22.2.09

Carnaval electoral

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nunha batea da illa, o 18 de febreiro


Catorce candidaturas concorren ás eleccións autonómicas do 1 de marzo pola provincia de Pontevedra. En plena celebración do Entroido, os partidos manteñen unha intensa axenda de mitins e actos propagandísticos para convencer aos electores. Pola illa, de momento xa pasaron representantes de Esquerda Unida, do BNG (o propio Anxo Quintana deu un paseo en barco e deixouse fotografar nunha batea) e do PSdeG, este último representado pola Ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa. Ademais, o pasado sábado 21 celebrouse un nova concentración de protesta diante dos pisos do Furado, coñecidos como “vila PSOE”, convocada pola asociación Cafines.

6 comentarios :

Anónimo dixo

Cando hai eleccion todos votan a man polo lombo pero esa man ten que estar cando os cidadans temos problemas. E cando un veciño ten problemas haille que votar a man. O que faga eso tera o meu voto, despois menos palabreria barata e mais feitos.

Anónimo dixo

Si é verdade o que dis, mañán non irás votar. Permíteme que o dubide.

Anónimo dixo

Nas ultimas eleccions galegas xa non fun votar porque no confiaba en NINGUN dos politicos que se presentaban. E case catro anos despois vexo que acertin porque nin me gustaba o que habia antes, nin me gusta o que hai agora. E que os politicos so lles interesa o que teña algo que darlle a cambio, nestas duas semanas o voto.Despois si te e visto no me acuerdo. Podo votar en branco ou por outros partidos minoritarios, ou absterme como forma de castigo, eso non quita que me reafirme no que dixen no primeiro comentario.

Anónimo dixo

Como che interesa o miña decision tanto. Si che digo que non votin, vas dicir que non teño dereito a protestar. E si votin vasme dicir que tiñas ti razon. Asi que conteste o que conteste vasme vir o lombo.

Anónimo dixo

O interese non é para irche ó lombo. Vouche propoñer unha cousa. Si votaches, pregúntate si é coherente a túa reflexión inicial.

E ti que dis?

A responsabilidade dos comentarios é unicamente de quen os escribe. A dirección eliminará os comentarios que estime conveniente. As peticións para borrar comentarios non serán atendidas. A participación implica a aceptación destas condicións.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...