16.4.09

Avanzan as obras do novo porto

Imaxes tomadas desde o mar

Aquí teñen unhas imaxes do estado actual das obras do novo porto do Chufre.


21 comentarios :

Anónimo dixo

¿Onde van fondear os barcos que estorban para facer o porto deportivo? Porque creo que pantalans de amarre para a flota non se van facer.

Anónimo dixo

De eso non te preocupes home, que pronto acabaran con todos os que estorbamos na Illa e xa non quedaran barcos nin xente Isleña que estorbe. Ahora que o pepiño e ministro cerraran a Isla para que el poida pasear tranquilo. Xa que cando viña antes xa trae escolta da GC, a ver ahora.

Anónimo dixo

QUE PASA QUEREMOLO MUELLE NOVO OU NON¿? POLO QUE VEXO AQUÍ O CARALLO E PROTESTAR, A MIN O QUE FAJA PEPIÑO TRES CARALLOS ME IMPORTA QUE NOS FAJAN O MUELLE E PUNTO E MENOS CRITICAR A QUEN COMPRA OU DEIXA DE COMPRAR PISOS NA ILLA, SI FORA LOUZAN, FRAJA OU O PRESIDENTE FEIJOO ESTABA BEN E LAMBIADESLLE O CU NON SI...CANTA HIPOCRESÍA!!!

Anónimo dixo

A min non me preocupa quen "compre" pisos na Illa, preocupame onde vou amarrar o meu barco, e no muelle novo so van amarrar os domingueros. Eu pagolle moi religiosamente a Portos de Galicia para estar fondeado en bahia. Se fixesen primeiro un pantalan coma en Vilanova, Puebla, Rianxo, Cabo de Cruz,etc estaria moi satisfeito. Pero como eso non e asi protesto neste foro de debate. Non e protestar porque si e unha critica constructiva que a algunha xente non lle gusta. Primeiro resolver as necesidades do pobo que ten moitas, e despois que fagan grandes obras para fomentar o turismo e vender mais pisos.

Na Arousa dixo

Eu non comparto moitas das opinións que que se escriben aquí. A veces non comparto nin as miñas, que lle vamos a facer. O que sí penso é que o desacordo maniféstase co contraste de opinións, non negando a discrepancia, eso ten outro nome. Ata o de agora ninguén dixo que non quixese o porto, é unha reivindicación de toda a vida e tamén unha necesidade, non hai máis que ver a flota coa que conta a Arousa (por certo, a bateeira totalmente sobredimensionada) e as instalacións coas que contamos, si o comparamos co resto de portos da Ria é para botarse a chorar. Hai algúns anos incluso se plantexara un porto cerca de Riasón. Os que verdadeiramente se van beneficiar del están moi caladiños, xa teñen outros que lle fan o traballo suxo, obteran algo a cambio?, seguramente sí, algúns viven de puta nai facendo que defenden o pobo e o que defenden sempre é o deles. Só dan a cara para defenderen o deles, nunca os veredes solidarizándose con ninguén.

Anónimo dixo

Un muelle bo si, xa, pero o vial de acceso e tanto o mais importante que o muelle, non podemos permitir que tampouco se faga.

Na Arousa dixo

O peirao do Chufre non está mal comunicado, o que ten é un problema de accesibilidade no último tramo. Os verdadeiros problemas de comunicación estanse a producir máis alá da ponte, véxase o centro comercial e outras cousas que queren facer no Terrón, e sobre eso ninguén dí nada. Pode producirse un verdadeiro estrangulamento das comunicacións da Arousa por estrada, non existe planificación algunha que garanta conexións áxiles coa via rápida do salnés ou coa autopista. Ese é o verdadeiro problema. Con respecto ó porto e á estrada, xa sei que agora non é o momento, xa todo está en marcha, pero non sería mellor centralizar as descargas en poucos portos na Ría, ben comunicados, coa industria cerca, que andar a facer portos en tódalas vilas?. Onde está a industria que xustifique un porto como o da Arousa?, cantas fábricas de conserva hai na Arousa? é a Arousa o lugar axeitado para a instalación desta industria ou sería mellor localizalas nun polígono con todos os servizos e garantindo a sustentebilidade do medio? alguén se preguntou todo esto?. Decían Os Resentidos, de cú, de cú, imos de cú, economía sumerxida, economía sumerxida. Somos 29 na casa e estamos todos no paro. Daquela eran tempos da crise do sector naval, a versión actual sería: Somos 4 a bordo e estamos todos xubilados.

Anónimo dixo

O porto da Illa ten unha importancia loxistica importante pola sua situacion. Esta no centro da ria polo tanto mediamente cerca da maioria de poligonos de bateas da ria. De feito as descargas para a industria son so para cocedoiros ou fabricas ubicadas en Vilanova e Cambados. O forte no porto da Illa e a descarga de fresco, onde veñen barcos de todalas partes da ria. Moito mexillon para a exportacion, e algun para depuradoras que si hai na Illa e aredores. Pola sua situacion a Illa de Vilanova son os principais portos de descarga nesta zona, o que non seria loxico seria ir a Vilaxoan ou Rianxo, porto que si ten unha importancia para a industria xa que estan mais lexos da maioria.

Na Arousa dixo

En definitiva o que expós nesta última mensaxe é a absoluta dispersión da industria transformadora e a falla de planificación. Si o porto da Arousa ten que ser base da descarga maioritaria de mexillón fresco destinado fundamentalmente á exportación, coincidirás conmigo que hai que garantir unha conexión axeitada coa autoestrada, e o que está a pasar é un estrangulamento na saída da ponte. Haberá que decidir cales son os portos na Ría mellor axeitados para cada función e traballar para mellorar as súas conexións e servizos, có obxectivo de acadar unha mellor competitividade. O que parece mentira é que a estas alturas, despois das inxentes cantidades de cartos gastados en infraestructuras portuarias, paseos marítimos, etc. fundamentalmente fondos de orixe comunitario, non se mellorase moito nestas cuestións e ainda estemos sin ter claro cal é o destino máis axeitado de cada porto. Así nos vai. E todo elo á marxe da desfeita medoambiental que se ten cometido. Asunto có que teriamos que ser moito máis sensibles ainda que só sexa por interés. Á fin e ó cabo, vivimos da natureza, canto mellor conservada esté mellores serán os seus froitos, e canto mellor conservada esté, máis será o valor engadido que poidamos obter dos seus productos. Penso que ese debe ser o camiño, o contrario é botar terra nos ollos. Cando se acomete unha obra con impacto medioambiental ten que estar moi xustificado o seu interés, e parece que ás veces esto non é así. Non se sabe moi ben o que se quere nin cara a onde se vai. Parece que as obras son boas polo simple feito de ser obras.

Anónimo dixo

Entón o que a persoa de arriba quere dicir e que non nos fai falla máis muelle?non estou de acordo.

Anónimo dixo

amin dame hijual na mais q quero saber en q fechas caen as festas do carmen este ano

Na Arousa dixo

O que a persoa de arriba quere decir xa o di a persoa de arriba. Si non estás dacordo, terá que ser co que digo eu, non co que dices que digo. Ademáis, terás que decir porque non estás dacordo.

Anónimo dixo

A ver, o que a persoa de arriba di que digo, que di, que xa o di...contéstoche, non estou de acordo en absoluto,porque a illa é un punto estratexicamente colocado na ria para ser centro de descargas, como ben apunta o noso compañeiro de aínda máis arriba, a parte a amplación portuaria afectaría favorablemente as nosas economías,penso, sería unha boa maneira para seguir, ou empezar (depende como se mire) a medrar. Espero que che serviran os meus argumentos (ó de arriba) e que sepas que se non expuxen as razóns o outro día foi porque non tiña tempo, pero páreceme xenial que mas pidas, en iso estamos de acordo. saudiños (ó de arriba, ó de abaixo e ós dos lados)

Na Arousa dixo

Xa vexo que non consigues enlazar máis dunha subordinación no texto. O feito é que dis: "a illa é un punto estratexicamente colocado na ria para ser centro de descargas" (sic), e tamén dis que non estás dacordo co que eu digo:"Si o porto da Arousa ten que ser base da descarga maioritaria de mexillón fresco destinado fundamentalmente á exportación, coincidirás conmigo que hai que garantir unha conexión axeitada coa autoestrada, e o que está a pasar é un estrangulamento na saída da ponte", (sic). Penso que non se pode defender que sexamos un punto estratéxico de descarga e non estar dacordo con que a conexión do porto coa autoestrada tamén e fundamental. Agora ben, coincido contigo no de que "a illa é un punto estratexicamente COLOCADO". Entre outras cousas porque eso da illa é un esnobismo coetáneo do contrabando é do narcotráfico. Prefiro a Arousa, nome de lei. Na Arousa tamén nos colocamos, mais tamén nos gusta estar sereas.

Anónimo dixo

Para empezar, e vexas que enlazo perfectamente as oracións, sexan da clase que sexan, eu non falín en ningún momento das comunicacións e accesos de fora da illa,polo tanto non sabes se estou de acordo ou non contigo; o segundo que quero que entendas ti e a xente que que participa deste blog, é que no que NON estou de acordo contigo é con que non atopes na illa o lugar máis indicado para facer a maioria das descargas,como expós nestas palabras "...Onde está a industria que xustifique un porto como o da Arousa?"
Arousa? a ti gustarache máis pero eu prefiro chamarlle A illa; e no de COLOCADOS, ahí si, douche toooda a rasonsiña.

Na Arousa dixo

Alégrome de que enlaces as oracións, agora vamos a ver si enlazas as ideas. Escribín tamén: "Ata o de agora ninguén dixo que non quixese o porto, é unha reivindicación de toda a vida e tamén unha necesidade, non hai máis que ver a flota coa que conta a Arousa (por certo, a bateeira totalmente sobredimensionada) e as instalacións coas que contamos, si o comparamos co resto de portos da Ria é para botarse a chorar." Estou a falar, cando critico a ampliación, da dimensión, da escala. Vexo falta de congruencia na defensa dun porto desas dimensións e na ausencia total das comunicacións coas que tería que contar. Por certo, sigues a interpretar mal o que digo, por ser bondadosa e non decir que me atribues ideas que eu non expresei. En ningún momento dixen que a Arousa non fose o lugar axeitado "para facer a maioria das descargas", o que si penso é que terá que basearse en estudios e deseño global dos distintos sectores, pesca de baixura, marisqueo, mexillón, turismo, etc. e non das ocurrencias máis ou menos acertadas que se nos vaian ocurrindo. De calquer xeito, trátase dunha obra aprobada, adxudicada e que está en execución. Polo tanto as reflexións que fago son xerais.

Anónimo dixo

Polo que vexo gústanche as batallas dialécticas, a min non, solo me gusta expoñer as miñas ideas, sempre co respecto por diante, cousa que a veces a ti se che olvida.
Coma as túas, as miñas ideas e conxeturas son persoais, e eu sigo a entender nas tuas palabras desacordo coas obras do novo porto da Illa, gústeche ou non che guste, ademáis intentas xustificar a túa postura en varias ocasións...pero como ti ben apuntas son obras que xa están adaxudicadas e o que pensemos ti e máis ey non lles importa moito ós de arriba.
un saudiño.

Anónimo dixo

Eu son o de hai arriba e vexo o voso debate e queria dicir duas cousas. Esta claro que a entrada o porto da Illa non e a mais apropiada para a chegada de grandes camions. Por eso que fagan a carretera e algo bo, necesario quizais, eso si sempre respetando dentro do posible os veciños e intentando facer o menos daño ou no seu caso compensando esas perdidas de maneira apropiada para os nosos conveciños. Os bateeiros da Illa deben ter entre 400-500 bateas dentro do Concello aproximadamente non teño os datos exactos(190 Mar da Illa, 130 AMI, 50 Rua Mar, e despois moitisimas bateas que estan en agrupacions de fora do municipio). A flota e grande quizas non tan sobredimensionada porque ainda que hai barcos que so atenden unha batea a maioria son negocios familiares nos que Dous, Tres ou Catro socios, aglutinan un numero de bateas similar, entre duas e Cinco por barco.(Esto e a inmensa maioria). O que esta claro e que temos as peores infrastructuras portuarias da ria, sobre todo en relacion coa importancia da nosa frota. Eu o que pido e que prioricen as infrastucturas para esta xente, bateeiros, e mariñeiros, en xeral que teñan diques de abrigo e pantalans de amarre. E que cando os profesionais teñamos unhas infrastucturas dignas do Seculo en que vivimos, Portos de Galicia gaste cartos nos domingueros. Pero primeiro os que pagamos a Portos para ter uns servizos dignos. Un saudo

manu dixo

O desacordo obxectivo co xeito no que se executa e acomete unha obra non implica a negación da necesidade da mesma. A min non me costa traballo distinguir os dous aspectos. Cousa distinta son a dimensión, servizos, comunicacións, funcionalidade, localización, etc. Ademáis non son o único nin tampouco me importaría. Pero podo recordarche que na redacción do plan xeral presentáronse alegacións á construcción dun porto deportivo na zona do Aguiuncho por varias Agrupacións, algún partido político con representación municipal e por grupos ecoloxistas. Tamén é verdade que o porto deportivo que se plantexaba naquel momento proxectaba un recheo de varios miles de metros cadrados, non recordo pero creo que eran entre 20 e 40 mil. Agardo que non vaian por aí os tiros. Parece que por fin conseguín explicar que estou en desacordo coa obra, non coa necesidade de infraestructuras que presten os servizos portuarios que se necesitan. Eu non che faltei ó respecto a ti nin a ninguén. O que é unha falla de respecto é poñer en boca de un cousas que non dixo. De calquer xeito, si sintes que non che tratei co debido respecto, desculpa. Saúde e terra.

Anónimo dixo

Desculpas aceptadas, e perdoa tamén ti se che faltei, pero creo que tamén me interpretaches mal, xa que eu non puxen palabras ningunhas na tua boca que ti non pronunciaras, o único que fixen foi rebatir as tuas ideas, poida que erroneamente, ou non, pero de iso se trata non si?? de todos modos un pracer "debater" contigo, aínda que me pareceran mal algúsns comentarios.
Espero que sigamos discutindo(ou non) en outras ocasións.
Unha aperta.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...