19.3.09

A escultura segue no seu sitio!

Imaxe da escultura do afogado, tomada o pasado verán

Nos últimos días espallouse un falso rumor sobre a desaparición do afogado

[Noticia rectificada] O afogado esculpido por Camilo Otero nun con do Aguiuncho non foi sepultado en cemento polas obras do porto do Chufre, tal e como publicamos neste blog. Parece ser que a escultura segue no seu sitio. Rogámoslles que saiban desculpar o erro, que nos obriga a unha reflexión sobre a necesidade de contrastar, sempre, as informacións. Pedímoslle tamén desculpas ao Concello, ao que acusamos de falta de sensibilidade, dando por bo o rumor de que a escultura desaparecera.

17 comentarios :

Na Arousa dixo

Sen ánimo de defender ó Concello, (onde quedaron aqueles tempos nos que non se permiteu construir un galpón nese mesmo lugar ou onde os veciños impediron levantar unha casa no furado onde hoxe hai un edificio) a en funcións Conselleira Caride, "diola vexa ir". Decía o foleiro, que gustaba moito de beber, cando na Arousa se metían con el que o que facían falta eran moitos silabarios. Agora no Concello haiche moito letrado. Esqueceron a sabiduría do pobo. Pero eles sonche moi listos. COMENENCIAS.

Anónimo dixo

Esta escultura era unha marabilla coa que o autor se adiantou 10 anos a corrente do Land Art (http://es.wikipedia.org/wiki/Land_Art) ou incluso ao concepto de intervención (http://es.wikipedia.org/wiki/Intervenci%C3%B3n_(arte)).

Na Arousa dixo

A ignorancia é atrevida. Recordo hai uns anos cando un xornalista, creo que na ser, lle preguntaba ó Alcalde pola necrópole dos bufos e a súa datación, éste con evasivas repondeulle que era do último. O xornalista insisteu e preguntoulle, do último de qué? e o Alcalde respostou, do último de todo. Cousas veredes, ou escoitaredes.

Anónimo dixo

¡Joder! Vaya putada os han hecho.
¡Recuperarlo sea como sea!! que lo restauren y que después lo rehubiquen si hace falta, que cojones.
Esta claro que el coeficiente mental y la cultura de los políticos y de los constructores deja mucho que desear. Ya no hablo del intelectual.
La sensibilidad no la vais a encontrar en un ayuntamiento.

Anónimo dixo

He escrito en el post anterior, y me corrijo: quiero decir "reubiquen".

Anónimo dixo

Onte saleu no "Faro de Vigo" que efectivamente taparan a escultura de Camilo no Aguiuncho, pero eu non estaba tan segura asique me decidín investigar pola miña conta, xa que eu son de esa zona e esa obra ten un valor moi especial para min,descubrín que por agora segue alí, de feito hoxe xa sale rectificado no periodico!!!tampouco desapareceu o cacho que queda da cruz, por ahora parece que estamos tendo sorte, agolá respeten esa parte da cultura arousana!!

rumorosa s.a

Luísa dixo

o faro de vigo contraataca:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009031900_17_307638__Arousa-Afogado-sigue-todavia-Aguiuncho

Na Arousa dixo

Ostia Fito, como se nota que es labrego e non mariñeiro. Así que foi mirar con toda chea e na veu. E pon na noticia para xustificarse "de ahí que se pensase"..., pensáchelo tí, mira como a rapaza foi mirar coa marea baixa. Seguro que llo preguntou á nai. Moi ben pola información da enviada especial, a ver si te chaman para CQC. Así é como se deben facer as cousas, ter espíritu crítico, ser inconformista, e xa que che quedaba cerca pois fostes mirar. MOI BEN.

De tódolos xeitos,agora xa en serio, na noticia de onte decíase: "La justificación que se da desde el Concello es que resultaba del todo imposible retirar la piedra que acogía esta talla, además de encontrarse seriamente deteriorada por el paso del tiempo y por las mareas, lo que ayudó a descartar su conservación. También se aseguraba ayer que poseía escaso valor artístico." Dedúcese que falou co Concello. Debe ser que no Concello tampouco saben cando baixa o mar. Por favor, a ver si os da Confraría lles regalan un almanaque coa táboa de mareas.

Ainda que hoxe o xornal di: "Ambos puntos, aunque quedarán muy próximos al futuro espigón, se prevé que se conserven tal y como se encuentran en la actualidad." Sería bo que a reporteira intrépida vixiase as obras para ver si respectan a escultura e a cruz. Unha suxerencia, si non tes tempo polo traballo ou polos estudios, busca un xubilado que o faga. PON UN XUBILADO NA TÚA VIDA.

Na Arousa dixo

O desmentido do Faro é boísimo. Si o colle Carlos Blanco..., di: "La talla..., acostumbra a desaparecer debajo del agua cuando sube la marea", "acostumbra"..., ás veces, só moi de vez en cando, vai tomar os chiquitos ó porto.

nailla dixo

RECTIFICACIÓN
Ben, agora tócame a min facer autocrítica. Este blog acostuma a ter unha liña editorial independente e unha axenda de temas propios, á marxe das noticias publicadas pola prensa. Dei por boa a información do Faro, e tamén metín a pata. Pero non lle boto a culpa ao xornal, é toda miña, por non contrastar a información, como debe ser en toda práctica xornalística. Pídovos desculpas a todos vós por publicar unha información errónea.

Anónimo dixo

Pues me alegro de que sea así, y doblemente por el hecho de que haya personas que estén alerta en temas como el patrimonio cultural. Eso si, yo me mantengo en que existe una total falta de sensibilidad institucional, dado que por lo visto (con las decaraciones del propio ayuntamiento)no tienen N.P.I del estado de dicha escultura y de su ubicación. Otra cosa es que les habláramos de lindes y ladrillos, eso seguro que lo tienen catalogado y controlado. A seguir adelante!

Na Arousa dixo

Máis que desculpada. Ó final, eu polo menos, botei unhas risas de carallo con estes asunto, sobre todo co desmentido. Creouse opinión, e penso que tamén se trata diso.

Na Arousa dixo

Que vos parece se despois deste debate facemos unha proposta en positivo?. Levaba tempo dándolle voltas a un par de ideas, pero non sabía como enfocalas. As miñas limitacións co photoshop non me permitían facer unha presentación das mesmas para que parecesen atractivas. Así que penso que agora, tamén a xeito de desagravio, é o momento de presentalas. A idea si vos gusta sería elevar unhaa moción ó Pleno coas propostas que deseguido expoñerei, defendela en base ó regulamento de participación cidadá, que non sei si existe, máis a lei de bases de réxime local permíteo, ou ben facerllo chegar directamente ó Concello, os seus email están na páxina web, e ó resto de partidos, tamén os que non teñen representación municipal. Ben, a ver si resumo, que me enrollo moito. A idea xurdiu lendo a Manuel Rivas, nun artigo no que fala da ponte. Ainda que non comparto con el a maioría das apreciacións que fai neste artigo, si coincido en que a estética é francamente mellorable. Ocurréuseme que podería ser trasladable algo parecido ó que fixo Agustín Ibarrola no Eco-espazo o Rexo (http://www.allariz.com/visor.asp?img=%5Cdatos%5CDSC00038%2EJPG&pie=fotograf%EDa...) e que as columnas da ponte fixesen figuras que variasen segundo o lugar dende onde se mirasen, imaxinades ós rasteiros marcando para o seguinte día, ou as sequeiras cando volven da punta co balde á cabeza... (creo que alguén por aquí fixo unha reportaxe sobre o eco-espazo o Rexo). A outra idea, ven motivada polo que aconteceu neste blog estes días. Sería que o dique que se está a construir no Aguiuncho, para continuar co que un comentario falaba de Land Art, fose algo parecido aos cubos da memoria en llanes (http://www.llanesnet.com/loscubosdelamemoria/images/fondollanesnet04.jpg). Estaría ben que a persoa que dirixe o blog, desenrolase a idea, acompañada de fotos, e a ver o que opina a xente. Saúde.

Anónimo dixo

pois a min pareceme unha idea realmente estupenda, sobre todo o do espigón do Aguiuncho xa que me parece o máis viable e como estiven en Llanes e me encantou ese detalle axudarei no que poida!!!


rumorosa s.a

Anónimo dixo

Que facil e falar do que se desconoce, ou se conoce soio de oídas. Hai moita xente que sabe moito mais desa pedra que todos os que estades facende comentarios, algúns insultantes, e non se pronunciou sobre o tema. A Camilo Otero a maior parte dos que escribides nin siquera sabedes quen é, e algún confúndeo con outro Camilo Otero. Informádevos antes de decir tonterías e sobre todo ide a conocer a pedra e o lugar.

Na Arousa dixo

Efectivamente existe un gran descoñecemento sobre a obra e o autor, o que nunca foi impedimento para que fose moi aprezada entre os veciños. Habería que preguntarse que leva feito o Concello para protexer, difundir e poñer en valor non só esta obra senón outros tantos bens, mobles, inmobles, naturais, paisaxísticas, etc. Instrumentos como o catálogo de bens de interese cultural, histórico, etc. onde están?. Si alguén sabe do tema e non expresou a súa opinión, non será por que se lle impideu. Si sabe do tema e lle preocupa tería denunciado a deixadez do Concello na protección e divulgación da obra. Por qué non o fixo?, ou é que el ten ou tivo responsabilidades que nos levan á situación na que nos atopamos hoxe?. De calquer maneira, a noticia e o debate non xiraban en torno ó autor senón a posible afección polas obras do peirao, motivado por un rumor convertido en noticia e recollido por un xornal, contrastado co Concello, que fai unhas declaracións que meten medo, e que non desminte en ningún momento que a escultura vaia ser afectada pola obra. De igual maneira faise unha rectificación, aclaración e pídense disculpas polos autores do blog, cousa pouco común que é de agradecer e demostra en todo caso a boa vontade e a boa fe. No tocante ós insultos que ti dis, releín os comentarios e non acho tal cousa, o tono é en todo momento crítico mais non insultante. Quizás o máis altivo sexa o teu comentario precisamente por facer esa insinuación, cando aquí o que se expresou foi preocupación e interés pola posible destrucción desa peza escultórica. ILUMÍNANOS POR FAVOR. MÓSTRANOS O CAMIÑO DA LUZ E DA SABIDURÍA.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...