2.3.09

O balance dos resultados, en clave local

A Illa de Arousa foi un dos dous concellos da provincia de Pontevedra que lle outorgou a maioría dos seus votos ao PSdeG (o outro foi Fornelos de Montes). Os socialistas manteñen a hexemonía no territorio insular, pero acusan a maior perda da xornada electoral, con 163 votos menos ca nas pasadas eleccións do 2005. Pola súa banda, o BNG, socio no goberno da Xunta, tamén resultou castigado nas urnas arousás, ao perder 68 votantes. O Partido Popular, o grande triunfador das eleccións galegas do 1 de marzo, pode estar satisfeito dos resultados logrados na illa, cun total de 1.193 votos, 251 papeletas máis ca nos anteriores comicios autonómicos.

O PSdeG resiste na illa, pero perde forza. Autonómicas 2009.


Unha vez máis, os veciños da Arousa acudiron masivamente aos colexios electorais, (82% de participación) aínda que esta vez, repartiron o voto entre máis partidos. Se no 2005 elixiron entre seis candidaturas, o pasado domingo obtiveron algunha papeleta 11 partidos diferentes. É de destacar a lixeira subida de Esquerda Unida, con 17 votos máis, e o apoio recibido por UPyD na primeira vez que se presentaba ás eleccións, que o sitúa como a cuarta forza máis votada na Arousa.

Das catorce candidaturas, once recibiron algún voto na illa


Logo dunha lexislatura de goberno bipartito entre socialistas e nacionalistas, o Partido Popular recuperou o poder da Xunta de Galicia, con Alberto Núñez Feijoo á fronte. Ábrese así un novo escenario para Galicia, e tamén para o Concello da Illa, que deixará de ter un goberno afín nos despachos de Santiago. Ata que punto influirá?

24 comentarios :

Anónimo dixo

Corríxeme se me equivoco, pero penso que hai un erro na crónica. Porque te refieres ó BNG como ex-socio. O governo permanece en funcións trala celebración das eleccións e ata a constitución do novo governo. Con respecto á segunda pregunta, si este governo municipal en 4 anos de governos afíns non foi capaz de acadar mais logros, mal o teñen.

Anónimo dixo

Unha reflexión antes de deitarme. Por suposto non é miña, linlla ó Reixa en Xornal. Sabedes cantos votos lle sacou o pp á suma dos acadados polo psoé mailo bng. 40.000?, 30.000?, 25.000?..., non, apenas 10.000. O reparto electoral, conforme á LOREX, non á lei D´hont, como se adoita decir, tende a distorsionar as verdadeiras diferencias, convén ter esto presenta á hora de tirar conclusións. Outroa Galiza é posible, outra Arousa tamén.

Anónimo dixo

Un último dato, sabedes cal é a diferencia de votos que obtivo o pp o 1 de marzo con repecto ás eleccións do 2005: 3.216 mais. Menos que o total de votantes na Arousa. Uiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii !!

Feitas estas consideracións iniciais, xa vai sendo hora de falar dos resultados en clave local, que era a túa proposta. Eu penso que marcan tendencia, a crise tanto na baixura, marisqueo e mexillón non a vai arreglar o pp no que queda ate as próximas municipais, así que o cambio vai depender moito do que faga a oposición, da súa capacidade de ilusionar ós veciños e romper o respaldo maioritario que obten o psoé unha e outra vez, recordemos que é o único concello de Pontevedra onde gaña o psoé.

Anónimo dixo

O PSOE e o BNG que non se increparon nada en campaña, podian haberse presentado en coalicion. Que se unan para as eleccions si eso lles interesa. Xao intentou Almunia do PSOE e Paco Frutos de IU no 2000 e non lle saleu ben, pero que o fixesen. Outra Galicia claro que e posible pero que a coalicion de Goberno perdera 160000 votos en Galicia e significativo. E que o bloque sacou os peores resultados dende 1989 invita a reflexion, e eso estando no goberno cos aparatos do poder no seu favor. E significativo que na illa o PSOE perdeu votos 200 e pico de votos dende 2005, e o PP gañou 250 desde esas eleccions. Esta claro que na Illa o PSOE ten uns 1400 votos irreductibles que fagan o que fagan se manten e o resto de partidos en funcion das politicas boas ou malas suben ou baixan. Non vexo cambio de goberno na illa en 20 anos, porque que o PP gañe por maioria absoluta e case imposible. Ainda que o PSoe non gañe ten a Carlos do BNG moi critico coas politicas municipais pero que ten que respectar as ordes de partido. Temos PSOE para rato.

Anónimo dixo

Perdon o PSOE so perdeu 150 votos non 200 e o PP subeu 260. No obstante a tendencia e similar a de toda Galicia, subida do PP e baixada do PSOE E BNG, respecto 2005.

Anónimo dixo

Estamos analisando erróneamente os resultados. Estamos comparando o resultado total do 2005 có parcial do 1 de marzo, xa que falta o voto CERA. En realidade o PP subeu 56.389 votos, mentres o psoé descendu 25.983 e o bng 39.618. En total as dúas forzas do bipartito perderon en catro anos o apoio de 65.601 electores residentes no país. Así queda reflexado hoxe en ANT diario. Por outra banda, onte De cospedal deume a impresión de que estaba a poñer panos quentes co voto CERA, descoñezo os datos, pero cheirame que o pp pode perder un deputado por ourense, xa se verá. Para tirar conclusións é preciso unha análise real, e a verdade é que a maioría dos medios non axudan.

Anónimo dixo

A verdade e que tes razon, como o voto dos emigrantes non e decisivo como hai catro anos todo o mundo se olvidou del. Gracias por precisar estos datos. O que esta claro e que o que goberna e ten mais recursos economicos controla o voto emigrante. Ojale se chegue a un consenso para que esto sexa o mais democratico posible, e que so voten os galegos de verdade.

Anónimo dixo

O voto CERA non sei si é decisivo ou non, pero penso que o pp vai quedar sen un deputado por ourense. Co cal a victoria do pp foi moi xusta. Que non cunda o desánimo. O que non poden facer estos é desmontar o que se fixo en beneficio de todos, como a galescola. Eles son mais de privatizar os servicios públicos. Seguro que las monjitas están muy contentas pensando que la cerrarán. Amén. Por outro lado é curioso o empeño que ten o pp en desmontar sobre todo o que se fixo nas áreas de goberno xestionadas polo bng, eso que quer decir?, que están dacordo co que fico o psoé ou que o psoé non fixo moita cousa.

Anónimo dixo

Eu non sei si o PP perdera o escano que ti dis por Ourense, realmente non e relevante. Que a victoria do PP e moi contundente no dubida ninguen, e que o Bipartito levou un duro golpe nas urnas que non esperaban nin de coña tamen. Que fixeron cousas boas, como a gratuidade dos libros de texto por exemplo no dubida ninguen, pero que a xente normal, e refierome a normal a que non ten ningunha corriente ideoloxica definida, non veu cambio. Nin na sanidade, nin no emprego, nin na rexerenacion democratica (Voto emigrante), nin e moitos temas que prometeron reformar e non fixeron. E que o correctivo foi moi duro tamen, xa que o BNG dende a Vicepresidencia sacou os peores resultados en vinte anos. O comentario das monxas no atopo normal, xa que o que lle sobran as monxas son nenos na garderia, e faltanlle plazas, e que cerren a Galescola e unha estupidez. O unico que cambiara e a liberdade idiomatica na ensinanza.

Don Olimpio dixo

Vou intentar conterme. Os índices de desemprego na Galiza son dos mellores do estado, só por debaixo de Baleares, a economía galega ainda non entrou en recesión, farao, pero aguanta mellor que as do resto do estado, queres comparalo con murcia?... O crecemento do PIB galego foi moi bo, converxemos e crecemos por riba da media. A sanidade, en fin, reducción das listas de espera, integración das fundacións no Sergas, a maior OEP na historia da sanidade en galicia... Por suposto que non estou contento con ela, mais o avance foi brutal. En rexeneración democrática, non sei como non che doe a boca só con nomeala. O voto Cera que llo pregunten a frijolito que foi director xeral de correos cando dende santiago lle chamaba don manuel e decia "mándame sólo 12 sacas por orense que es suficiente". Por certo sabedes que frijolito andaba de balde nun coche de Psa, será que agora ten que vender o audi e comprar todos os coches da xunta a este grupo, iso si que é rexeneración democrática, por que non sigue viaxando gratis no coche que lle cederon, eso sí que sería aforrar. En fin, a crises nona pode negar ninguén, e na Arousa é importante, o sector mexilloeiro está mal, o marisqueiro parecido. Ten difícil arreglo, pero digo eu, Quen importa marisco foráneo e o distribue como si fose galego? os propios depuradores galegos, que por certo están la mar de contentos por que ganó el pp. O das monxas que che vou contar, non vos debería afectar, xa que non tendes corrente ideolóxica definida. Amen. As galescolas supoñian unha aposta polo ensigo galego, público e de calidade. A garderia "sonrias y lágrimas" é moi boa, do mellor que coñezo, pero non é pública nen galega.

Anónimo dixo

Mira si mellorou a sanidade que por fin na Arousa vai haber unha nova farmacia, co cal mellorará o servizo. Cando estaba o pp xa sabiamos que non era partidario de romper este monopolio. Queriades mais, pois xa o tendes. Como xente traballadora pode defender estas cousas. Ou é que somos todos ricos?. Menos mal que non tendes corrente ideolóxica, si polo pp fose non teriades corrente de ningún tipo. Consideraban a ponte unha obra innecesaria e moi costosa. Esa é a historia da dereita con este pobo. Cómo pode haber quen a defenda?.

Anónimo dixo

Agora xa sabes que o pp perdeu o escano por Ourense que eu decia. Non por que o dixera eu, senón por que cando se fala é bon facelo baseándose en datos. Non son adiviño. Si teño ideoloxia, non renego dela, estou moi orgulloso. Adiante co BNG. Por certo, decirlle a frijolito que as galescolas non son ensino obrigatorio, e que aos nenos de 0 a 3 anos non se lles ensina a ler nin a escribir. Deus nos colla confesados.

Anónimo dixo

Finalmente o bipartido acadou 5.000 votos mais ca o pp. Datos provisionais e á espera de reclamacións. Vaia, vaia, onde está a victoria contundente? ese plus de lexitimidade que decia frijolito, como temos que inerpretalo agora?, como plus de ilexitimidade. Definitivamente mantén un discurso para a maioria pouco instruida. A luita continúa.

Anónimo dixo

Si sacaron tan bos resultados coma ti dis porque dimiteu Touriño, e Quintana hai duas semanas que non se sabe del. O voto emigrante e unha corruptela, o partido que gaña e sempre o do goberno. O psoe poñia a pingar con razon os do PP que o manipulaban cando gobernaba e agora fixose o mesmo pero o reves. O unico que no queria era o Bng porque non lle interesa. Un que nunca pisou Galicia non pode votar, e a miña opinion independentemente do resultado. Para que continua a loita, para recuperar o goberno, para expulsar o 47% de fascistas que votaron o PP de Galiza ou para que. Explicamo porque se queredes un Pais coma Euskadi, onde os non nacionalizastas son enemigos da patria vasca, eu non votarei mais o Bng. E hai xente coma min que non e nacionalista e en ocasions vota ao BNG. Eu dentro de catro anos xa loitarei outra vez co meu voto de castigo ou de agradecemento, ou en branco ou xa se vera. Esa e a loita dos cidadans.

Na Arousa dixo

A ver si aprendemos a leer. Onde dixen eu que o bipartito acadase uns bos resultados? So fixen unha reflexión sobre o resultado real das eleccións, e referíame a que si frijolito dixo que o escano 39 lle daba un plus de lexitimidade, textual, eu digo que ó perdelo carecerá do mesmo, según el dí. Tamén dí que lle traspasen o poder xa, pero acaso xa é presidente?. Hai que respectar a legalidade, pero eles non entenden deso. O bng é unha forza transformadora, defende moitas medidas impopulares, en clave de pais, por que cré nel, por que pensa que galiza e os galegos temos futuro no noso pais, así lle vai. Outros teñen o lixo e as multas sin pagar e din que o presidente terá un coche de vigo e resulta que para el mercou un audi. Tamén che vou explicar outra cousa, á galega, cunha pregunta, a canta xente explulsou da galiza o bipartito nestes catro anos?. Hai xente que en ocasións, nacionalista ou non, ve mortos, votando, igual ca ti, cada catro anos. Canta xente emigrou nos 16 anos anteriores do goberno do pp, na década dos 90 200.000 mozos e mozas a canarias. Quero un pais orgulloso da súa lingua, non quero un pais de garrafón. O pobo é quen mais ordena, a xente que vote a quen queira, pero o pp é quen se nega a condenar a dictadura, que durou cuarenta anos, e recórdoche que non se podia votar. O nacionalismo galego sempre se caracterizou pola defensa da democracia e da soberanía popular, cando outros andaban na gran cruzada. Así o deixou escrito Castelao no sempre en galiza. Xa sei que non o vas leer todo, coa última páxina chega, e despois dime con que non estás dacordo.

Anónimo dixo

Que se vaia a xente do sitio onde naceu, quere e vive para atopar maior calidade de vida ou oportunidades laborais noutro lugar e triste, pero non e unha expulsion por motivos ideoloxicos. Eu non dixen que o Bipartito votase de Galicia a nadie, Teresa Taboas na campaña dixo que habia que votalos de Galicia, referindose os do PP pero non creo que o sinta, ou eso espero. En canto as ditaduras, os parlamento español condeou por unaminidade a ditadura de Franco con bigotitos de presi. Eu personalmente non teño que xustificar a ninguen pero moitos andan con Franco as voltas 35 anos despois da sua morte. Lastima non morrera antes, todos sabemos o que fixo e cada un fara os seus xuizos da represion. O que me jode moito e que hai politicos que din ser de esquerdas, e falan de Cuba coma a revolucion, cun home que leva 50 anos no poder e despois de impedido deixa o seu irman o fronte da nave. Onde non deixan votar chamase ditadura non revolucion. Digan que son de dereitas ou esquerdas son fascistas que eliminan o que pensa diferente. E unha dictadura no seculo XXI ainda ten mais delito, porque se supon que agora non hai tanto ignorante, nin tanta informacion coma hai 40 ou 50 anos. Un saudo

Na Arousa dixo

Acho que non recordas ben o que escibes. Si en catro anos non expulsaron a niguén, porque o ian facer despois? Vaia forma de tragar. Táboas o que dixo era que habia que non votalos para botalos fóra. Non teño claro que o pp condenase a dictadura, si foi así, pido disculpas, mais hei de consultalo. Ya estamos con cuba mano, vaia obsesión. Cuba sí, Ianquis non.

Na Arousa dixo

Xa está consultado, o que condenou o pp de ansar o 20 de novembro e 2002, curiosa data, foi a represión na dictadura, non a dictadura.Mais mira o que pasou no último debate sobre o estado da autonomía en outubro pasado:
El franquismo, que ni siquiera fue citado por los líderes de PP, PSdeG, y BNG, se convirtió ayer en el
protagonista inesperado del último debate sobre el estado de la autonomía de la legislatura. Por
sorpresa y sin ninguna explicación oficial, la formación que dirige Alberto Núñez Feijóo votó por
primera vez a favor de una resolución, propuesta por socialistas y nacionalistas, que condena la
dictadura franquista. El texto, aprobado por unanimidad, dice textualmente: "El Parlamento de
Galicia insta a la Xunta a proseguir con las acciones dirigidas a recuperar y dignificar la memoria de
las víctimas de la represión franquista y de la Guerra Civil, eliminar los símbolos, denominaciones y
referencias franquistas de calles y edificios públicos, así como a colaborar en la identificación de los
desaparecidos y enterrados en fosas comunes durante la dictadura franquista, que este Parlamento
una vez más, condena".
El cambio de posición del PP se ha producido apenas dos días después de que sus concejales en A
Coruña votasen en el ayuntamiento en contra de una resolución semejante (su jefe de filas, Carlos
Negreira, que también es diputado autonómico, votó ayer a favor en la Cámara gallega).La oposición votó
a favor de instar a la Xunta "a continuar con la aplicación del Plan de Normalización de la Lengua
Gallega, aprobado por unanimidad por el Parlamento y que indicó el camino de aproximación, pactos
y consenso que deben permitir el impulso de la lengua gallega dentro del respeto a los derechos de todos y de acuerdo con el Estatuto de Autonomía".

Anónimo dixo

Volvoche a decir que a min dame o mesmo o tempo que queiras emplear en remenxer no franquismo. Unha parte da historia da que debemos aprender os erros para non repetilos. Nada mais que eso. Xa vexo que Cuba e supoño que Corea do Norte deben ser os teus referentes politicos, e USA non. Acaso teñen todolos Americanos culpa do seu presidente, eu critico a Fidel non os pobres cubanos que non teñen nada. E non vexo normal que sendo tan democrata non condenes a ditadura Cubana como eu condeno a Franquista. Viva Hugo Chavez para muchos años.

Na Arousa dixo

Recoméndoche o seguinte enlace http://www.kaosenlared.net/noticia/escasa-cultura-democratica-medios Que di entre outras cousas s seguintes:
En realidad, el prestigioso centro de estudios económicos de Washington, CEPR (Center for Economic and Policy Research) en su análisis de los indicadores económicos y sociales durante los últimos diez años en Venezuela, da un notable alto a las políticas económicas del gobierno Chávez. Entre otros indicadores, CEPR muestra que Venezuela ha sido uno de los pocos países que han conseguido sobrepasar el objetivo del programa de Desarrollo Humano de las Naciones Unidas (de reducir la pobreza extrema a la mitad) disminuyendo de un 25% de la población en 2003 a un 7,6% en 2007. También ha visto una de las reducciones de las desigualdades más notables ocurridas en Latinoamérica. Tal gobierno ha reducido también el desempleo en diez años, pasando del 11,3% al 7,8%, habiendo a la vez aumentado la población que recibe beneficios de la Seguridad Social (doblándola), consiguiendo ello a la vez que ha reducido la deuda pública pasando de un 30% a un 14% del PIB (ver Chavez Administration at 10 years: The Economy and Social Indicators. CEPR).
Outra recomendación, Fidel Castro, Biografía a dos voces de Ignacio Ramonet. Hai que documentarse mais e non andar no tópico todos os dias. Se ainda fose no trópico entenderíache.

Anónimo dixo

Non hai mais que falar. Un tio que defende dous dictadores non vale a pena

Na Arousa dixo

Vaia, eso mesmo era o que decia Fraga. Non hai mais que falar.

Na Arousa dixo

Análise dos resultados das Eleccións
ao Parlamento de Galiza 2009
http://www.encontroirmandinho.org/analisecarlos.pdf

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...