1.3.09

Os resultados do 2005 na illa


Votos obtidos polas diferentes formacións políticas, na Arousa no 2005



Este gráfico reflicte as votacións do electorado da Illa de Arousa nas eleccións autonómicas celebradas no 2005. Daquela, o censo electoral estivo composto por 4.007 persoas, das que se abstiveron de votar un 19,9%. Tradicionalmente, a illa rexistra sempre unha alta participación en todas as citas coas urnas. Xa veremos os resultados que nos deparan estas eleccións.

4 comentarios :

pan de ovos dixo

Pois ahi vai unha aperta solidaria aos 20 de esquerda unida da illa,e un saúdo especial tamén para todos os anarquistas que viven no Salnés. Saúde.

Anónimo dixo

Que vos parece que poida votar xente que nunca estivo en galiza e os que levamos fora dous dias, pero dentro do territorio do estado nono poidamos facer? Reforma da lei electoral xa. Se resides decides¡

Anónimo dixo

Estou de acordo. Que sabera o neto dun emigrante que nunca estivo en Galicia do ben ou mal que o fai un Goberno. Desgraciadamente ese voto controlao o partido do poder porque e o que mais "subvencions" e axudas pode dar, e mostranse reacios o cambio, porque os beneficia. Si nunca estivestes en Galicia non podes votar, para min e unha vergoña.

Anónimo dixo

Estos días comezou unha pequena corrente de opinión neste sentido. Esperemos que despois dos resultados non quede en nada e siga adiante. Podedes visitar a páxna www.seresidesdecides.com. Alí podedes deixar o apoio a esta iniciativa.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...