Buscar neste blog

28 de feb. de 2009

Guerra de folletos entre populares e socialistas

Portada do folleto propagandístico lanzado polo PP da illa


A resposta do PSOE, máis propaganda electoral


Páxina interior do folleto dos populares


Como xa fixeran en anteriores comicios electorais, as agrupacións do Partido Popular e do PSOE da illa volveron enfrontarse a escasos días das eleccións, mediante panfletos propagandísticos que distribuíron entre os veciños. Os primeiros en lanzar a súa ofensiva foron os populares, cunha publicación de aproximadamente dez páxinas, centrada en denunciar o que eles consideran os "farois" do grupo de goberno socialista. No folleto repasan as promesas incumpridas até o momento polo PSOE: a edificación de vivendas de protección oficial, a construción dunha piscina, dun pavillón de deportes e dun aparcadoiro subterráneo, entre outros.
Pola súa parte, o PSOE respostou ao PP coa edición doutro folleto no que se defenden das acusacións e lanzan, ademais, un novo ataque: as subvencións que recibe por parte da Deputación de Pontevedra a Asociación de Veciños San Xulián, un colectivo que, segundo denuncian, comparte sede co Partido Popular da illa e non ten unha actividade social visible. "En que gastaron os cartos?", preguntan.

Máis páxinas do folleto do PP: sobre as vivendas protexidas e a lei de costas, e sobre as taxas municipais.

4 comentarios:

  1. Sercoysa constructora do cuñado do señor Touriño, multiplica por seis as suas obras publicas. E na illa todalas grandes promocions e obras son de Sercoysa, incluinda unha recalificacion sospeitosa no con do forno. Casualidade ou caciquismo e amiguismo. Os de antes eran malos e os de agora igual ou peores. Nin esquerdas nin dereitas, o cheiraren cartos todos van como o galo o millo. Unha vergonza. O goberno do cambio, so cambiou uns amigos por outros.

    ResponderEliminar
  2. Pero as eleccións eran na isla ou eran na galiza?

    ResponderEliminar
  3. Eran en Galicia creo

    ResponderEliminar
  4. Moi boa a foto de frigholito "o gominas" cos seus fans

    ResponderEliminar

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A administración do blog eliminará os comentarios que estime conveniente.