanqueo de capitales, que se lles abre tralas investigacións practicadas pola causa cuio xuizo se está a celebrar na AN e na que Marcial Dorado está imputado por un delito contra a saúde pública. Te enteras miniña.

    ResponderEliminar
  14. estoy flipando(jo tia, como dices tu) con tu mala ostia!,yo estoy en contra del narcotráfico , tienes mucho odio dentro...me das pena...yo solo decia que marcial no es narcotraficante, que tiene que ver eso con los que si lo son y si yo estoy a favor o en contra!! yo solo estaba diciendo que conozco ese caso y que el no lo es. punto!, no se porque me atacas de esa manera!

    ResponderEliminar
  15. señor anonimo, porque non te personas. Probablemente sepa bastante mais que ti da causa, mais que nada pola cercania que me toca que sabras. E si hai un juicio pero non hai sentencia ou si o mellor ti sabela. en fin que esta miniña non ten nada mais que dicirche non merece a pena falar mais

    ResponderEliminar
  16. Marcial ten recoñecido publicamente dedicarse ó contrabando, facer fortuna. Cómo creedes que se blanquean os cartos meniñas. Comprándovos modeliños? porque polo que se ve na escola vosa gastaron pouco. Os cartos blanqueanos montando empresas ficticias que compiten deslealmente no mercado, arruinando a traballadores e pequenos empresarios. Eses non vos dan pena?. Que fuerte tía. Ten reconocido ademáis traficar con armas. As armas non só sirven para poñer na feira o tiro do pichón. Ten traficado con alcohol e tabaco. Mirade o que é para a OMS unha droga.

    Outra cousa, que empeño tendes co de personarse en internet. Si eso é imposible. Como non sexa facendo espiritismo.

    ResponderEliminar
  17. É certo ou non que Marcial Dorado está a ser xulgado na AN por un delito contra a saúde pública polo que se lle piden 17 anos de prisión?

    ResponderEliminar
  18. Si mal non recordo a vista oral remata en xuño. Así que dentro de pouco máis dun mes coñeceremola sentenza. A esperar.

    Odia o delicto e compadécete do delincuente. Concepción Arenal.(Ferrol 1820, Vigo 1893). Muller, galega, feminista. Seguide o exemplo

    ResponderEliminar
  19. Quero recordar a todos e mais neste pobo que cando eu ainda era unha meniña mais pequena ainda o contrabando construeu moitas casas de pedra e que eu sepa non son todas de marcial.
    e señor anonimo sigoche dicindo que te informes ahora dedicouse a todo tipo de contrabndo en fin mais burradas¡¡
    ah¡os meus modeliños compromos eu ca educacion que recibin gracias miña familia, pero creo que para eso non fai falta que se poña unha noticia neste blog non?

    ResponderEliminar
  20. Efectivamente hai máis. Xa irán caindo. O pobo da Illa, como o da maioría das rias baixas, é un pobo de traballadores, non de delincuentes.

    ResponderEliminar
  21. Tú no tienes la culpa, mi amor, de tanto tiroteo. Manu Chao.

    Non confundas valentía con ignorancia.

    ResponderEliminar
  22. ETA y mafia gallega. Peseta connection.

    http://server4.foros.net/viewtopic.php?t=27&start=0&postdays=0&postorder=asc&highlight=&mforum=trazadoennegro

    ResponderEliminar
  23. Valentia ou ignoracia? si e e de moi valientes escribr nun blog no que non te identificas, si e moi de valientes tes toda a razon.
    E a ignorancia tamen esta moi ben reflejada. Visto o visto cada un que pense o que queira. E ahora pensade si che acusan de narcotraficante e JAMAS te dedicastes, imputanche por blanqueo e metenche a ti e a tua filla na carcel. e intentaan arruinarche a tua vida sin ser culpable do que che acusan. Pensadeo! ainda que vos coste.

    ResponderEliminar
  24. e por cierto competencia desleal co comercio, si moitos que din merca na illa, e despois velos nas grandes superficies, ou montan os negocias fora da illa

    ResponderEliminar
  25. De valentes é mandar a sicarios que é o que facedes vós, verdade.

    ResponderEliminar
  26. O que se di cando xa non hai mais recursos, en fin o dito a pensar o que queirades, este xa e o meu ultimo comentario. Os desprecios e burradas omito contestar. Ala que a envidia e mala leche non vos corroan

    ResponderEliminar
  27. A ignorancia é porque casi non sabes escribir. Pois claro que é competencia desleao o que fai marcial. E tamén é pouca vergonza sair na tv decindo que se vive o día e ter cartos nun paraíso fiscal. Se tivesedes vergonza calarías a boca. Bastante é que se vos deixe andar polo camiño. Cantos veciños, amigos e familiares perdemos ou está enfermos por culpa de catro fillos de puta. E ainda hai que oir.

    ResponderEliminar
  28. Paréceche pouca competencia desleal comprar bateas para blanquear o carto negro. Puxéronse polas nubes. O que precise dunha para un fillo tena clara. E xa non digamos do que fan no mercado. Cala a boquiña anda, fai favor. E vaite traballar.

    ResponderEliminar
  29. A todo porco lle chega o seu san martiño.

    ResponderEliminar
  30. Prisión incondicional para Marcial e a súa filla por blanqueo de diñeiro procedente do narcotráfico. Mira o auto do xuíz da AN Grande Marlaska, igual o tes na casa.

    http://www.laregion.es/noticia/86681/marcial/dorado/construcci%C3%B3n/naves/tr%C3%A1fco/drogas/

    ResponderEliminar
  31. supuño que seredes unha pandilla de ignorantes os que estades atacando tanto a esta familia dicindo burradas, leti, non contestes máis, a palabras necias...eu estou en contra do narcotrafico, pero e que marcial non o é!, e este señor anonimo que lle di a leti que se poña a traballar e esas cousas sin sentido que lle está poñendo infórmolle que xa que ela é mais persona que ese señor anónimo e xa nin lle vai a responder dígolle eu que non sei ti de que vives pero leti os seus "modelitos" e demais cousas que se queira pagar faino cos cartos que gaña traballando de odontologa, cun master e facendo un doctorado, asi que unha vez mais non faledes sin saber!,que eu estou en contra dos narcos e creo que a xustiza deixa moito que desear, pero que marcial non é un deses...solo é un home moi famoso ó que lle teñen moitas ganas...nada mais

    ResponderEliminar
  32. Unha odontóloga que non sabe escribir. Agora regalan os títulos. En que Universidade estudio?, preguntoo para non mandar ós meus fillos.

    ResponderEliminar
  33. Si marcial é ou non é narcotraficante, xa o dirá a xustiza, non tí nin eu. O que xa dixo a xustiza é que Marcial é un delincuente. Punto.

    ResponderEliminar
  34. No escrivas mas tia.

    ResponderEliminar
  35. Pídenlle 17 anos por un delicto contra a saúde pública, está en prisión preventiva por un delcito de blanqueo de capitais, está cumprindo condena por soborno... Si señor, todo un exemplo de cidadán. Un home a defender. Qué devolva as leiras que roubou.

    ResponderEliminar
  36. Faite unha tratectomía rapaza.

    ResponderEliminar
  37. Paso de hablar con gentuza.

    ResponderEliminar
  38. esto es una movida,cuantas alicias hay por estos comentarios?porque yo soy una, pero la que puso "no escrivas (con "v"), firmado como alicia, no fui yo!! hay otra alicia por aquí o hay alguien firmando por mi??

    ResponderEliminar
  39. ya entiendo lo que pasa, esta gente que no se quien es (repito que bajo el anonimato que valientes se hacen),pues están firmando cosas con mi nombre o con el de leti mal escritas para dejarnos quedar mal como tal que somos burras, no?cuando alguien tiene ganas de hacer daño es lo que se le ocurre...que trise...simplemente por hacer un comentario sin esconderme de quien soy...estoy flipando con quien puede tener una vida tan aburrida como para que se le ocurra hacer estas cosas!!, en fin, creo que yo ya no voy a escribir mas para no seguir alimentando esta tontería!

    ResponderEliminar
  40. Como tal que no hace falta dejaros como unas burras porque ya os dejais vosotras mismas. Más, cuando es advervio, lleva tilde en la a. Mira neniña, porque no te apuntas a quitar el graduado de noche.

    ResponderEliminar
  41. Alicia en el pais de las marabillas03/05/09, 21:03

    Burra é aquela persoa que pensa que na rede se pode identificar á xente. Vaite á escola rapaza.

    ResponderEliminar
  42. Gloria Lago03/05/09, 21:19

    Pues yo lo que pienso es que a marcial le debían de hacer una estatua. Con aportaciones populares. Porque gracias a él mucha gente tiene un cacho de pan que llevarle a la boca a sus hijos. Y también tienen casa de piedra. El techo es de piedra, de piedra son los muros, el chan, hasta el corazón es de piedra. Lo que pasa es que hay mucho desagradecido. El fallo fue hacerles casas.

    ResponderEliminar
  43. Quizás non tería que seguir comentando, pero sinto a obriga moral de ter que facelo.

    Dices non ter coñecemento exhaustivo, pero afirmas que a xustiza "nunca" puido demostrar a súa vinculación co narcotráfico. Resaltas a faceta máis humana recollida no libro "digna dun relato de Dickens", e tamén dices, para resaltar a súa honestidade e honradez, supoño, "que ten asumido nalgunha ocasión a súa relación co choio do fume".

    Sinto ter que repetir que a noticia está enxaguada. Pero agora vou engadir o que de verdade penso. A noticia non é digna da traxectoria deste blog. Síntome francamente deceptcionado, de verdade.

    Si se me permite, quixera aportar algún dato e algunha reflexión.
    Empezando polo final. Marcial Dourado ten alardeado, sí alardeado, de que el deixou o contrabando de tabaco cando este pasou a ser delicto. Pois, ben, por eso é tan importante a condena por cohecho, porque pon en evidencia que mentía, sigueu adicándose ó contrabando cando pasou a ser delicto. Polo tanto minteu.

    Penso que non merecía un tratamento tan benébolo. Non digo que teñamos que colgar a ninguén nunha praza. Ademáis vivimos nun estado democrático e rixe a presunción de inocencia. Pero tamén é verdade que moita xente, nais, asociacións antidroga, Concello, Xunta de Montes en mancomún, algúns partidos políticos, grupos ecoloxistas, xornalistas, etc. tiveron que adicar moito esforzo, tempo e diñeiro, para frenar mil e unha falcatrúas que ten feito. Polo tanto, como mínimo rigor. Aínda que só sexa por respecto a toda esta xente que dou a cara de verdade, non nun blog, en moitos momentos nos que non era tan sinxelo.

    Agora un par de datos para rematar. O post é do 29 de abril. Ben, a vista oral polo alixo de casi 7.000 quilos de cocaína incautados no marco da operación retrofornos no barco south sea comenzou o 16 de febreiro. Foi unha operación conxunta da Policía e do SVA (por certo, tamén vaia aquí o recoñecemento ós corpos e forzas de seguridade do estado que se xogan a vida por defender a legalidade e que pouco se lles valora moitas veces). Está previsto o seu remate para xuño, debido á cantidade de imputados. A petición fiscal para marcial dorado é de 17 anos. Estaba en libertade condicional por esta causa e en prisión polo cohecho.

    O 2 de abril, o xuíz Grande Marlaska decreta a prisión incondicional (o que non é ningunha broma), para marcial e a súa filla, e outros, por unha causa que vai parella á outra e na que se lle imputan (extráese do sumario que foi filtrado) dous delictos, blanqueo de capitaís procedente do tráfico de drogas e outro contra a facenda pública.

    Mira por donde, o asunto dos paraisos fiscaís, de actualicade trala crise do sitema financeiro mundial, tamén ten repercusión nunha pequena vila como a nosa. Trala incautación do south sea bloqéanlle as contas de Suíza. Aí comenza a haber problemas financieiros. Móntase un entramado empresarial, según o auto, ficticio e non rendibel, para facer aflorar ese diñeiro. Polo tanto darlle a razón a aqueles que falaban da competencia desleal, tamén neste caso.

    E agora si que xa remato de verdade. O modelo de persona de éxito é outro, non é marcial. Na Arousa hai miles de historias de xentes que sacaron adíante á súa familia, déronlle estudios ós fillos e construiron casas partindo da nada, e todo elo con moita dignidade, moito esforzo e traballo. Eses son o exemplo. Eses son os que merecen todo o meu respecto e admiración.

    Contribuamos a que cando unha cámara vaia a un colexo da Arousa, os nenos digan que queren ser...

    Eu quero ser carpinteiro, mariñeiro, bateeiro, rasteiro, sequeira, albanel, tendeiro, enxeñeiro, barrendeiro, médico, avogado, xornalista, cura, monxa, taberneiro, reloxeiro, arquitecto, fontaneiro, electricista,... DA AROUSA. Coma a miña nai, o meu pai, os meus abós...

    P.S. Fixádesvos que menos o de monxa, todos os demáis saíronme en masculino. Ese é outro debate. Que veñen as festas e quen fai a comida é a muller e o home toma as chiquitas.

    ResponderEliminar
  44. olvidouseche algo, xa que eso no pon a prensa. o caso de blanqueo abreuse no 2004 en vilagarcia e hai un sumario. despois pasa a AN e leva en secreto deste enton. e agora cando se esta celabrando o xuízo ocurren estas detencións. quizas porque no xuízo, que dura uns cuantos meses, non se nombra agás nos primeiros días que son as súas declaracións.
    Un pouco sospeitoso non? ou simple casualidade. leete o sumario e aclararas moitas dudas

    ResponderEliminar
  45. Non entendo o que querees decir, sintoo. O dato do inicio das investigación por blanqueo de capitais e contra a facenda pública no 2004 xa o puxen no outro post, cando se pechou éste, decindo que se deriva da incautación no 2003 do alixo de 7000 quilos de coca. Non vexo que engadas nada que eu puxen. Explícate.

    ResponderEliminar
  46. Que tanto listo e estudiado hai polo blog, ainos que non saben escribir porque non tivemos medios pa facelo e nos tivemos que dedicanos a traballar pero seguro que podemos ser mais persoas que calquer intelectual que pensa que por saber escribir e non ter faltas de ortografia xa e mais listo que nadie, en fin, xente hai moita pero persoas moi poucas!!

    ResponderEliminar
  47. animo a marcial e a toda a sua familia!!!

    ResponderEliminar
  48. Hola a todos, son unha rapaza da arousa, que non pode deixar de dicir o que pensa despois de leer tanto comentario. Non pretendo ofender a ninguen, pero vexome na obriga de dicirlle a leticia que me parece moi ben que defenda a sua familia, pero que baixo o meu punto de vista non ten razon, todos vivimos no mismo pobo e sabemos ó que se dedica cada un... eu coñezo persoalmente a marcial, e podo dicir que como persoa e fantastico,pero os seus negocios...os seus chanchullos... eso e fariña de outro costal.
    A alicia, gustariame preguntarlle si e avogada... parece saber moito dos treje-manejes de marcial dorado como para defendelo asi, que teran en comun?
    Lein tamen un post firmado por unha tal Gloria lago, no que di que hay facerlle un monumento a marcial, e eu preguntome, que foi eso tan importante que fixo como para merecer un recoñecemento asi? E xa por rematar, a ese que firma como anonimo, decirlle que as cousas non se fan así,podes expoñer o teu punto de vista sin faltar o respeto a nadie, e os cmentarios que fas sobre a educacion ou os "modelitos" non teñen nada que ver co tema en cuestión, e que a razon que puideras ter, perdela nas formas.
    A verdade e que é unha pena que lugares tan bonitos e entrañables como poden ser a nosa illa, a comarca do salnes e todas as rias baixas, se coñezan o largo e ancho do noso pais por ser a cuna dos maiores narcotraficantes habidos e por haber e non polo que deberian ser coñecidas, as suas xentes traballadoras, os seus fermosos paraxes e as suas praias, fonte da maior riqueza de galicia, o marisco...
    Non teño nada mais que dicir... hasta outra... unha amiga da illa

    ResponderEliminar
  49. Eu nunha ocasión no extranxeiro falando cun brasileiro dixenlle que era da Arousa e cal foi a miña sorpresa, que me dixo que si que conocia a nosa terra e que si tiña material que ali o habia moi bo. O dicirlle que eu non andaba neses rollos, dixome si queria eu. Por eso que realmente si nos conocen desgraciadamente por esos temas e coincido co comentario de arriba. Outro amigo da Illa dende o respeto e a opinion moderada que non lle ten porque parecer mal a ninguen.

    ResponderEliminar
  50. A esa rapaza da illa que di que coñece a Marcial, que o dudo moito; xa que si realmente o coñeceras non dudaria desos chanchullos o ¨negocios¨ que dis.Defendo o inxusto e a mentira e os que o coñecemos sabemolo.

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.